Saltar ao contido

Gabriel Fauré

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaGabriel Fauré

(1905) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Gabriel Urbain Fauré Editar o valor en Wikidata
12 de maio de 1845 Editar o valor en Wikidata
Pamiers, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de novembro de 1924 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Passy, 15 Editar o valor en Wikidata
Director Conservatorio de París
1905 – 1920
Mestre de capela Igreja de la Madeleine (pt) Traducir
abril de 1876 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónNiedermeyer school in Paris (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario, profesor de música, mestre, pianista, musicólogo, compositor, organista, mestre de capela Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1861 Editar o valor en Wikidata - 1924 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConservatorio de París (1892–1920) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera, romanticismo musical e música clásica Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo musical e música impresionista Editar o valor en Wikidata
ProfesoresCamille Saint-Saëns e Gustave Lefèvre Editar o valor en Wikidata
AlumnosMaurice Ravel, Charles Koechlin, George Enescu, Nadia Boulanger, Émile Vuillermoz, Louis Aubert, Gretchen Osgood Warren (pt) Traducir, Lucien Garban (pt) Traducir, Raoul Laparra, Émile Jaques-Dalcroze (pt) Traducir, Alfredo Casella, Emil Frey (pt) Traducir e Lili Boulanger Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMarie Fauré (1883–1924) Editar o valor en Wikidata
ParellaEmma Bardac
Marguerite Hasselmans Editar o valor en Wikidata
FillosEmmanuel Fauré-Fremiet
 () Marie Fauré
Philippe Fauré-Frémiet
 () Marie Fauré Editar o valor en Wikidata
PaiToussaint Fauré Editar o valor en Wikidata
ParentesEmmanuel Frémiet, sogro Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Форе Габриель)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0269214 Allocine: 37053 Allmovie: p89446 IBDB: 89222
BNE: XX864777 Spotify: 2gClsBep1tt1rv1CN210SO iTunes: 11626 Last fm: Gabriel+Fauré Musicbrainz: fa19a8b6-e7f4-40d4-af15-7a7c41ac7d8f Songkick: 475652 Discogs: 497542 IMSLP: Category:Fauré,_Gabriel Allmusic: mn0000654108 WikiTree: Fauré-361 Find a Grave: 5726 Editar o valor en Wikidata

Gabriel Urbain Fauré (Francés: [ɡabʁiɛl yʁbɛ̃ fɔʁe]), nado en Pamiers o 12 de maio de 1845[a] e finado en París o 4 de novembro de 1924, foi un compositor, pedagogo, organista e pianista francés. É considerado un dos compositores franceses máis destacados da súa xeración e o seu estilo musical influíu en moitos compositores do século XX. Entre as súas obras máis coñecidas destacan a Pavana, ou Réquiem, os nocturnos para piano e as cancións «Après un rêve» e «Clair de lune». Aínda que as súas composicións máis coñecidas e accesibles para o gran público son xeralmente as dos seus primeiros anos, Fauré compuxo gran parte das súas obras máis prezadas polos críticos ao final da súa carreira, nun estilo harmónica e melodicamente máis complexo.

Naceu nunha familia culta pero sen particular afección musical, e demostrou o seu talento para a composición cando apenas era un neno. Foi enviado a un colexio de música en París, onde se formou para ser organista de igrexa e director de coro. Entre os seus mentores encontrábase Camille Saint-Saëns, quen se converteu no seu amigo de por vida. Logo de graduarse en 1865, Fauré gañaba a vida de forma modesta como organista e mestre, o que lle deixaba pouco tempo para compoñer. Cando acadou o éxito e ocupou os importantes cargos de organista da igrexa da Madeleine e director do Conservatorio de París, apenas tiña tempo para compoñer; durante as vacacións de verán, retirábase ao campo para adicarse a dita tarefa. Nos seus últimos anos, Fauré foi recoñecido en Francia como o compositor francés máis importante da súa época. En 1922 rendéuselle unha homenaxe musical nacional sen precedentes en París, encabezada polo entón presidente Alexandre Millerand. Fauré tiña algúns admiradores en Inglaterra mais a súa música, se ben era coñecida noutros países, tardou décadas en ser amplamente aceptada.

Romántico nos seus inicios e admirador da música de Richard Wagner, sumouse logo á corrente impresionista na liña da música francesa, acadando a súa música unha gran finura melódica e equilibrio compositivo. O seu legado foi descrito como o enlace entre o final do Romanticismo co Modernismo do segundo cuarto do século XX. Cando naceu, Frédéric Chopin aínda compuña, e no momento do seu falecemento, escoitábanse estilos como o jazz e a música atonal da Segunda Escola de Viena. O Grove Dictionary of Music and Musicians, que o describe como o compositor máis avanzado da súa xeración en Francia, indica que as súas innovacións harmónicas e melódicas influíron na ensinanza da harmonía musical nas xeracións vindeiras. Contrastando co encanto das súas primeiras obras, as súas últimas composicións, escritas cando a súa xordeira era cada vez maior, son consideradas imprecisas e de carácter introvertido e, noutras ocasións, axitadas e apaixonadas.[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Gabriel Urbain Fauré naceu en Pamiers, no departamento de Ariège, Francia, o 12 de maio de 1845, sendo o quinto dos seis fillos que tivo o matrimonio entre Marie-Antoinette-Hélène Lalène-Laprade (1809-1887) e Toussaint-Honoré Fauré (1810-85).[6] Segundo o biógrafo Jean-Michel Nectoux, a presenza da familia Fauré nesta parte de Francia databa do século XIII.[2] Membros da familia foron anteriormente terratenentes importantes, mais contra o século XIX os seus medios económicos reducíronse. O avó paterno do compositor, Gabriel, era un carniceiro cuxo fillo se converteu en mestre de escola.[4] En 1829, os pais de Fauré contraeron matrimonio. A súa nai era filla dun membro menor da nobreza. Gabriel foi o único dos seis fillos do matrimonio que amosou talento musical. Os seus catro irmáns realizaron as súas carreiras no xornalismo, a política, o exército e a administración pública, e a súa irmá tivo unha vida tradicional como esposa dun funcionario público.[6]

Enviárono a vivir cunha ama de cría ata que cumpriu os catro anos.[7] En 1849, o seu pai obtivo o posto de director da École normale supérieure en Montgauzy, preto de Foix, o que permitiu a Fauré regresar a vivir coa súa familia.[8] Alí había unha capela adxunta á escola, na que o mozo Fauré pasaba horas tocando o harmonio:[9]

Medrei, sendo un neno tranquilo de bo comportamento, nun área de gran beleza [...] Mais a única cousa que realmente lembro é o harmonio naquela pequena capela. Cada vez que podía saírme corría cara a aló e entretíñame [...] Tocaba atrozmente [...] sen ningún método, completamente sen técnica, mais lembro que estaba feliz; e se iso é o que significa ter vocación, entón é unha cousa moi agradable.
Gabriel Fauré en 1864, co uniforme da École de Musique Classique et Religieuse.

