Saltar ao contido

Lois XIII de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLois XIII de Francia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Louis XIII Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1601 Editar o valor en Wikidata
Fontainebleau (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte14 de maio de 1643 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Saint-Germain-en-Laye (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
Rei de Francia e de Navarra
14 de maio de 1617 – 14 de maio de 1643
← Henrique IV de FranciaLois XIV de Francia →
14º Copríncipe francés de Andorra
14 de maio de 1610 – 14 de maio de 1643
← Henrique IV de FranciaLois XIV de Francia →
Rei de Francia
1610 – 1617
← Henrique IV de FranciaSupresión do cargo →
Monarch of Lower Navarre (en) Traducir
1610 – 1617 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París (1617–1643) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloVizconde
Rei de Navarra
Rei de Francia
Rei de Francia e de Navarra Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borbón en Francia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAna de Austria (1615, 1615–1643) Editar o valor en Wikidata
FillosLois XIV de Francia, Filipe I, Duque de Orleães Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique IV de Francia Editar o valor en Wikidata  e María de Médici Editar o valor en Wikidata
IrmánsCésar de Bourbon, Duque de Vendôme
Gastão, Duque d'Orleães
Nicolau Henrique de França
Sabela de Francia
Cristina de Francia
Catarina Henriqueta de Bourbon
Henriqueta María de Francia
Gastão Henrique, Duque de Verneuil
Antoine de Bourbon-Bueil
Joana Henriqueta de Bourbon
Alexandre de Vendôme Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih,
Medvik >>>:Ludvík XIII., francouzský král, 1601-1643, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX878457 Musicbrainz: a5546289-9db6-4f29-a87d-92b37132515b Discogs: 2602582 IMSLP: Category:King_of_France,_Louis_XIII WikiTree: Bourbon-105 Find a Grave: 84194998 Editar o valor en Wikidata

Lois XIII[1] ou Luís XIII de Francia, chamado o Xusto, nado en Fontainebleau o 27 de setembro de 1601 e finado en Saint-Germain-en-Laye o 14 de maio de 1643, Rei de Francia e de Navarra[2] (16101643), co-príncipe de Andorra (1610-1643) e conde de Barcelona (Lois I) (1641-43). En 1641, trala sublevación de Cataluña, o principado púxose baixo a protección de Francia e nomeou conde de Barcelona a Lois XIII. Era fillo de Henrique IV de Francia e III de Navarra e de María de Médici[3] e foi o pai de Lois XIV, alcumado como o «Rei Sol».[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Retrato de Lois XIII en 1611 por Frans Pourbus o Mozo, (Palacio Pitti).

A infancia de Lois XIII é coñecida grazas ao protocolo deixado polo seu médico persoal, o cal anotaba non só os detalles da saúde do seu paciente, senón que tamén chegou a escribir apartes sobre a súa vida íntima.

Lois XIII creceu cos seus irmáns no castelo de Saint-Germain-en-Laye. Foi criado á beira dos fillos bastardos do seu pai, nunha atmosfera que segundo parece era algo disoluta.[5] Un diplomático italiano, escribiría en 1608 non ver unha desorde máis grande que a da corte de Francia. O futuro rei concibiu unha gran aversión pola desorde e a depravación. O delfín non saíu de Saint-Germain ata 1609, cando partiu para vivir no Louvre á beira do seu pai para aprender sobre o seu futuro cargo como rei.[5]

O novo rei recibe unha educación superficial por parte do seu preceptor, Gilles de Souvré. Pouco interesado no latín e as letras, o novo rei interésase máis que nada na caza e a música. Lois XIII é tamén un bo debuxante e un bo cabaleiro, grazas aos ensinos do seu sub-gobernante, Antoine de Pluvinel, pero como confesa a súa tartamudez, é tímido e non ten confianza en si mesmo. Moitos dos seus biógrafos atribúenlle un carácter violento, nervioso, inquedo, agresivo.[6] Algúns testemuños fan referencia aos malos tratos[7] aos que foi sometido o delfín polo seu pai Henrique IV para modelar a súa personalidade e dotala da virilidade que cría lle faltaba.

En 1610, cando morre Henrique IV, Lois XIII accede ao trono con tan só nove anos. O poder é entón asegurado pola súa nai María de Médici, quen asume a rexencia no reino. A maioría de idade do rei é proclamada en 1614, pero María declara que Lois é demasiado débil de corpo e alma para asumir os deberes do seu cargo, apártao do consello e deixa que gobernen os seus favoritos Concino Concini e Leonora Dori, quen acaparan os cargos máis altos e importantes do reino.

