Essen
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen | ||||
| Rexión administrativa | Rexión de Düsseldorf | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 586.608 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 210,34 km² | ||||
| Bañado por | Río Ruhr e Deilbach | ||||
| Altitude | 116 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Thomas Kufen (2015–) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 45127–45359 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 201 e 2054 | ||||
| Código NUTS | DEA13 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 051130000000 | ||||
| Número de municipio alemán | 05113000 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | essen.de | ||||

Essen[1] [ˈɛsn̩] é unha cidade alemá sita no centro da Rexión do Ruhr ou Conca do Ruhr, no estado de Renania do Norte-Westfalia (Nordrhein-Westfalen).
Localización e características
[editar | editar a fonte]Sita ás beiras do río Ruhr, ten unha poboación de 582.760 habitantes, o que a sitúa como unha das máis grandes de Alemaña. Foi nomeada Capital Europea da Cultura no 2010, en representación de toda a Conca do Ruhr.
En principio foi un dos máis importantes centros alemáns do carbón e do aceiro, estando historicamente ligada ás industrias metalúrxicas da centenaria familia Krupp, para ir desenvolvendo un poderoso sector terciario e, actualmente, xunto á próxima cidade de Düsseldorf, son denominadas o pupitre do Ruhr. En Essen están instaladas o 13 por 100 das maiores empresas alemás e ademais nela teñen a súa sede varias institucións administrativas rexionais.
A cidade foi escollida en 1958 como sede dunha nova diocese da Igrexa Católica, a diocese de Essen ou bispado do Ruhr (Ruhrbistum). A comezos do ano 2003, as universidades de Essen e a da veciña cidade de Duisburg (ambas dúas estabelecidas en 1972) uníronse para formar a nova Universidade de Duisburg-Essen con campi en cada unha das cidades e o hospital universitario en Essen.
| Predecesor: |
Capital Europea da cultura xunto a 2010 |
Sucesor: |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Essen |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Berlín Hamburgo Múnic |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Berlín | Berlín | 3 662 381 | 11 | Bremen | Bremen | 584 332 | |
| 2 | Hamburgo | Hamburgo | 1 892 122 | 12 | Dresden | Saxonia | 563 019 | |
| 3 | Múnic | Baviera | 1 512 491 | 13 | Hannover | Baixa Saxonia | 545 045 | |
| 4 | Colonia | Renania do Norte-Westfalia | 1 084 831 | 14 | Nürnberg | Baviera | 523 026 | |
| 5 | Frankfurt | Hessen | 773 068 | 15 | Duisburgo | Renania do Norte-Westfalia | 503 185 | |
| 6 | Stuttgart | Baden-Württemberg | 632 865 | 16 | Wuppertal | Renania do Norte-Westfalia | 358 876 | |
| 7 | Düsseldorf | Renania do Norte-Westfalia | 616 319 | 17 | Bochum | Renania do Norte-Westfalia | 357 024 | |
| 8 | Leipzig | Saxonia | 616 093 | 18 | Bielefeld | Renania do Norte-Westfalia | 331 519 | |
| 9 | Dortmund | Renania do Norte-Westfalia | 601 343 | 18 | Bonn | Renania do Norte-Westfalia | 327 913 | |
| 10 | Essen | Renania do Norte-Westfalia | 584 580 | 20 | Münster | Renania do Norte-Westfalia | 320 946 | |
| Datos do censo a 31 de decembro de 2022[1] | ||||||||
- ↑ "Mitgliedsstädte". Deutscher Städtetag (en alemán). 31 de decembro de 2022. Consultado o 27 sw maio de 2025.