Unha anciá cega, que escoitaba e daba consellos ao rapaz, faloulle ao pai de Fauré do talento musical do seu fillo.[7] En 1853, Dufaur de Saubiac, un funcionario da Asemblea Nacional,[b] escoitou a Fauré e aconselloulle a seu pai envialo á École de Musique Classique et Religieuse, que Louis Niedermeyer estaba establecendo en París.[13] Despois de reflexionar durante un ano, o pai de Fauré accedeu e levou o rapaz, que daquela tiña nove anos, a París en outubro de 1854.[5]

Fauré continuou como alumno na escola durante once anos, durante os cales estivo sostido economicamente por unha bolsa concedida polo bispo da súa diocese.[14] O réxime da escola era austero, os cuartos lúgubres, a comida mediocre e os mozos estaban obrigados a vestir un elaborado uniforme.[c] O ensino musical, con todo, era excelente.[3] O obxectivo de Niedermeyer era producir organistas e directores competentes, centrados na música sacra. Os titores de Fauré foron Clément Loret para o órgano, Pierre-Louis Dietsch para a harmonía, Xavier Wackenthaler para contrapunto e fuga, mentres que as clases de piano, canto chan e composición recaeron sobre o propio Niedermeyer.[5]

Logo do falecemento de Niedermeyer en marzo de 1861, foi Camille Saint-Saëns quen ocupou o seu lugar a cargo dos estudos de piano e introduciu a música contemporánea, incluíndo obras de Robert Schumann, Franz Liszt e Richard Wagner.[16] Máis adiante, Fauré lembrou o papel que tivo na súa carreira musical:[17]

Deixando que o tempo de clase se estendese máis do estipulado, íase ao piano e revelábanos aquelas obras dos mestres ás que non tiñamos acceso polo rigor da natureza clásica do noso programa de estudos e que, ademais, naqueles anos tan afastados, se coñecían pouco [...] Daquela contaba con 15 ou 16 anos, e desa época data o apego case filial [...] a inmensa admiración, a gratitude incesante que tiven por el, durante toda a miña vida.

Saint-Saëns seguía con entusiasmo o progreso do mozo Fauré, axudándoo cada vez que podía. Nectoux afirma que en cada etapa da carreira de Fauré «a influencia que Saint-Saëns exerceu pode darse por sentado».[18] A íntima amizade entre ambos durou ata a morte de Saint-Saëns seis décadas máis tarde.[1] Fauré gañou múltiples premios na escola, incluído o premiers prix pola composición de Cantique de Jean Racine, Op. 11, o primeiro dos seus traballos corais en formar parte do seu repertorio habitual.[5] Deixou a escola en xullo de 1865 como Laureat en órgano, piano, harmonía e composición e cun diploma como Maître de Chapelle.[19][20]

Organista e compositor

[editar | editar a fonte]
Retrato de Fauré (c. 1870) feito por Paul Mathey (1844-1929).

Ao deixar a École Niedermeyer, Fauré foi nomeado xefe organista da igrexa de Saint-Sauveur, en Rennes, Bretaña. Asumiu o cargo en 1866.[21] Durante os seus catro anos aló, ampliou os seus ingresos tomando alumnos privados aos que lles deu «innumerables leccións de piano».[22] Debido á insistencia regular de Saint-Saëns continuou compoñendo, mais ningunha das súas obras deste período sobreviviu.[23] Con todo, Fauré aburríase en Rennes e tiña unha relación difícil co párroco, que dubidaba da convicción relixiosa de Fauré.[24] A Fauré víaselle regularmente zafarse nos sermóns para fumar un cigarro e, a principios de 1870, cando un domingo chegou para tocar na misa aínda ataviado no seu traxe de gala porque estivo toda a noite nun baile, esixiron a súa dimisión.[24] Pouco tempo despois, coa discreta intercesión de Saint-Saëns, obtivo o posto de axudante de organista na igrexa de Notre-Dame de Clignancourt, situada ao norte de París.[25] Alí permaneceu só uns poucos meses. Logo do estalido da guerra franco-prusiana, presentouse voluntariamente para o servizo militar. Tomou parte no sitio de París e loitou en Le Bourget, Champigny e Créteil.[26] Foi condecorado coa Croix de Guerre.[27]

Logo da derrota de Francia por parte de Prusia, houbo un breve e sanguento conflito en París de marzo a maio de 1871, durante a Comuna.[27] Fauré escapou a Rambouillet, onde vivía un dos seus irmáns, e logo viaxou a Suíza onde foi profesor na École Niedermeyer, que se trasladara temporalmente a ese país para evitar a violencia en París.[27] O seu primeiro alumno no colexio foi André Messager, quen se convertería nun amigo de por vida e ocasional colaborador seu.[5][28] As composicións de Fauré deste período non reflectiron abertamente a axitación e o derramamento de sangue. Algúns dos seus colegas, entre os que se inclúen Saint-Saëns, Gounod e Franck escribiron e publicaron elexías e odas patrióticas. Fauré non foi partidario desta idea, con todo, de acordo coa súa biógrafa Jessica Duchen, «a súa música adquiriu unha atmosfera máis sombría e pesimista, un sentido de traxedia con tons escuros [...] apreciable sobre todo nas súas cancións deste período, como L'Absent, Seule! e La Chanson du pêcheur».[29]

Cando Fauré volveu a París en outubro de 1871, foi nomeado mestre de coro na igrexa de Saint-Sulpice, baixo a dirección do compositor e organista Charles-Marie Widor.[28] No exercicio das súas funcións, escribiu varios cánticos e motetes, algúns dos cales se conservaron.[30] Nalgúns servizos, Widor e Fauré improvisaban simultaneamente nos dous órganos da igrexa, tentando alcanzarse o un ao outro con repentinos cambios de tonalidade.[29] Fauré asistía regularmente aos salóns musicais que organizaban Saint-Saëns e Pauline Viardot-García, a quen o propio Saint-Saëns presentou.[5]

Fauré foi membro fundador da Société Nationale de Musique, formada en febreiro de 1871 baixo a presidencia conxunta de Romain Bussine e Saint-Saëns, co fin de promover a nova música francesa.[31] Outros membros que participaron foron Georges Bizet, Emmanuel Chabrier, Henri Duparc, Vincent d'Indy, César Franck, Édouard Lalo e Jules Massenet.[32][5] Fauré chegou a ser secretario da sociedade en 1874.[32] Moitas das súas obras foron presentadas por primeira vez nos concertos da sociedade.[32]

Fauré c. 1875.

