Harmattan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bruma de Harmattan rodeando a Mesquita Nacional de Abuia en Abuja, Nixeria.

O harmattan é un vento alisio de África Occidental frío, seco e poeirento. Sopra ó sur do Sahara cara ó golfo de Guinea entre o finais de novembro e metade de marzo (inverno).[1]

No seu tránsito sobre o deserto toma finas partículas de po (entre 0,5 e 10 micrómetros). Cando sopra intensamente, o Harmattan pode empuxar o po e a area até Norteamérica.

Efectos[editar | editar a fonte]

Nalgúns países de África Occidental, a pesada cantidade de po no aire pode limitar severamente a visibilidade e bloquear o sol durante varios días, comparable a unha intensa néboa.[2] O efecto causado polo po e a area levantados por estes ventos coñécese como neblina de Harmattan. A interacción do Harmattan cos ventos monzónicos pode causar tornados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1.  Varios autores (1910-1911). «Harmattan». En Chisholm, Hugh. A Dictionary of Arts, Sciences, Literature, and Xeneral information () ( edición). Encyclopædia Britannica, Inc.;
  2. "Tuareg unrest". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2007. Consultado o 21 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ikekeonwu, Clara (2007). The phonetics of Nigerian languages. Múnic: Lincom Europa. p. 62.