Traumatizado pola morte brutal do seu pai, o pequeno rei non tivo unha infancia moi alegre. Primeiro, non puido atopar ningún substituto ao amor paternal á beira da súa nai que non o consideraba para nada e sempre mostrou especial trato polo seu fillo pequeno, Gastón. Lois encérrase rapidamente en si mesmo. Ademais, o odio cara aos favoritos italianos da súa nai fai agrandar a súa tristeza. A medida que Lois crece, convértese nunha persoa taciturna e desconfiada.

Á beira de todos os seus defectos, Lois tiña os instintos dun rei digno como o seu pai. Indignábase de ver a Concino Concini, un estranxeiro incapaz, segundo el, de usurpar o goberno do seu reino, mentres que a el deixábano nun recuncho do Louvre. O rei sufría tamén de celos polo seu irmán Gastón, quen fora nomeado duque de Anjou e de Orleáns, e quen fose o favorito de Rexenta.

A rexencia de María de Médicis foi catastrófica. A terrible xestión dos asuntos por parte da raíña fai que se creen problemas no reino, e crea no pequeno rei un gran sentimento de amargura. En 1615, María casa ao seu fillo con Ana de Austria, infanta de España o 21 de novembro na cidade de Bordeos. Para Lois non é máis que outra humillación, pois segundo o recordo do seu pai, Lois ve en Ana unha simple española e polo tanto unha inimiga. O rei, que só tiña 14 anos, non consuma o seu matrimonio, e hai que esperar catro anos para que o rei, empuxado polo duque de Luynes, comparta os seus apousentos coa raíña.

Conflitos do reino

[editar | editar a fonte]
Escudo de prata coa efixie de Lois XIII.

Grazas a un golpe de forza, o 24 de abril de 1617 Lois XIII accede ao poder, ordenando a morte do favorito da súa nai, Concino Concini. Fai exiliar á súa nai a Blois co fin de poder ocupar o trono. En realidade, Lois XIII substituíu a Concini polo seu propio favorito, o duque de Luynes. Luynes acumula títulos e fortuna, o que crea un sentimento de discordia entre algúns, xa que o favorito do rei é ademais un pésimo home de estado.

Estatua de Lois XIII na Praza dos Vosgos, no barrio de Le Marais de París.

En 1619 a raíña-nai escápase do castelo de Blois e levanta un exército contra o seu fillo, quen decide reconciliarse con ela asinando o tratado de Angulema, no que Lois lle cede as cidades de Angers e Chinon, pero prohíbelle que volva ao consello. En 1620, María provoca unha guerra civil que concluíu coa súa derrota total na batalla de Ponts-de-Cé en agosto de 1620. Medorento de que a súa nai seguise maquinando para derrocalo, o rei decide aceptar o seu retorno á corte de Francia. Pouco despois de que se dese a paz, o rei viaxa a Pau en Navarra, lugar onde tamén é soberano, para restablecer o culto católico, prohibido polos protestantes desde había xa máis de medio século. Desde entón Lois XIII quixo poñer fin aos privilexios políticos dos que se beneficiaban os protestantes desde as guerras relixiosas.

En 1621 leva a cabo unha primeira campaña contra os protestantes, o que permite a toma de Saint-Jean-d'Angély, pero perde ante Montauban en gran parte grazas á incompetencia de Luynes. Este último morre de escarlatina durante o sitio de Montheurt.

Lois XIII decide participar activamente nos negocios do estado e de vincularse a un só ministro, goberna con Brûlant de Sillery e o seu fillo, o marqués de Puisieux, así como con Vieuville que perderon rapidamente o favor pola súa incompetencia.

Lois XIII e o cardeal Richelieu vitoriosos no asedio de La Rochelle.

En 1624, María de Médicis logra facer entrar ao cardeal Richelieu no consello do rei, prelado que fora representante do clero nos estados xerais de 1614 e ministro do gobernador Concini. A maior parte de historiadores resaltan a proximidade das relacións entre Lois XIII e o cardeal Richelieu, que escribiu: «Je soumets cette pensée comme toutes les autres à votre majesté» («Someto este pensamento como todos os outros á súa maxestade»), para dicir ao rei que non intentaría gobernar xamais no seu lugar.

Os dous homes comparten unha mesma concepción da grandeza de Francia e das prioridades que se impoñen no dominio político. O programa político de Richelieu maniféstase de varios xeitos: a racionalización do sistema administrativo, a loita contra a casa de Habsburgo no exterior e a submisión dos grandes señores feudais.[8]

Frecuentemente díxose que Richelieu combatera aos protestantes no interior, dunha forma planificada. Esta afirmación resulta errónea, xa que todas as guerras contra os Hugonotes[8] foron provocadas polas sublevacións dun dos seus xefes, (o duque de Rohan e príncipe de Soubise). Incluso o sitio de La Rochelle non se iniciou ata que Rohan comezou as hostilidades.