En 1874, Fauré mudouse de Saint-Sulpice á igrexa da Madeleine como suplente do organista principal, Saint-Saëns, ante as numerosas ausencias deste cando se encontraba de xira de concertos.[33] Algúns admiradores da música de Fauré lamentaron o feito de que, aínda que se adicou profesionalmente ao órgano durante catro décadas, non deixou composicións para este instrumento.[34] Saint-Saëns comentou que Fauré «era un organista de primeira clase cando se propuña»,[35] e era recoñecido polas súas improvisacións.[36] Con todo, prefería o piano sobre o órgano, o cal só tocaba porque lle proporcionaba ingresos regulares.[37] Duchen especula con que a Fauré non lle gustaba o órgano, posiblemente porque «para un compositor de tal delicadeza de matices, e tan sensual, o órgano simplemente non era o suficientemente sutil».[38]

Segundo Nectoux, os Clerc foron a familia comprensiva que Fauré non tivo durante a súa estadía na escola de Niedermeyer.[39] Camille Clerc, enxeñeiro pola École polytechnique, durante o verán organizaba concertos privados aos que asistían importantes músicos como Joseph Hollmann, Gustav Friedrich e Hubert Léonard, e o propio Fauré.[39] Este tipo de eventos non estaban só reservados para músicos, senón tamén para outro tipo de persoas de renome aínda sen ser profesionais da música. Esta área de influencia permitiulle a Fauré conseguir múltiples recomendacións en eventos musicais, o que o estimulou e brindoulle máis experiencia no seu traballo.

1877 foi un ano importante para Fauré, tanto a nivel persoal como profesional.[40] En xaneiro, interpretouse a súa primeira sonata para violín nun concerto na Société Nationale con grande éxito, o que marcou un punto decisivo na súa traxectoria como compositor aos 31 anos.[40] Nectoux considera a peza como a primeira obra mestra do compositor.[41] En marzo, Saint-Saëns xubilouse do seu posto na Madeleine e sucedeuno como organista Théodore Dubois, daquela mestre de coro; Fauré ocupou o cargo que Dubois deixaba.[40] En xullo, Fauré comprometeuse coa filla de Pauline Viardot-García, Marianne, de quen estaba profundamente namorado.[40] Por motivos non de todo claros, a súa prometida rompeu o compromiso en novembro dese ano, causándolle a el unha gran tristeza.[42] Tentando distraer a Fauré, Saint-Saëns levouno a Weimar e presentouno ante Franz Liszt. Esta visita espertou o interese do músico por viaxar ao estranxeiro, o cal continuou facendo o resto da súa vida.[42] Dende 1878, Fauré e Messager embarcáronse en viaxes fóra do país para ir ver óperas de Wagner. Viron obras tales como Das Rheingold e Die Walküre na Ópera de Colonia, o ciclo completo de Der Ring des Nibelungen na Hofoper de Múnic e no Her Majesty's Theatre en Londres; así como tamén Die Meistersinger von Nürnberg en Múnic e en Bayreuth, onde tamén viron Parsifal.[43] Frecuentemente Fauré e Messager tocaban para animar as festas o irreverente Souvenirs de Bayreuth, composta por ambos en 1878. Esta pequena e caprichosa peza musical de piano a catro mans parodia temas de Der Ring des Nibelungen.[44] Fauré admiraba a Wagner e amosábase familiarizado cos máis pequenos detalles da súa música,[45] pero foi un dos poucos compositores da súa xeración que non se viron influídos pola súa obra.[45][d]

Anos medios

[editar | editar a fonte]
Marie Fremiet, esposa de Fauré.

En 1883, Fauré casou con Marie Fremiet, a filla do notable escultor Emmanuel Frémiet.[47][e] Se ben o matrimonio era afectivo, Marie mostrábase resentida polas constantes ausencias de Fauré, a súa vida doméstica —horreur du domicile— e os seus amoríos, mentres ela permanecía na casa.[47][f] En 1892, foi relacionado sentimentalmente coa cantante Emma Bardac,[49] quen foi a súa inspiración para o seu ciclo La bonne chanson, Op. 61.[50] A este amorío seguiuno probablemente unha relación coa compositora Adela Maddison.[51] En 1900, Fauré coñeceu a pianista Marguerite Hasselmans, filla de Alphonse Hasselmans. A partir de entón, ambos estiveron comprometidos nunha relación que durou o resto da vida de Fauré.[52]

A cantante Emma Bardac, coa que se relacionou sentimentalmente a Fauré.

Aínda que Fauré valoraba a Marie como amiga e confidente, escribíndolle frecuentemente -ás veces a diario- cando estaba fóra da casa, ela non compartía a súa natureza apaixonada, que encontraba satisfacción noutra parte.[53] Fauré e a súa esposa tiveron dous fillos. O primeiro, nado en 1883, Emmanuel Fauré-Fremiet —Marie insistiu na combinación do seu apelido co de Fauré—, converteuse nun biólogo de prestixio internacional.[54] O segundo fillo, Philippe, nado en 1889, converteuse en escritor. As súas obras inclúen historias, obras de teatro e biografías do seu pai e o seu avó.[5][55]

Para apoiar economicamente a súa familia, Fauré pasou algún tempo traballando na igrexa da Madeleine e dando clases de piano e harmonía. As súas composicións reportáronlle unha cantidade insignificante de diñeiro, debido a que o seu editor as mercaba por 60 francos cada unha e Fauré non obtiña dereitos de autoría polo seu uso.[56] Neste período, Fauré escribiu unha gran cantidade de obras, entre as cales se inclúen pezas e cancións para piano; con todo, destruíaas despois de interpretalas unhas cantas veces e só conservaba uns cantos movementos para reempregar os motivos.[5] Entre as obras deste período que sobreviviron encóntranse o Requiem, comezado en 1887 e revisado e expandido durante varios anos ata a súa versión final de 1901.[57] Despois da súa primeira interpretación en 1888, o párroco díxolle ao compositor: «Non precisamos destas innovacións: o repertorio da Madeleine é o suficientemente rico».[58]

Cando era mozo, Fauré era moi feliz; un amigo seu mencionou nun escrito a súa «ledicia xovial, algo infantil».[59] No entanto, cando tiña uns 30 anos, o seu amorío fracasado sumado ao seu escaso éxito como compositor posiblemente derivaron en ataques depresivos, que el mesmo describiu como «mal humor».[5] En 1890, un prestixioso e remunerado encargo de escribir unha ópera con letra de Paul Verlaine viuse truncado pola incapacidade do poeta ao estar bébedo para entregar un libreto. Fauré sumiuse nunha depresión tan profunda que os seus amigos estiveron moi preocupados pola súa saúde.[60] En 1891, Fauré viaxou a Venecia (Italia) invitado pola mecenas estadounidense Winnaretta Singer, que logo foi coñecida como a princesa Edmond de Polignac,[50] ao seu palacio no Gran Canal.[61] Recuperou o ánimo e comezou a compoñer de novo, escribindo a primeira das súas cinco Mélodies de Venise, con letra de Verlaine, cuxa poesía seguía admirando a pesar do fracaso da ópera.[62][63]

Ambroise Thomas cualificaba como «perigosamente moderno» a Fauré para encabezar o Conservatorio.

