As Eiras, O Rosal
| As Eiras | |
|---|---|
Igrexa parroquial | |
| Concello | O Rosal[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 41°55′42″N 8°46′54″O / 41.92833333, -8.78166667 |
| Poboación | 247 hab. (2022) |
| Entidades de poboación | 5[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Bartolomeu das Eiras é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal. Segundo o IGE no ano 2022 tiña 247 habitantes (120 homes e 127 mulleres).[2] Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.[3]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial foi aberta en 1791. A anterior foi trasladada logo das continuas ameazas de crecidas do río Miño. Partindo desde a igrexa hai un vía crucis con 14 estacións, algunhas delas as orixinais dos séculos XVII e XVIII, cara á ermida de Santa María Magdalena, situada no cumio de Castro Fortaleza. A ermida ten uns grandes contrafortes, malia que o templo, de planta rectangular, é pequeno. O cumio, desde onde se observa a parroquia e Portugal, ten unhas sobreiras centenarias.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fachada da igrexa de San Bartolomeu das Eiras.
-
Ermida de Santa María Magdalena.
-
Fachada da ermida de Santa María Magdalena.
-
Interior da ermida de Santa María Magdalena.
-
As Eiras nun mapa de 1732.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "A GUARDA-TEBRA archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-13.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares das Eiras
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia das Eiras no concello pontevedrés do Rosal | |
|---|---|
|
Carril | A Igrexa | O Monte Real | Os Picóns de Abaixo | Os Picóns de Arriba |
Parroquias do Rosal
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal | |
|---|---|
|
As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán) |