Currás, Tomiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Currás
Currás, Tomiño.jpg
Igrexa parroquial.
ConcelloTomiño[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°00′33″N 8°40′38″O / 42.00916667, -8.67722222Coordenadas: 42°00′33″N 8°40′38″O / 42.00916667, -8.67722222
Poboación400 hab. (2014)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Currás é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2014 tiña 400 habitantes (209 homes e 191 mulleres) segundo o IGE.[2] Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Situación[editar | editar a fonte]

A parroquia sitúase á beira do río Miño. Está atravesada pola estrada PO-552 (Tui - A Guarda).

Historia[editar | editar a fonte]

Esta parroquia foi un anexo de San Salvador de Tebra ata o ano 1904, cando pasou a selo de Amorín.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial ten orixe no século XVI, se ben o seu estilo denota a influencia portuguesa da época anterior. O retablo é de 1803, que substituíu ao anterior, do século XVIII, cando foi trasladado á parroquia de Estás.

Na parroquia hai unhas necrópoles romanas, coñecidas co nome de Medos. Tamén hai vestixios dunha vila, datada entre os séculos IV e VI, cun hipocausto (antigo sistema de calefaccións por tubos) de grande interese para o estudo e coñecemento da cultura romano-xermánica en Galicia. Parte dos restos consérvanse no Museo Diocesano de Tui, e outra parte foi cuberta con area coa intención de seguir no futuro coas escavacións. Dende o verán de 2013 está en marcha un proxecto científico de recuperación e posta en valor do asentamento romano[3].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Currás[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Currás no concello de Tomiño (Pontevedra)

O Cruceiro | A Estrada | O Monte | O Tapel | O Barral

Parroquias de Tomiño[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Santa María de Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. IGE. "Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 24/02/2021. Consultado o 23/8/2015. 
  3. Pode consultarse información sobre a vila romana e sobre este proxecto na seguinte ligazón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]