Durante este tempo, ou un pouco despois, comezou a relación de Fauré con Emma Bardac; en palabras de Duchen, «por primeira vez, aos seus corenta e tantos anos, experimentou que lle correspondían, unha relación apaixonada que se prolongou durante varios anos».[64] Os seus principais biógrafos coinciden en que este suceso inspirou unha explosión de creatividade e unha nova orixinalidade na súa música, o que se exemplifica no ciclo musical La bonne chanson.[64][65][66][67][62] Fauré escribiu a suite Dolly para piano a catro mans entre 1894 e 1897 e adicoulla á filla de Bardac, Hélène, tamén coñecida como «Dolly».[5][g] Algunhas persoas sospeitaron que o pai de Dolly era o propio Fauré, mais os seus biógrafos, incluso Nectoux e Duchen, non comparten esa mesma idea: a relación de Fauré con Emma Bardac pénsase que comezou xusto despois de que Dolly nacese, aínda que non hai probas concluíntes en calquera caso.[49][68]

Durante a década de 1890, a situación de Fauré mellorou. Cando Ernest Guiraud, profesor de composición no Conservatorio de París, morreu en 1892, Saint-Saëns alentouno a presentarse ao posto vacante. Os máis influentes no Conservatorio consideraron a Fauré como perigosamente moderno e o seu director, Ambroise Thomas, rexeitou darlle o posto ao declarar: «Fauré? Xamais! Se el é elixido, eu renuncio».[69] A pesar diso, Fauré resultou elixido, mais para outro posto ocupado polo falecido Guiraud: inspector dos conservatorios de música nas provincias francesas.[62] Aínda que as viaxes prolongadas ao longo de todo o país que o traballo lle demandou lle desagradaban, tamén lle proporcionaron uns ingresos estables e permitíronlle deixar de dar clases a estudantes afeccionados.[70]

En 1896, Ambroise Thomas morreu e Théodore Dubois asumiu a dirección do Conservatorio. Fauré substituíu á súa vez a este último como organista xefe da Madeleine. A elección de Dubois tivo máis repercusións: Jules Massenet, profesor de composición no Conservatorio, esperaba substituír a Thomas no seu posto, mais excedera a confianza de todos ao insistir en asumir o cargo de por vida.[71] Polo tanto, a súa solicitude foi rexeitada e optouse por elixir a Dubois para o posto, logo do cal Massenet renunciou anoxado.[72] Fauré asumiu a vacante de profesor de composición. Como tal, instruíu varios compositores novos como Maurice Ravel, Florent Schmitt, Charles Koechlin, Louis Aubert, Jean Roger-Ducasse, George Enescu, Paul Ladmirault, Alfredo Casella e a compositora Nadia Boulanger.[5] Dende a perspectiva de Fauré, os seus alumnos precisaban dunha base firme en habilidades básicas, así que delegou esta responsabilidade con felicidade ao seu asistente André Gedalge.[73] A función de Fauré viña logo cando debía axudar os seus estudantes a empregar esas habilidades dun xeito que se adaptasen aos talentos individuais de cada un. Ao respecto, Roger-Ducasse escribiu: «Asumindo o que fose no que estivesen traballando os alumnos, el evocaría as regras da forma a man [...] e referiríase a exemplos, sempre dos mestres».[74] Ravel nunca esqueceu a mentalidade aberta de Fauré como mestre. Logo de recibir o Cuarteto para cordas de Ravel con pouco do seu habitual entusiasmo, Fauré pediulle uns días despois o manuscrito para velo outra vez e comentou: «Podería terme equivocado».[75] O musicólogo Henri Prunières escribiu á súa vez: «O que Fauré desenvolveu nos seus alumnos foi unha sensibilidade harmónica, exquisita, o amor das liñas puras, de modulacións inesperadas e coloridas; mais nunca lles recoñeceu por compoñer acorde ao seu estilo e esa é a razón pola que todos eles buscaron os seus propios camiños en moitas direccións, frecuentemente, opostas».[76]

As obras de Fauré nos últimos anos do século XIX incluíron música incidental para a estrea inglesa da obra de teatro Pelléas et Mélisande (1898) de Maurice Maeterlinck, con título homónimo, e de Prométhée, unha traxedia lírica composta para o anfiteatro en Béziers. A obra, escrita para actuacións ao aire libre, está composta para enormes elencos instrumentais e vocais. A súa estrea, en agosto de 1900, foi un grande éxito, a tal grao que se repetiu en Béziers o ano seguinte, e en París en 1907. En maio de 1917, produciuse unha versión orquestrada para elencos de tamaño habitual en teatros de ópera para a Ópera de París. Logo disto, realizáronse máis de corenta actuacións en París.[h] De 1903 a 1921, Fauré escribiu con regularidade críticas musicais para o diario Le Figaro, rol no cal non se sentía cómodo. O seu biógrafo Jean-Michel Nectoux considerou que a bondade e a mentalidade aberta naturais de Fauré o predispoñían a enfocarse nos aspectos positivos dunha obra.[5]

Director do Conservatorio de París

[editar | editar a fonte]

En 1905, produciuse un escándalo nos círculos musicais franceses en torno ao principal galardón de Francia, o Prix de Rome. Crese que algúns membros reaccionarios do Conservatorio lle negaron de xeito inxusto o premio a Maurice Ravel, alumno de Fauré.[78] O certo é que a candidatura de Ravel para o Prix de Rome se rexeitou ata en cinco ocasións.[50] Ante as numerosas críticas feitas a Dubois, este viuse obrigado a renunciar.[79] Fauré ocupou o seu posto no Conservatorio. Co apoio do goberno francés realizou unha serie de mudanzas na administración e o currículo. Introduciu xuíces externos independentes ao organismo, que tomarían parte nas decisións correspondentes ás admisións, exames e competencias, unha mudanza que anoxou algúns membros do profesorado que deran un trato especial aos seus alumnos privados. Moitos deles renunciaron ao seu posto ao verse privados dos seus considerables ingresos extraordinarios.[80] Ante as modificacións no currículo, Fauré comezou a ser visto como o «revolucionario equitativo», sendo alcumado «Robespierre» por membros descontentos da vella garda. Así mesmo, modernizou e ampliou o rango da música impartida no Conservatorio. Tal e como Nectoux argumenta: «Onde algunha vez reinaran Auber, Halévy e especialmente Meyerbeer [...] foi posible cantar agora unha aria de Rameau ou mesmo algo de Wagner —que ata aquel momento era un nome prohibido dentro dos muros do Conservatorio—».[81] Con todo isto, o repertorio abarcou dende a polifonía renacentista ata a obra de Claude Debussy.[81]

