Virtuosismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O virtuosismo (do latín virtus, que significa: virtude, habilidade, excelencia) é a habilidade fóra do común dunha persoa á hora de empregar un instrumento musical.[1] Durante a época da música barroca, moitos, se non todos os compositores, eran tamén virtuosos nos seus respectivos instrumentos.

Historia[editar | editar a fonte]

O termo ten a súa orixe na Italia dos séculos XVI e XVII, unha honra reservada ás persoas distinguidas nalgún área intelectual ou artística, que foi outorgada a un gran número de músicos. O termo evolucionou co tempo, alargando e simultaneamente estreitando as interpretacións que tiveron máis ou menos uso. Orixinalmente un músico era honrado coa distinción sendo compositor, teórico ou un famoso director de orquestra, e o máis importante de todo, sendo un artista de grandes cualidades.[2]

Sebastien de Brossard no seu Dictionaire de Musique aborda a palabra virtuoso pola súa orixe latina virtu, enfatizando a formación excepcional, especialmente a parte teórica.[3] Esta posición foi tamén defendida por Johann Gottfried Walther en Musicalisches Lexicon (1732), dando máis valor ao teórico que ao intérprete. En Der brauchbare Virtuoso (1720) Johan Matthenson mantén o respecto polo tradicional "theoretische Virtuosen" (virtuoso teórico), mais tamén presta tributo ao "virtuosi prattici" (virtuoso práctico).[4] Mais a énfase ao virtuoso teórico tamén foi defendida por Johann Kuhnau no seu libro Der musikalische Quack-Salber (1700), onde define "músico altamente dotado" ou "virtuoso práctico" como nada máis que unha persoa con gran práctica.

Máis tarde, no século XVIII, o termo comezou a ser empregado para describir o músico, instrumentista ou vocalista que tiña unha carreira como solista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de virtuoso.
  2. Grove Music Online (14 de marzo de 2006). "Grove Music Online". 
  3. Sebastien, de Brossard (1703). Christophe Ballard, ed. Dictionaire de Musique (PDF) (2ª Edición ed.). Paris. 
  4. Mattheson, Johann (1720). Der brauchbare Virtuoso (en alemán). Hamburgo. p. 2.