Rioseco, Calvos de Randín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°56′33″N 07°52′02″O / 41.94250, -7.86722

Rioseco
ConcelloCalvos de Randín
Poboación69 hab. (2017)
Entidades de poboación3

Santa Mariña de Rioseco é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. En 2007 tiña 87 habitantes (46 homes e 41 mulleres), 10 menos ca en 2000. Ten tres entidades de poboación.

Rioseco na literatura popular galega[editar | editar a fonte]

  • A rola anda arrolando/ por riba dun bido seco/ que lle levaron o niño/ as mozas de Rioseco [1].
  • As mociñas de Padroso/ cando rapan as ovellas/ meten a la nos buratos/ para merca-las sortellas [2].
  • As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ ándanlle saíndo aos homes/ ás canellas apartadas [3].
  • As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ as pequenas xa pariron/ i as grandes andan preñadas [3].
  • As mociñas, as de Calvos,/ gastan reló de pulseira,/ en cambio as de Padroso/ gastan navalla barbeira [4].
  • Pasei pola Olivada,/ dei volta polo Cebreiro;/ as mociñas de Padroso/ todas andan ao carneiro [5].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Rioseco[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Rioseco no concello de Calvos de Randín (Ourense)

Lomear | Padroso | Rioseco

Parroquias de Calvos de Randín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Calvos de Randín

Calvos (Santiago) | Castelaus (San Martiño) | Feás (San Miguel) | Golpellás (San Xoán) | Lobás (San Vicente) | Randín (San Xoán) | Rioseco (Santa Mariña) | Rubiás dos Mixtos (Santiago) | Vila (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 45. No orixinal: de un. Este Rioseco ten que ser lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, concello de Calvos de Randín.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: lá, mercalas. Padroso é lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
  3. 3,0 3,1 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Xaquín Lorenzo non inclúe o lugar da Olivada no seu índice toponímico, e tampouco aparece no Nomenclátor; Padroso é lugar da parroquia de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]