A nova posición de Fauré reportoulle maior estabilidade económica, ademais de ser máis recoñecido como compositor en Europa. Con todo, a dirección do Conservatorio deixouno sen tempo para a composición en contraste a cando levaba unha vida como organista e mestre de piano. Tan pronto como o ano laboral rematou, nos últimos días de xullo, saíu de París e pasou case dous meses, ata principios de outubro, nun hotel, localizado preto dos lagos suízos, para concentrarse na composición.[82] Algunhas obras que datan deste período inclúen a súa obra lírica Pénélope, así como tamén algunhas das súas cancións máis características —por exemplo, o ciclo La chanson d'Ève, Op. 95, completada en 1910— e pezas de piano —Nocturnos n.º 9-11; Barcarolas n.º 7-11, escritas entre 1906 e 1914—.[5]

Fauré arredor do ano 1900.

En 1909, foi nomeado membro do Institut de France. O seu sogro e Saint-Saëns, ambos membros do Institut dende había tempo, fixeron unha forte campaña no seu favor e finalmente o músico gañou as votacións por unha estreita marxe, con 18 votos fronte a 16 do outro candidato, Charles-Marie Widor.[83] Ese mesmo ano, un grupo de compositores liderados por Ravel e Koechlin romperon coa Société Nationale de Musique, a cal, baixo a presidencia de Vincent d'Indy, adoptara ideais reaccionarios. A causa disto, formaron un novo grupo: a Société Musicale Indépendante, da cal Fauré aceptou a presidencia. Sendo a súa única e principal preocupación darlle pulo á nova música, permaneceu como membro da vella sociedade e continuou mantendo unha boa relación con d’Indy.[83] En 1911, Fauré supervisou o traslado do Conservatorio a unhas novas instalacións na rúa de Madrid.[82] Durante este período, Fauré desenvolveu problemas de oído e foi perdendo este sentido gradualmente. O son non só se volveu máis feble, senón que tamén era distorsionado, así que os tons altos e baixos do seu rango audible soaban como outros tons. Fixo esforzos para disimular a súa dificultade, mais ao final foi forzado a abandonar o seu posto como profesor.[84]

A principios de século, a música de Fauré comezou a introducirse en Gran Bretaña e, con menor alcance en Alemaña, España e Rusia.[85] Visitaba con frecuencia Inglaterra, onde se lle invitou a tocar no Palacio de Buckingham en 1908, o que lle abriu moitas portas en Londres e outros lugares.[86] Estivo presente na estrea da Primeira Sinfonía de Edward Elgar, tamén ese ano, e logo ceou con el.[87] Posteriormente, Elgar escribiu unha carta ao seu amigo Frank Schuster onde lle dicía que «Fauré era un verdadeiro cabaleiro —da mellor clase de home francés— e admireino extremadamente». Elgar tentou programar o Réquiem de Fauré no Three Choirs Festival, mais non o conseguiu ata que finalmente tivo a súa estrea inglesa en 1937, case cincuenta anos despois da súa primeira interpretación en Francia.[88] Compositores provenientes doutros países tamén estimaban e admiraban a Fauré: Piotr Ilich Tchaikovski cualificábao como «adorable»,[89] Isaac Albéniz e Fauré foron amigos e correspondentes durante moitos anos,[90] Richard Strauss pedíalle consellos,[91] e, nos últimos anos do compositor, un mozo Aaron Copland converteuse no seu fiel admirador.[1]

O estalido da primeira guerra mundial sorprendeu a Fauré en Alemaña, a onde acudira para pasar o seu retiro anual adicado á composición. Logrou saír de Alemaña para asentarse en Suíza, dende onde puido trasladarse a París.[92] Permaneceu en Francia ata o final da guerra. Cando un grupo de músicos franceses liderados por Saint-Saëns tentaron organizar un boicot á música alemá, Fauré e Messager desvinculáronse da idea, aínda que o desacordo non afectou á súa amizade con Saint-Saëns.[i] Fauré non recoñecía o nacionalismo na música, vendo na súa arte «unha linguaxe que pertence a un país tan por riba de todos os demais que se arrastra cando ha de expresar os sentimentos ou trazos individuais que pertencen a unha nación en particular».[95] Con todo, era consciente de que a súa música era máis respectada que querida en Alemaña. En xaneiro de 1905, ao visitar Frankfurt e Colonia para ofrecer concertos da súa música, Fauré escribiu: «As críticas da miña música foron un pouco frías, ¡pero á vez moi educadas! Non hai dúbida ao respecto, o francés e o alemán son dous temas diferentes».[96]

Últimos anos e legado

[editar | editar a fonte]
Homenaxe nacional a Fauré en 1922. Fauré e o presidente Alexandre Millerand están situados entre as dúas estatuas.

En 1920, aos 75 anos, Fauré retirouse do Conservatorio debido á súa crecente xordeira e á súa debilidade física.[5] Ese mesmo ano, obtivo a Gran Cruz da Lexión de Honra, un recoñecemento rara vez concedido a un músico. En 1922, rendéuselle unha homenaxe nacional pública a cargo do presidente da República, Alexandre Millerand, descrito en The Musical Times como «unha espléndida celebración na Sorbona, onde participaron os máis ilustres artistas franceses, o cal lle deu moita ledicia. Tratouse dun espectáculo conmovedor: o dun home presente nun concerto da súa propia obra e incapaz de escoitar unha soa nota. Quedaba mirando pensativo e, a pesar de todo, amosaba agradecemento e satisfacción».[84] Ese mesmo ano foi invitado aos Grémys celebrados en Villa Frya, onde lle confiou á súa esposa sentir que vivía a «vida dun lacazán».[97] Así mesmo, nesta época publicouse unha nota no Excelsior titulada «Mon père», onde o propio Fauré lembraba como se adentrara no mundo da música:

[...] Foi sorprendente descubrir as miñas tendencias cara á música posto que ninguén da miña familia era en si un músico. O talento mostrouse ante min cando apenas tiña dez anos, e nunha etapa tan temperá non significaba unha preocupación sobre calquera efecto posible no meu futuro. Tempo despois quizais xurdiron dúbidas sobre a elección da música como carreira. De calquera xeito, meu pai encontrábase indeciso —eu era o sexto dos seus fillos— e el non podería permitirse o luxo de tomar riscos.

