Dinastía dos Capetos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre a dinastía dos Capetos. Para a súa rama principal, que gobernou Francia entre os anos 987 e 1328, véxase Casa dos Capetos.
Dinastía dos Capetos
Arms of the Kingdom of France (Ancien).svg
Casa materna Dinastía Robertina
Títulos Emperador latino de Constantinopla, emperador de Brasil, rei de Francia, rei de Portugal, rei de Polonia, rei de España, rei de Navarra, rei de Nápoles, rei de Sicilia, gran duque de Luxemburgo, duque de Orléans, duque de Borgoña, duque de Parma
Fundador Hugo Capeto
Fundación 987
Etnia Franca
Ramas menores

Casa de Anjou
Casa de Borgoña

Casa de Valois

Casa de Évreux
Casa de Borbón

A dinastía dos Capetos[1] (en francés: Capétiens) é a máis importante dinastía real de Europa; inclúe todos os descendentes de Hugo Capeto (938-993), duque de París, rei de Francia e fundador da liñaxe.

O actual rei de España Filipe VI, así como o gran duque de Luxemburgo Henrique, son os únicos monarcas europeos que pertecen agnaticamente á dinastía,[2] ambos os dous a través da rama borbónica. Todos os demais monarcas europeos reinantes tamén descenden de Hugo Capeto, pero por vía cognaticia.

Historia[editar | editar a fonte]

En máis de mil anos de presenza case ininterrompida sobre os tronos europeos, representantes das diferentes ramas da dinastía gobernaron sobre varios países:

A estas coroas sumáronse varios grandes ducados, condados e marquesados independentes:

Orixe: os Lafayette[editar | editar a fonte]

Escudo da Casa de Francia, rama principal da dinastía.
As tres flores de lis de ouro sobre fondo azul encóntranse na maioría dos escudos das ramas novas como, por exemplo, o do rei de España.

Non se coñecen moi ben as orixes antigas dos Capetos. Existen dúas versións. A primeira fai dos Capetos unha familia oriúnda das beiras do río Rin, descendente dos saxóns. Esta idea foi apoiada en particular polos historiadores alemáns, que pretendían mostrar o predominio do elemento xermánico. Explican a existencia desta versión co feito de que a nai de Hugo Capeto era saxoa. Porén, a maioría dos historiadores franceses prefire a segunda versión, máis probábel, que sitúa os antepasados dos Capetos no centro da Francia actual. Unha versión mixta fai descender os Capetos dos saxóns, pero dunha poboación presente na Galia desde as invasións bárbaras do século V.

O antepasado máis antigo coñecido con certeza é Roberto o Forte, morto en 866, marqués de Neustria e fundador da Casa Robertina, que se destacou na loita contra os viquingos. O seu fillo maior, asentado en París co título de conde, foi elixido rei da Francia Occidental en 887 co nome de Eudes I, polo valor que demostrou na resistencia fronte ao ataque dos normandos (en París entre 885-886), tras a deposición do emperador Carlos III o Gordo. Porén, presionado por Arnulfo de Carintia, rei da Francia Oriental, que decidiu defender a causa do herdeiro lexítimo Carlos III o Simple, Eudes tivo que aceptar as súas pretensións e nomealo como sucesor en 898, ano da súa morte.

Roberto, irmán de Eudes, a quen sucedeu como conde de París, tomou parte no movemento do ano 921, cando parte da nobreza franca e o clero se levantaron en contra de Carlos o Simple. Tras derrotar a Carlos, que foi conducido a Lorena, Roberto foi coroado en Reims o 29 de xuño de 922. Carlos o Simple reuniu un exército enfrontándose con el en xuño de 923, cerca de Soissons, onde Roberto morreu asasinado. Carlos non puido recuperar o trono e foi confinado. Unha asemblea de nobres designou a Raúl, duque de Borgoña, como o seu sucesor. Os carolinxios recuperaban o trono por última vez.

O fillo de Roberto, Hugo o Grande (897-956), duque de Francia e conde de París, foi o nobre máis poderoso da súa época. Aínda que tivo oportunidade, prefiriu aumentar as súas posesións e a súa forza antes que tomar o trono. Era unha especie de vicerrei, tan poderoso como o monarca, que preparou a sucesión para o seu fillo Hugo Capeto.

O fundador: Hugo Capeto[editar | editar a fonte]

Cando Carlos IV o Fermoso (último fillo de Filipe IV o Fermoso en ser coroado) faleceu en 1328 sen deixar un herdeiro varón que o substituíse no trono, unha rama nova descendente dos Capeto, os Valois, tomou o control do reino de Francia. A dinastía Valois partiu do irmán menor de Filipe IV, Carlos de Valois, conde de Valois, e o primeiro rei desta casa foi o fillo do conde Carlos: Filipe VI de Valois. Despois foron outras dúas ramas novas, os Bourbon e logo os Orléans, os que se sucederon no trono. Cando o último descendente da rama morría sen deixar herdeiro ao trono, os nobres acudían a revisar a dinastía Capetina a partir do seu grande e amado rei San Luís IX (avó do Rei de Ferro), único rei francés canonizado. Así, todos os reis de Francia desde Hugo Capeto até o último, Luís-Filipe I, sen contar os emperadores Bonaparte, pertenceron á dinastía dos Capeto, dando o seu nome oficial á Casa de Francia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. É un erro moi común identificar os conceptos de dinastía e liñaxe, xa que, en sentido propio, son cousas distintas. A pertencia á liñaxe real baséase no simple vínculo de sangue (vínculo familiar), pero a pertenza a unha dinastía implica a idea de sucesión no cargo a título de rei por dereito (sería un título dinástico). Un exemplo, se se accede á condición de rei por matrimonio cunha raíña, o título atributivo da condición rexia dese varón é o matrimonio, aínda que tivera dito rei consorte unha avoa da liñaxe de dita raíña. O título non sería dinástico se a avoa non puidese atribuírlle a condición de rei, só a liñaxe.
    Do contrario, calquera descendente colateral (por exemplo calquera descendente nun grao remotísimo dun primo irmán) debería incluírse como membro da dinastía, sendo máis propio incluílo na liñaxe polo seu vínculo de sangue, pero non na dinastía (ao quedar separado durante varias xeracións da sucesión a título de rei).
    Por iso cando neste artigo se menciona a dinastía dos Capetos faise en sentido non estrito, como equivalente á liñaxe dos Capetos.
  2. Denomínase agnación ao parentesco de consanguinidade entre descendentes por vía masculina unilineal, é dicir, que son descendientes dun antepasado común por vía paterna a través dunha mesma liña de sangue.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]