Tabagón, O Rosal
San Xoán de Tabagón | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial.
|
|
Concello | O Rosal |
Poboación | 630 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 7 |
San Xoán de Tabagón[1] é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal na comarca do Baixo Miño. Ten 7 entidades de poboación: A Mina, A Paradela, A Portela, O Río, A Rúa da Cal, A Rúa de Abaixo e O Xisco. Segundo o IGE en 2014 tiña 630 habitantes (320 mulleres e 310 homes).
Está bañada polas augas do Río Miño e dista 5 quilómetros da capital do concello.
Índice
Patrimonio[editar | editar a fonte]
A igrexa parroquial é de estilo manuelino tardío, construída entre 1812 e 1825, con retablo maior neogótigo.
O Cruceiro dos Maios,[2] feito por Manuel González Perdiz en 1879, onde se representa unha alegoría do pecado orixinal, a flaxelación e a Verónica coa Santa Face. Ten un capitel dórico con follas de acanto e cabezas de anxo, o Cristo Morto e a Dolorosa.
Destaca, tamén, o peto de ánimas da Paradela.[3]
Celebracións[editar | editar a fonte]
Na parroquia celébranse, amais de San Xoán (24 de xuño), as festividades da Virxe da Saúde e San Brais, 2 e 3 de febreiro respectivamente.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Tabagón[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Tabagón no concello pontevedrés do Rosal | |
---|---|
A Mina | A Paradela | A Portela | O Río | A Rúa da Cal | A Rúa de Abaixo | O Xisco |
Parroquias do Rosal[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal | |
---|---|
As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán) |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada en DVD, 2005.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- San Xoán de Tabagón na páxina da Diocese de Tui-Vigo.