Excelsior. «Mon père», 12 de xuño de 1922.

Fauré nos seus últimos anos de vida.

Fauré estivo delicado de saúde nos seus últimos anos, en parte polo seu tabaquismo. Aínda así, mostrou disposición para axudar os novos compositores, entre eles algúns membros de Les Six, que eran os seus seguidores.[84][j] Respecto a esta etapa da súa vida, Nectoux describe: «Na súa vellez logrou unha certa serenidade, sen perder en absoluto a súa notable vitalidade espiritual, aínda que afastado do sensualismo e a paixón dos traballos que escribiu entre 1875 e 1895».[5] Do mesmo xeito, sostivo que o seu humor decrecía notablemente, como se estivese adoptando un pouco o estilo melódico de Wagner.[97] Sabía que pronto morrería, polo que nunha carta dirixida á súa esposa escrita en outubro de 1924 Fauré concluía dicindo:

Cando regrese a París, pasarei un pequeno tempo de cada día dándoche cada un dos meus bosquexos, borradores e todo o sobrante que, logo da miña morte, non quero que sobrevivan, así que podes queimalo todo. Mentres estiven enfermo, deime conta de que é algo que de verdade preciso facer. Así que axúdame a realizalo.[99]

Nos seus últimos meses, Fauré esforzouse por completar un cuarteto de corda. Vinte anos antes, Ravel adicáralle o seu Cuarteto para cordas. Ravel e outros instaron a Fauré para compoñer un propio. Negouse durante moitos anos, co argumento de que era demasiado difícil. Cando por fin se adicou a escribilo, fíxoo con temor, díxolle á súa esposa: «Comecei un cuarteto de cordas, sen piano. Este é un xénero que Beethoven, en particular, fixo famoso, e fai que todas as persoas que non son Beethoven estean aterradas del».[100] Traballou na obra durante un ano e finalizouna o 11 de setembro de 1924, menos de dous meses antes da súa morte, traballando longas horas cara ao final para completala.[101] A súa obra Cuarteto de cordas, Op. 121, estreouse de xeito póstumo en 1925.[102] Negouse a unha oferta para que a interpretasen en privado para el nos seus últimos días, xa que a súa audición se deteriorara ata o punto de que os sons musicais estaban terriblemente distorsionados no seu oído.[103]

Fauré morreu en París a causa dunha pneumonía o 4 de novembro de 1924, aos 79 anos de idade. Tivo un funeral de Estado na igrexa da Madeleine e o seu corpo foi sepultado no cemiterio de Passy, en París.[104]

Logo da súa morte, o Conservatorio volveu ao seu antigo conservadorismo, onde a súa práctica harmónica constituiría o máximo límite de modernidade, unha barreira que os estudantes non debían cruzar.[105] O seu sucesor, Henri Rabaud, director do Conservatorio dende 1922 ata 1941, declarou que «o modernismo é o inimigo».[106] A xeración de estudantes nados no período de entreguerras rexeitaron esta premisa obsoleta, polo que se inclinaron por Béla Bartók, pola Segunda Escola de Viena e polas últimas obras de Igor Stravinskii.[105]

En 1945, nunha homenaxe para conmemorar o centenario do seu nacemento, a musicóloga Leslie Orrey escribiu en The Musical Times: «Máis profundo que Saint-Saëns, máis variado que Lalo, máis espontáneo que d'Indy, máis clásico que Debussy, Gabriel Fauré é o mestre por excelencia da música francesa, o espello perfecto do noso xenio musical. Quizais cando os músicos ingleses coñezan mellor o seu traballo, esas palabras de Roger-Ducasse parecerán, xa non un eloxio, senón algo que lle correspondía».[107]

Manuscrito dunha páxina do Réquiem.

Aaron Copland escribiu que se ben as obras de Fauré poden dividirse nos tres períodos usuais —«temperás», «medias» e «tardías»—, non existe unha diferenza radical entre a súa escritura inicial e as últimas composicións, como é evidente noutros compositores. Copland encontrou premonicións do estilo final de Fauré mesmo nos seus primeiros traballos, así como trazos do Fauré inicial nas obras do Fauré ancián: «Os temas, as harmonías, a forma, todo permaneceu esencialmente igual, aínda que en cada nova obra se volven máis frescos, máis persoais, máis profundos».[1] Cando Fauré naceu, Berlioz e Chopin seguían compoñendo e estas foron unha das súas primeiras influencias.[108][109] Nos seus últimos anos, Fauré desenvolveu técnicas compositivas que prefiguraban a música atonal de Arnold Schönberg,[110] e máis tarde, bosquexando discretamente nas técnicas do jazz.[110] Duchen escribe que as súas primeiras obras, como Cantique de Jean Racine, están na tradición do Romanticismo francés do século XIX; con todo, as últimas son tan modernas como calquera das obras dos seus alumnos.[111]

Entre as influencias de Fauré, particularmente nas súas obras temperás, están Mozart, Chopin e Schumann. Os autores de The Record Guide (1955), Edward Sackville-West e Desmond Shawe-Taylor, sinalaron que o músico aprendeu da restrición e da beleza da superficie a partir de Mozart, da liberdade e as liñas melódicas longas ao inspirarse en Chopin, e «en canto a Schumann, [aprendeu] as repentinas felicidades nas que as súas seccións de desenvolvemento abundan, e aquelas codas nas que os movementos enteiros se iluminan de xeito parcialmente máxico».[112] A súa obra baseouse na comprensión profunda das estruturas harmónicas que obtivo na École Niedermeyer do sucesor de Niedermeyer, Gustave Lefèvre.[5] Lefèvre escribiu o libro Traité d'harmonie (París, 1889), onde establece unha teoría harmónica que difire significativamente da teoría clásica de Jean-Philippe Rameau, onde xa non prohibe certos acordes como «disonantes».[k] A través do emprego de leves disonancias sen resolver e efectos coloristas, anticipouse ás técnicas empregadas por compositores impresionistas.[113]

En contraste co seu estilo harmónico e melódico, o cal ía máis aló do estándar na súa época, os motivos rítmicos de Fauré tendían a ser sutís e repetitivos, con pouco para romper o fluxo da liña, aínda que empregou síncopes discretos, similares aos que aparecen nas obras de Brahms.[5] Copland referíase a el como «o Brahms de Francia».[1] Jerry Dubins postulou en Fanfare Magazine en 2007 que Fauré é o «enlace perdido» entre Brahms e Debussy.[l] Para Sackville-West e Shawe-Taylor, as últimas composicións de Fauré non amosan o sinxelo encanto da súa música orixinal: «A exquisita harmonía romántica que sempre estivo apoiada firmemente por unha soa tonalidade, deu lugar logo a un estilo severamente monocromo, cheo de cambios enharmónicos, o cal creou a impresión de varios centros tonais empregados de xeito simultáneo».[115]

