Levallois-Perret
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Illa de Francia | ||||
Departamento | Hauts-de-Seine ![]() | ||||
Capital de | canton of Levallois-Perret-Sud (en) ![]() canton of Levallois-Perret-Nord (en) ![]() canton of Levallois-Perret (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 68.412 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921672 ![]() Paris unité urbaine (en) ![]() ![]() | ||||
Superficie | 2,41 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Sena ![]() | ||||
Altitude | 28 m-23 m-34 m-31 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1867 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Levallois-Perret (en) ![]() ![]() | Agnès Pottier-Dumas ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 92300 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Wenzhou (2007–) ![]() | ||||
Sitio web | ville-levallois.fr ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Levallois-Perret (pronuncia francesa [lə.va.lwa.pɛ.ʁɛ] (AFI)) é un concello situado no departamento de Altos do Sena, ao noroeste de París, en Francia. Nos seus 2,42 km² habitan 62.500 persoas (2005), o que fai que, con 25.826 hab./km², ocupe o primeiro posto en densidade de poboación entre concellos de Francia. Para valorar dato debe terse en conta que o concello forma parte da aglomeración de París onde estas densidades elevadas non son raras.
Historia
[editar | editar a fonte]No territorio do concello identificáronse restos prehistóricos a fins do século XIX que deron nome a unha técnica de talla lítica empregada na prehistoria, a Técnica Levallois.
No territorio do que hoxe é o concello de Levallois-Perret existía a vila de Villiers e a aldea de Courcelles que pertencían ao concello de Clichy mentres o suroeste pertencía ó concello de Neuilly-sur-Seine. O concello debe o seu nome a Nicolas Eugène Levallois e Jean-Jacques Perret. En 1822 Perret urbanizou unha parte das súas propiedades, nacendo Champ-Perret. Anos despois, outro gran propietario confía a Levallois para que organice a urbanización de parte dos seus terreos, e a vila de Levallois nace oficialmente o 27 de setembro de 1845, aínda que non será concluída ata anos despois. O 1 de xaneiro de 1867 créase o concello de Levallois-Perret.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Levallois-Perret ![]() |