Carlos V de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos V de Francia
Saint-Èvre - Charles V of France.jpg
Nacemento21 de xaneiro de 1338
 Vincennes
Falecemento16 de setembro de 1380
 París
CausaDoenza infecciosa
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
Relixióncristianismo
Ocupaciónmonarca
PaiXoán II de Francia
NaiBona de Luxemburgo
CónxuxeJoana de Bourbon
FillosCarlos VI de França, Luís de Valois, Duque d'Orleães, Catherine of Valois, Countess of Montpensier, Marie of Valois, Isabelle of Valois, Oudard d'Attainville e Jean de France
IrmánsIsabella, Countess of Vertus, Xoana de Valois, raíña de Navarra, Maria de França, Duquesa de Bar, Filipe II, Duque da Borgonha, João, Duque de Berry e Luís I, Rei de Nápoles e Duque de Anjou
editar datos en Wikidata ]

Carlos V o Sabio, en francés Charles V le Sage, nado en Vincennes o 21 de xaneiro de 1338 e finado en Nogent-sur-Marne o 16 de setembro de 1380, foi un rei francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito de Xoán II de Francia foi o terceiro rei da dinastía Valois. En 1355 foi investido como duque de Normandía e delfín de Francia, sendo coroado rei en 1364. Ao ano seguinte apoiou a sublevación de Henrique de Trastámara contra o rei de Castela Pedro I, quen obtivo os apoios da nobreza galega e do príncipe inglés Eduardo de Woodstock, alcumado o Príncipe Negro. Deu comezo unha guerra civil, coa vitoria final de Henrique e o rei francés.

Continou tamén coa Guerra dos Cen Anos contra os ingleses. Durante o seu reinado Avignon deixou de ser sede pontificia e o papa Gregorio XI reinstaurou Roma como tal en 1377. Ao ano seguinte Gregorio faleceu e Carlos aceptou como novo papa a Urbano VI. Porén, os cardenais escolleron a Clemente VII, coñecido como o Antipapa Clemente VII. O monarca francés acabou apoiando a Urbano, quen lle prometera levar de novo a sede a Avignon.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]