En tanto, para Teófilo Sanz Hernández, a estética musical de Fauré conserva un estilo alemán e italiano, posto que as súas composición máis temperás conteñen influencias de Franz Schubert.[116] Así mesmo, explica o detalle da súa preocupación polas súas composicións en canto que frecuentemente contiñan temáticas poéticas ligadas ao propio Romanticismo alemán, destacando «as colores, os perfumes e os sons».[116] Co paso do tempo, o seu estilo musical volveuse extremadamente refinado, tratando de concibir unha arte músico-poética. Este cambio distinguiuno do seu pupilo, Maurice Ravel: «Este novo xeito caracterízase claramente pola importancia que a partir dese momento adquire o elemento harmónico na linguaxe musical».[117] Cada unha das súas melodías reviven un estilo wagneriano en si,[118] reflectindo en cada obra un tema do oculto e un mundo sombrío. Cara a unha etapa máis tardía, tanto as obras vocais como as soamente musicais, estiveron inspiradas na poesía como un «figuralismo interpretativo»[119] mais á vez contraditorio, tomando como lugar «resolucións pouco habituais».[119] Cara a unha etapa máis madura, entre 1906 e 1910, crese que Fauré adoptou un estilo musical «místico», baseado nun universo persoal case máxico,[120] empregando alteracións de xeito que a música comunicase sentimentos. Sanz argumenta que a arte melódica de Fauré é un misterio ao considerar as súas melodías como sedutoras e audaces, así como apaixonantes, conseguindo «fundir a poesía e a partitura en algo inmaterial».[121]

Música vocal

[editar | editar a fonte]

Fauré está considerado como un dos mestres da música culta francesa coñecida como mélodie.[5] Dende a perspectiva de Copland, as súas primeiras composicións fíxoas baixo a influencia de Gounod e, coa excepción dalgunhas cancións como «Après un rêve» ou «Au bord de l'eau», amosaban un pequeno indicio do artista que aparecería despois na figura de Fauré. Engadía que, na súa opinión, a partir do segundo volume cunha recompilación de sesenta cancións podía encontrarse o primeiro exemplo do «verdadeiro Fauré». Puña como exemplo «Les berceaux», «Les roses d'Ispahan» e, en especial, «Clair de lune», das que dicía eran «fermosas, tan perfectas que chegaron ata América», para centrarse logo noutras melodías menos coñecidas como «Le secret», «Nocturne» e «Les présents».[1] Fauré tamén compuxo algúns ciclos de cancións. O propio compositor describiu Cinq mélodies «de Venise», Op. 58 como unha nova especie de suite en canto ao emprego de temas musicais recorrentes ao longo do ciclo. Para o ciclo posterior La bonne chanson, Op. 61 empregáronse cinco temas como os anteriormente citados, segundo Fauré.[122] O músico mencionou tamén que La bonne chanson era a súa composición máis espontánea; Emma Bardac cantáballe de novo cada día material recentemente composto por el.[62]

O Réquiem, Op. 48 non se compuxo á memoria dalgunha persoa en particular, senón «polo pracer de facelo». Interpretouse por primeira vez en 1888. Foi descrito como «cantiga de berce enfocada na morte» debido ao seu ton predominantemente apracible.[123] Fauré omitiu o Dies irae, aínda que na parte Libera me, do mesmo Réquiem, faise referencia ao día do Xuízo Final. Na súa obra, do mesmo xeito que Verdi, Fauré engadiu o Libera me ao texto litúrxico estándar.[124] O músico revisou o Réquiem co paso dos anos, e dende aquela interpretáronse diferentes versións que van dende as iniciais, empregadas para efectivos pequenos, ata a última revisión con orquestra completa.[125]

As óperas de Fauré non encontraron un sitio no repertorio habitual. Copland considerou que Pénélope era unha obra fascinante e unha das mellores óperas escritas dende a época de Wagner. Con todo, percibiu que a música é a grandes trazos «distintivamente non teatral».[1] Este material en particular emprega leitmotivs e os dous papeis principais requiren voces que posúan calidade heroica, aínda que estas son as únicas características nas que Pénélope é wagneriana. Nas últimas obras de Fauré, «estírase a tonalidade con forza, sen romperse».[126] Nas raras ocasións nas que se representou a peza, as opinións críticas en xeral gabaron a calidade da partitura, mais difiren en canto á efectividade dramática da obra. Cando se presentou a ópera por primeira vez en Londres en 1970, nunha produción da Royal Academy of Music, Peter Heyworth escribiu, «unha partitura que ofrece grandes recompensas para un oído atento pode, con todo, non contribuír a desconxelar o teatro ... A maioría da música ten tamén que ser teatralmente efectiva».[127] Con todo, logo da produción de 2006 no Wexford Festival, Ian Fox escribiu, «Penélope de Fauré é unha verdadeira rareza, e, a pesar de que anticipou unha música deliciosa, é unha sorpresa o seguro que estaba o compositor co seu toque teatral».[128]

Obras para piano

[editar | editar a fonte]
Fauré ao piano.

Os grandes conxuntos de obras para piano de Fauré consisten en trece nocturnos, trece barcarolas, seis impromptus e catro valses-caprichos. Compuxo este conxunto de obras ao longo da súa carreira musical e mostran o cambio no seu estilo dende unha tranquila xuventude sen complicacións ata un final enigmático, mesmo ás veces de fera introspección, a través dun período turbulento nos seus anos medios.[1] As súas outras obras para piano destacadas, incluíndo obras curtas ou coleccións compostas ou publicadas como un conxunto foron Romances sans paroles, Balada en fa♯ maior, Mazurca en si♭ maior, Thème et variations en dó♯ maior e Huit pièces brèves. Para piano a catro mans, Fauré compuxo a suite Dolly entre 1894 e 1897 e adicoulla a Hélène, filla de Emma Bardac,[5] e xunto co seu amigo e posterior alumno André Messager, unha exuberante parodia de Wagner na suite curta Souvenirs de Bayreuth.[129]