A rendición desta última cidade, logo dun longo sitio que terminou en 1628, é seguido pola promulgación do edicto de graza de Ales (28 de xuño de 1629), que prohibía as asembleas políticas e suprimía os sitios de seguridade protestante, pero mantiña a liberdade de culto en todo o reino, salvo en París.

Lois XIII debe plantar cara á hostilidade dunha parte da familia real cara a Richelieu. A xornada das Dupes (10 de novembro de 1630), durante a cal a corte fai caso ao cardeal (quen fora despedido) logo dun violento altercado entre o rei e a raíña nai, que termina co exilio da raíña en Moulins (o rei non a vería nunca máis), a prisión do chanceler Michel de Marillac e a ejecución do irmán deste, o mariscal de Marillac, por motivos falaces.

Querendo humillar o orgullo dos grandes do reino, o rei móstrase inflexible en varias ocasións logo da execución do conde de Montmorency-Bouteville por violar a prohibición de duelos e logo da execución do duque de Montmorency por rebelión. A lenda que fixo de Lois un fantoche sometido a Richelieu ten orixe no rexeitamento de numerosos contemporáneos que non aceptan que o rei estivese conforme coas numerosas execucións que tiveron lugar baixo o seu reinado.

Lois XIII debe someter varias revoltas organizadas por Gastón de Orleáns e facer encerrar a varios dos seus medio irmáns, como o duque de Vendôme. Consciente dos dilemas que axitaban ao rei, Pierre de Corneille dedícalle varias réplicas do Cid. A atención do rei é a partir de 1631 obnubilada pola guerra dos Trinta Anos. Logo da morte do seu pai, a guerra contra España fora en cada ocasión aprazada. O enderezamento de Francia feito por Richelieu levou ao crecemento das tensións franco-españolas. Durante varios anos, os dous países viven unha pequena guerra fría (pasaxe do paso de Susa e a liberación de Mantua). O ano 1635 marca un verdadeiro cambio: Francia declara a guerra aberta a España. En diante, ata o final do seu reinado, o rei comprométese nunha terrible guerra durante a cal, en varias ocasións, manda persoalmente o seu exército (sitio de Corbie). Tras algúns anos difíciles, o exército francés logra aos poucos a derrota do exército español.

Obra política

[editar | editar a fonte]
Lois XIII por Philippe de Champaigne.

Lois XIII foi un rei que se preocupou polo benestar do seu pobo, foi el quen impuxo a obrigación dos bispos a dar unha remuneración aos oficiais do culto. Tamén axudou a San Vicente de Paul a fundar unha congregación relixiosa na que se buscaba axudar aos máis pobres. Terminou a construción do ponte Neuf (novo), fixo cavar a canle de Briare e creou a primeira oficina de censo de desempregados e inválidos.

Permite tamén o retorno das escolas dos xesuítas de Clermont en París, escolas que foron abertas aos fillos dos burgueses. É Lois XIII quen crea o corpo de Intendentes, quen substituíron os bailios e senescais na administración do territorio; tamén baixo o seu reino acúñase o primeiro luís de ouro.

Lois XIII no anverso dunha moeda de 10 luíses de 1640, da ceca de París.

As dificultades atopadas en 1638, así como o seu temperamento piadoso, levárono a poñer a Francia baixo a protección da Virxe María. Tamén redacta co seu confesor, o pai Nicolás Caussin, un libro de rezos.

Sobre o plan territorial, Francia esténdese considerablemente baixo o seu reino. O Reino de Navarra (Baixa Navarra; Ultraportos) (englobando ao Bearn) foi incorporado á coroa, mentres que os protestantes deixaron de reivindicar un estado dentro do estado. Cataluña, a cal atopábase en revoltas contra o resto de España, é anexionada temporalmente a Francia (1640-1652), así como Savoia e o Piemonte. A cidade de Casale Monferrat, na Lombardía, corre a mesma sorte. Perpiñán e o condado do Rosellón foron definitivamente anexionados a Francia, na Paz dos Pireneos, reinando xa o seu fillo Lois XIV. Ao norte, unha gran parte de Hainaut foi conquistada coa toma de Arras. Ao leste, Lorena é integramente ocupada polas tropas francesas. Finalmente, o rei subvenciona as expedicións de Samuel de Champlain ao Canadá e favorece o desenvolvemento da Nova Francia.

A súa relación con Richelieu foi complicada, e sen dúbida evolucionou co tempo cara a unha afección verdadeira. Á morte do cardeal, o rei decide reconciliarse con algúns dos antigos conspiradores, como o seu medio-irmán César de Vendôme e os seus fillos, o duque de Mercoeur e o duque de Beaufort, aínda que non o nomea primeiro ministro e continúa a política levada a cabo por Richelieu. Antes de morrer, con todo, o rei nomea como ministro principal a Mazarino, feitura e continuador de Richelieu, que habería de prolongar a súa política no reinado seguinte, no cal culminaría a tendencia absolutista de Lois XIV.

