Saltar ao contido

Museo de Orsay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo de Orsay
7º distrito de París Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Vista no inverno
Imaxe
(2019)
 Parte de
 Composto por
 Nome orixinal
Musée d’Orsay (fr) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Musée d’Orsay (fr) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Implicados
 Fundador/a
 Arquitecto/a
 Operador/a
 Presidente/a
Annick Lemoine 19 de marzo de 2026
Sylvain Amic 24 de abril de 2024 - agosto de 2025
Christophe Leribault 5 de outubro de 2021 - febreiro de 2024
Laurence des Cars 27 de febreiro de 2017 - 31 de agosto de 2021
Guy Cogeval 8 de marzo de 2008 - 26 de febreiro de 2017
Serge Lemoine novembro de 2001 - marzo de 2008
Henri Loyrette agosto de 1994 - abril de 2001
Françoise Cachin 1986 - 1994 Editar o valor en Wikidata
Visitantes anuais1044365 (2021) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Forma xurídica
 Ten en propiendade
Datas
 Fundación / creación
1986 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1986 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2021restitución da arte saqueada polos nazis
2021reclamación de restitución dunha obra de arte
2023restitución da arte saqueada polos nazis Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Sede
 Rúa
 Código postal
75343 Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Recoñecemento
 Premios e distincións
Identificadores
VIAF130307757 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121572575 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0f3b9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+33 1 40 49 48 14 e +33-1-40-49-48-14 Editar o valor en Wikidata
Facebook: museedorsay Twitter: MuseeOrsay Instagram: museeorsay Bluesky: museeorsay.bsky.social LinkedIn: musee-d'orsay Youtube: UCXTRjVOyW2p9pWGuJS1GCLg BNE: XX144415 Musicbrainz: d2a2b2b1-2ec0-4abe-91ba-83afadf35457 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O museo de Orsay é un museo nacional situado en París, na Rive gauche (beira esquerda) do río Sena, no VII arrondissement (Distrito VIIº). Nel figura, principalmente, arte do mundo occidental de 1848 a 1914: pintura, escultura, arquitectura etc.

Situación

[editar | editar a fonte]

Rue de la Légion d'Honneur, 1 ; 75343 París. Metro liña 12, estación: Solferino

Colocado na antiga estación ferroviaria da Gare d'Orsay (1898), foi inaugurado en 1986. A súa construción orixinal é do arquitecto Victor Laloux, foi reconfigurada (1983-1986) polos arquitectos Renaud Bardon, Pierre Colboc, Jean-Paul Philippon gañadores do concurso de arquitectura de 1979, aos que se uniu o arquitecto interiorista Gae Aulenti.

Interior do Museo de Orsay

Coleccións

[editar | editar a fonte]

As coleccións do museo de Orsay proveñen esencialmente de tres institucións: o museo do Louvre para obras de artistas nacidos a partir de 1820, ou que emerxen ao mundo artístico coa Segunda República Francesa; o museo de Jeu de Paume (Xogo de Pelota) que fora dedicado ao impresionismo desde 1947; e o museo nacional de Arte Moderna para obras máis recentes. Esas ricas coleccións, acrecentadas por inúmeras doazóns e legados, cobren todos os dominios das artes plásticas e artes aplicadas: a pintura, a escultura, variados obxectos de arte e as creacións gráficas, así como mobiliario, arquitectura e fotografía. A política de adquisicións do museo de Orsay está vertebrada cara a obtención de obras importantes e testemuñas máis modestas, que permitan enriquecer ou completar os fondos da colección consolidada.

Directores

[editar | editar a fonte]