Primavera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre a estación do ano, para a planta, ver artigo: Cáncaro.

Alegoría da primavera no pazo de Lóngora.
XN Fruehjahrswiese 00.jpg

A primavera é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de primavera (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio norte, e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio sur), e remata co solsticio de verán (arredor do 21 de xuño no hemisferio norte e o 21 de decembro no hemisferio sur). Aínda que ás veces é considerada como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio norte e setembro, outubro e novembro no hemisferio sur.

No 2013, en Galicia, a entrada da primavera produciuse ás 12 h 02 min, hora local peninsular, o 20 de marzo (11 h 02 min UTC).

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Na Arxentina o Día da Primavera celébrase o 21 de setembro (cun ou dous días de anticipación á data astronómica).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Primavera

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

A primavera no 2013