Personalidade

[editar | editar a fonte]

Lois XIII foi un rei-soldado como o seu pai. Desde pequeno estivo fascinado polos cabalos e as armas. Foi un excelente cabaleiro, bateuse frecuentemente no campo de batalla. En tempos de paz a caza era o seu pasatempo favorito.

Era un home moi piadoso e profundamente católico. Si respectaba aos protestantes era só por respecto ao traballo pacificador que fixo o seu pai. A súa nai, María de Médici sempre velou porque o seu fillo recibise unha estrita educación católica, ao momento que Lois XIII sentía horror do pecado. O seu rexeitamento das vaidades, fixeron que tivese unha gran desconfianza cara aos seus cortesáns e sobre todo das mulleres, as cales consideraba frívolas e viciosas.

A misoxinia do rei fixo correr algúns rumores sobre a súa posible homosexualidade.[9] Lois XIII tivo un certo número de favoritos (en orde: duque de Luynes, marqués de Toiras, Baradat, duque de San Simón e o marqués de Cinq-Mars[10]). Aínda que os seus contemporáneos parecen non ver nas súas amizades masculinas proba algunha de homosexualidade.[9] Algúns historiadores examinaron a teoría da posible homosexualidade de Lois XIII,[11] aínda que ningún logrou achegar probas tanxibles que permitan corroborar a teoría.

A sucesión do rei

[editar | editar a fonte]
Lois XIII, su esposa Ana de Austria e o pequeno Delfín Lois facendo ofrendas durante a natividade de 1639.

A maior preocupación de Lois XIII durante o seu reinado foi a ausencia dun herdeiro varón. Cunha saúde mediocre e sacudida por fortes enfermidades, o rei estivo a piques de morrer en varias ocasións. O feito de que o rei puidese morrer subitamente sen deixar herdeiro, fixo crecer unha grande esperanza nos pretendentes ao trono, entre os que se atopaban o seu irmán, os seus medio-irmáns e os seus sobriños. Ademais a dificultosa relación entre rei e a raíña facía que a esperanza dos príncipes aumentase, esperando que o rei non tivese un herdeiro.

En 1626, a raíña, empuxada pola duquesa de Chevreuse, participa no complot do conde de Chalais, para asasinar ao rei. A partir da data, a parella vive separada. Logo de que Francia entrase na guerra dos Trinta Anos, Ana de Habsburgo trata de informar en segredo aos españois sobre as disposicións militares e políticas francesas. Unha vez que a traizón fose descuberta, falouse de divorcio e de repudio, pero o asunto foi finalmente sufocado polo rei mesmo.

Na mesma época, o rei está nunha posición difícil a nivel internacional xa que se atopa en conflito con dous soberanos Habsburgo: Fernando III do Sacro Imperio e Filipe IV de España. neste contexto, no 1638, e logo de 23 anos de matrimonio, naceu:

En 1640 os reis teñen un segundo fillo:

Tres anos máis tarde, un 14 de maio (o mesmo día que o seu pai Henrique IV de Francia) con 42 anos de idade e exactamente 33 anos de reinado, morre da enfermidade de Crohn, logo de pasar seis semanas con cólicos e vómitos. O seu corpo foi levado ata a Basílica de Saint-Denis, sen ningunha cerimonia segundo os desexos do rei, que non quería angustiar o seu pobo cun gasto excesivo e inútil.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09. 
  2. Enténdase Navarra ou Reino de Navarra, neste contexto, como o territorio transpirenaico (Baixa Navarra) do Reino de Navarra desintegrado en 1530.
  3. James 1897, pp. 421
  4. "Battle of Rocroi". Britannica.com. 2010. Consultado o 2012-08-23. 
  5. 5,0 5,1 Pierre Chevalier Louis XIII, roi cornélien page 28
  6. Pierre Chevalier Louis XIII, roi cornélien page 39
  7. Pierre Chevalier Louis XIII, roi cornélien p. 40
  8. 8,0 8,1 "Schneider, Robert A. ''History 1450–1789: Louis XIII.''". Answers.com. Consultado o 2012-08-23. 
  9. 9,0 9,1 Crompton 2006, pp. 338
  10. A Lloyd Moote, Louis XIII:The Just, University of California, 1991
  11. (en inglés) Fred Klein, The Bisexual Option, p. 136

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Precedido por:
Henrique IV de Francia e III de Navarra
Rei de Francia e de Navarra. Copríncipe de Andorra
1610 - 1643
Sucedido por:
Lois XIV de Francia
Precedido por:
Filipe IV de España

República Catalá
(proclamación unilateral de Pau Claris)
Conde rival de Barcelona
(en guerra contra Filipe IV de España)
1641 - 1643