Novi Sad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNovi Sad
Нови Сад (sr-ec)
Novi Sad (sr-el) Editar o valor em Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°15′52″N 19°49′54″L / 45.2644, 19.8317Coordenadas: 45°15′52″N 19°49′54″L / 45.2644, 19.8317
EstadoSerbia
Autonomous province of Serbia (en) TraducirVoivodina
Distritos da Sérvia (pt) TraducirDistrito Sul de Backa (pt) Traducir
Município da Sérvia (pt) TraducirNovi Sad City (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación380.000 (2020) Editar o valor em Wikidata (3.578,15 hab./km²)
Xeografía
Superficie106,2 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Danubio Editar o valor em Wikidata
Altitude80 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1694 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal21000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico21 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Ferrara
Taverny
Irkutsk
Módena (1974–)
Changchun (1981–)
Dortmund (1982–)
Norwich (1989–)
Campinas (1989–)
Ilioupoli (en) Traducir (1994–)
Budva (1996–)
Lviv (2005–)
Timișoara (2005–)
Nizhnii Novgorod (2006–)
Banja Luka (2006–)
Pécs (2009–)
Lublin (2013–)
Homieĺ (2013–)
Toluca de Lerdo (2015–)
Oriol (pt) Traducir (2017–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webnovisad.rs Editar o valor em Wikidata

Novi Sad (en alfabeto cirílico Нови Сад, en húngaro Ujvidék, en alemán Neusatz, en eslovaco Nový Sad) é unha cidade do norte de Serbia, situada sobre o río Danubio. É a capital da provincia autónoma da Voivodina. Sede da antiga institución cultural e científica Matica Srpska, é un gran centro industrial e cultural. Novi Sad significa "Novo Xardín" en serbio.

A poboación do núcleo urbano é de 293.508 habitantes, e uns 381.388 no termo municipal, segundo o censo do 2011.

A cidade de Novi Sad comprende os núcleos de Novi Sad, Petrovaradin e Sremska Kamenica. A área metropolitana tamén comprende Futog, Veternik, Bukovac e Leidnci. Hai tamén outros núcleos no termo municipal de Novi Sad, pero están fisicamente separados da cidade.

Novi Sad é a segunda cidade máis grande de Serbia (despois de Belgrado) e é tamén o centro administrativo do distrito de Backa Sur. Segundo o censo do 2002 a poboación de Novi Sad está composta por serbios (75,50 %), húngaros (5,24 %), iugoslavos (3,17 %), eslovacos (2,41 %), croatas (2,09 %), montenegrinos (1,68 %) e outros.

Historia[editar | editar a fonte]

Xa no paleolítico (arredor do 4500 a.C.) había asentamentos humanos no territorio da actual Novi Sad. Estes asentamentos estaban situados na beira dereita do Danubio, no territorio da actual Petrovaradin. Máis tarde, esta rexión foi conquistada polos celtas (no s.IV aC) e posteriormente polos romanos (s. I aC). A fortaleza romana chamada Cusum foi construída neste territorio no século I. A fortaleza foi incorporada á Pannonia romana. Os hunos devastaron Cusum no século V.

Petrovaradin é mencionada por primeira vez en documentos históricos do ano 1237. Desde entón, a cidade estivo baixo o dominio sucesico de húngaros, otománs e autríacos.

O asentamento urbano na beira esquerda do Danubio iniciouse en 1694. O primeiro nome deste asentamento foi "Cidade Serbia" (Ratzen Statt), que en 1748 se cambiou por Novi Sad. Ese mesmo ano, Novi Sad obtivo o status de "cidade real libre".

Durante os séculos XVIII e XIX, Novi Sad foi a maior cidade serbia, así como o centro cultural da nación serbia, a cal daquela non tiña estado propio, se non que estaba baixo o dominio do Imperio Otomán. Por este motivo Novi Sad é coñecida como a "Atenas serbia".

Durante a revolución de 1848-49 o exército húngaro devastou a cidade, que perdeu gran parte da súa poboación. Serbia conseguiu a súa independencia dos otománs, pero a rexión da Voivodina permaneceu integrada en Hungría dentro do Imperio Austrohúngaro.

As tropas serbias conquistaron a cidade en novembro de 1918. A fin da primeira guerra mundial e o desmembramento do Imperio Austrohúngaro posibilitou a incorporación da rexión da Voivodina ao reino de Serbia. Desde entón Novi Sad converteuse en parte deste reino, e máis tarde do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (que posteriormente cambiaría o seu nome polo de Iugoslavia. En 1929 Novi Sad converteuse na capital do Banato do Danubio, unha das novas provincias do reino de Iugoslavia. Hungría e as potencias do Eixe ocuparon a cidade en 1941, pero foi de novo liberada en 1944. Desde 1945 Novi Sad é a capital da rexión da Voivodina.

Devastada polos bombardeos da OTAN durante a Guerra de Kosovo de 1999, Novi Sad perdeu as tres pontes sobre o Danubio, así como os sistemas de comunicacións, auga e electricidades. Áreas residenciais foron bombardeadas con bombas de fragmentación varias veces, ao mesmo tempo que a súa refinaría de petróleo foi bombardeada diariamente, causando unha severa polución e un enorme dano ecolóxico.

Predecesor:
Croacia Rijeka
Galway

Capital Europea da cultura
xunto con Romanía Timișoara
Grecia Eleusis

2021
Sucesor:
Pendente

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]