Saltar ao contido

Basílica do Sacré Cœur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Basílica do Sacré Cœur
Quartier de Clignancourt (pt) Traducir e 18º distrito de París Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe da planta
Imaxe
(2011)
 Nome orixinal
Basilique du Sacré-Cœur (fr) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Estilo
 Relixión
 Causado por
 Material usado
Implicados
 Arquitecto/a
 Dedicado a
Visitantes anuais10000000 (2017) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Diocese
Economía
 Industria
Datas
 Fundación / creación
1875 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1875comezo da construción
13 de agosto de 1919Decretum "De titulo Basilicae Minoris"
1 de xuño de 1980visita papal Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura83 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Rúa
 Código postal
75018 Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Recoñecemento
Monumento histórico clasificado
Data13 de decembro de 2022
IdentificadorPA75180004

Monumento Histórico Inscrito de Francia  
Data8 de decembro de 2020
Data de remate13 de decembro de 2022
IdentificadorPA75180004
Identificadores
VIAF142046466 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000107250035 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01q_np Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Facebook: Basilique-du-Sacré-Coeur-de-Montmartre-160188174183466 Twitter: SCdeMontmartre Youtube: UC7ilb62MIm9OHbIPmE25Fdg Flickr: 106506006@N05 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Basílica do Sacré-Cœur (en galego, do Sagrado Corazón) é un edificio de París (Francia), situado no alto do outeiro de Montmartre.

Trátase dunha basílica adicada ao Sagrado Corazón de Xesús (en francés, Sacré Cœur de Jésus). Inicialmente foi concibida como un monumento público para render homenaxe á memoria dos numerosos cidadáns franceses que perderan a vida durante a Guerra franco-prusiana e para expiar os pecados cometidos pola comuna. Foi o arquitecto Paul Abadie quen gañou o concurso para a súa construción.

A primeira pedra colocouse en 1875, e aínda que se completou en 1914, non se consagrou ata o fin da primeira guerra mundial, en 1919. A igrexa foi construída coa participación directa do goberno da Terceira República, para celebrar así o comezo dun novo réxime, cuxas leis constitucionais foron votadas ese mesmo ano.

Aínda que moi controvertido, é un dos monumentos máis visitados de París. A basílica ten forma de cruz grega, adornada con catro cúpulas: o domo central, de 80 m de altura, está tocado por unha lanterna, formada por unha columnata. Na ábsida, unha inmensa torre cadrada fai ás veces de campanario que garda, entre outras, La Savoyarde, unha campá de 3 m de diámetro e máis de 26 t de peso, ofrecida pola diocese de Chambéry. A cripta posúe a mesma disposición cá igrexa, e é unha das curiosidades da basílica.

A arquitectura da basílica inspírase na arquitectura romana e bizantina e influíu noutros edificios relixiosos do século XX, por exemplo a basílica de Sainte-Thérèse de Lisieux. É posible acceder á basílica tomando o funicular de Montmartre.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]