Xardín de Luxemburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 48°50′49″N 2°20′14″L / 48.846944444444, 2.3372222222222

Parte do Xardín de Luxemburgo.

O Xardín de Luxemburgo (Jardin du Luxembourg en francés) é o maior parque público da cidade de París con máis de 224 000 m², localizado no 6º arrondissement. O Xardín de Luxemburgo actualmente pertence ao Senado de Francia, que está localizado no famoso Palacio de Luxemburgo.

O xardín posúe un enorme parterre decorado cunha colección exuberante de estatuas e tamén con pequenos encoros destinados ao lecer infantil. O xardín inclúe tamén un pequeno teatro de monicreques, un pomar e un restaurante. Fica próximo ao Teatro Odéon.

En 1611, María de Médicis, viúva de Henrique IV, decidiu construír unha réplica do grandioso Palacio Pitti. María deu inicio á construción do novo palacio inmediatamente e contratou a Salomon de Brosse coma arquitecto principal. No ano seguinte, María ordenou o plantío de dous mil umeiros e contratou especialistas en xardinaxe para recrear os xardíns que coñeceu cando aínda era unha cativa en Florencia.

Nos poucos días de sol da vila, entre as quendas de traballo, aulas ou paseos turísticos, os parisienses e visitantes optan por comer comida preparada no xardín, onde poden estar ao sol.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]