Saltar ao contido

Torre Montparnasse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre Montparnasse
15º distrito de París Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Parte de
 Instalacións
 Edificio adxacente
Características
 Material / ingrediente
 Cor
 Uso
 Estilo
Implicados
Datas
 Fundación / creación
1973 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
18 de xuño de 1973 Editar o valor en Wikidata
Historia
abril de 1970construción Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Altura209 m Editar o valor en Wikidata
Superficie120.000 m² Editar o valor en Wikidata
Masa130.000 t Editar o valor en Wikidata
Pisos sobre o solo59 Editar o valor en Wikidata
Pisos subterráneos6 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Rúa
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postal75014 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h6xr Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: LaTourMontpar Instagram: latourmontpar Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A torre Montparnasse, tamén coñecida coma torre Maine-Montparnasse é un rañaceos parisién, situado na Avenida de Maine Nº 33 e construído polo arquitecto Roger Saubot. É o segundo rañaceos máis alto de Francia con 210 metros de altura.

A renovación da torre AXA en La Défense quitoulle o primeiro posto, ao culminaren os traballos de comezos de 2011, cunha altura de 220 metros.[1]

Historia e descrición

[editar | editar a fonte]

Construíuse entre 1969 e 1972, sobre a localización da antiga estación Montparnasse e foi inaugurada en 1973; a estación Montparnasse actual atópase fronte a torre, un pouco máis ao sur. A tour Montparnasse mide 210 metros de altura e conta con 59 andares (incluída a terraza). Un restaurante ocupa o andar 56º. As varandas da terraza pódense desmontar en 120 segundos para transformala nunha plataforma de aterraxe de helicópteros. As oficinas ocupan 52 andares e unha superficie total de 90.000 m2. 5.000 persoas traballan alí por termo medio.

O panorama que se pode ollar dende o andar 56º e dende a terraza (ambos os dous abertos ao público) fan dela unha atracción turística que recibe aproximadamente a 600.000 visitantes ao ano.

A torre Montparnasse atópase no seo dun conxunto inmobiliario que comprende un centro comercial, unha tenda das Galerías Lafayette, así coma outras torres máis pequenas.

A presenza de amianto nalgúns lugares da torre, especialmente nos andares 15, 42, 57 e 58, foi revelada en marzo de 2005. Esta polución cómpre dunha limpeza coidadosa, por mor do grave risco para a saúde dos seus ocupantes.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. http://www.ladefense.fr/projets_projets.php Arquivado 14 de novembro de 2008 en Wayback Machine. EPAD La Défense (en francés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]