As súas obras para piano polo xeral empregan figuras arpexiadas, coa melodía intercalada entre as dúas mans, e inclúen substitucións de dedos naturais para organistas. Estes aspectos fixéronas moi complexas para algúns pianistas e mesmo un virtuoso como Liszt considerou que era difícil interpretar a música para piano creada por Fauré.[130] As primeiras obras para piano están claramente inspiradas en Frédéric Chopin.[131] Unha influencia aínda maior foi Robert Schumann, xa que a Fauré lle gustaba a súa música para piano máis que ningunha outra.[132] Segundo a opinión de Copland, co sexto nocturno, Fauré desviouse da sombra de calquera outro predecesor.[1] O pianista Alfred Cortot considerou: «Hai só unhas poucas páxinas en toda a música comparables a esas».[1] O crítico Bryce Morrison afirmou que os pianistas optaban con frecuencia por tocar as obras temperás para piano, como o Impromptu n.º 2, no canto de interpretar as últimas que expresan «tal paixón e soidade escondidas, así como tal alternancia entre a ira e a resignación, que os oíntes se senten inquedos».[133] Nas súas obras para piano, Fauré rexeitou o virtuosismo con tal de incorporar a lucidez clásica das composicións francesas.[113] A Fauré non lle impresionaba en absoluto a exhibición pianística, e observou ao respecto dos virtuosos do teclado que «canto máis célebres son, peor tocan as miñas obras».[134]

Música de cámara e orquestral

[editar | editar a fonte]

A orquestra non interesou moito a Fauré, posto que frecuentemente invitaba algúns dos seus antigos alumnos, como Jean Roger-Ducasse ou Charles Koechlin, a orquestrar os seus concertos e obras teatrais. O seu estilo orquestral en xeral reflicte unha actitude estética definida.[135] Non se sentía atraído pola combinación rechamante de timbres, que cría que eran moi frecuentemente unha fórmula de autoindulxencia e un disfrace para a falta de ideas.[5] En palabras de Nectoux: «A idea de timbre non foi un determinante no pensamento musical de Fauré».[135] As súas mellores obras orquestrais son as suites Masques et bergamasques —baseadas en música para entretemento teatral ou divertissement comique—, e a música incidental para Pelléas et Mélisande.

En canto ao seu repertorio musical de cámara, os seus dous cuartetos con piano, particularmente o primeiro, encóntranse entre as obras deste xénero máis coñecidas de Fauré.[136] As súas outras obras de cámara inclúen dous quintetos con piano, dúas sonatas para violonchelo, dúas sonatas para violín, un trío con piano e un cuarteto de corda. Copland —que escribiu en 1924, antes de que o cuarteto de corda fose terminado— cualificou o segundo quinteto como a obra mestra de Fauré: «[...] unha fonte pura de espiritualidade [...] moi clásica, o máis afastada posible do temperamento romántico».[1] Outros críticos adoptaron unha perspectiva menos favorable: «O incesante fluxo e o restrinxido esquema de cor do último estilo de Fauré, como se exemplifica neste quinteto, require un manexo coidadoso para non volverse tedioso».[136] A última obra de Fauré, o Cuarteto de corda, describiuse como unha meditación íntima sobre as últimas cousas,[137] e unha «obra extraordinaria segundo calquera estándar, etéreo e espiritual, con temas que parecen constantemente estar dirixidos ao ceo».[138]

Gravacións

[editar | editar a fonte]
Gabriel Fauré (c. 1889) retratado por John Singer Sargent. Cité de la musique.

Fauré realizou rolos de piano da súa propia música para distintas compañías entre 1905 e 1913.[m] Na década de 1920, graváronse algunhas das cancións máis populares de Fauré, entre as que destacan «Après un rêve» cantada por Olga Haley,[140] e «Automne» e «Clair de lune» interpretadas por Ninon Vallin.[141] En 1930, artistas de renome, tales como Georges Thill —«En prière»—[142] e Jacques Thibaud e Alfred Cortot —«Sonata de Violín n.º 1» e «Berceuse»—,[143] gravaron pezas de Fauré. Algunhas das orquestracións musicais para Pelléas et Mélisande graváronse en 1938.[144]

Contra a década de 1940, houbo unha maior cantidade de obras de Fauré nos catálogos musicais. Un estudo realizado en decembro de 1945 por John Culshaw, listou gravacións de obras para piano interpretadas por Kathleen Long (incluíndo o Nocturno n.º 6, a Barcarola n.º 2, o Thème et Variations, Op. 73, e a Balada Op. 19 na súa versión orquestral dirixida por Boyd Neel), o Réquiem dirixido por Ernest Bourmauck, e sete cancións interpretadas por Maggie Teyte.[145] A música de Fauré comezou a aparecer con máis frecuencia nas publicacións das compañías discográficas contra a década de 1950. The Record Guide, en 1955, listou o Cuarteto con piano n.º 1, o Quinteto con piano n.º 2, o Cuarteto de corda, ambas as Sonatas de violín, a Sonata para violonchelo n.º 2, dúas novas gravacións do Réquiem e o ciclo completo de cancións para La bonne chanson e La chanson d'Ève.[146]

Na época dos LP, e en particular, do CD, as compañías discográficas forxaron un catálogo substancial da música de Fauré, interpretada por músicos franceses e estranxeiros. Algunhas das súas obras orquestrais máis importantes foron gravadas baixo a dirección de Michel Plasson[147] (1981) e Yan Pascal Tortelier (1996).[148] As principais obras de cámara do compositor foron interpretadas por Ysaÿe Quartet, Domus, Paul Tortelier, Arthur Grumiaux e Joshua Bell, entre outros.[149] Á súa vez as obras de piano teñen sido gravadas por Kathryn Stott (1995),[150] e Paul Crossley (1984-85),[151] con conxuntos importantes das principais obras para piano de Jean-Philippe Collard (1982-84),[152] Pascal Rogé (1990)[153] e Kun-Woo Paik (2002).[154] As cancións de Fauré foron gravadas para CD, incluíndo unha colección completa (2005), dirixida polo acompañante Graham Johnson, cos solistas Jean-Paul Fouchécourt, Felicity Lott, John Mark Ainsley e Jennifer Smith, xunto a outros.[155] O Réquiem e as obras corais máis curtas tamén foron ben representadas en formato de disco compacto.[156] Pénélope foi gravada en dúas ocasións, co elenco encabezado por Régine Crespin en 1956, e Jessye Norman en 1981, dirixido por Désiré-Émile Inghelbrecht e Charles Dutoit, respectivamente.[157] Prométhée é das poucas obras que non foron gravadas na súa totalidade, mais a maioría dos extractos graváronse baixo a dirección de Roger Norrington (1980).[158]

Crítica moderna

[editar | editar a fonte]

Nun artigo sobre Fauré publicado en 2001 no Baker's Biographical Dictionary of Musicians, detállase o seguinte:

O valor de Fauré como compositor non diminuíu co paso do tempo. Desenvolveu un completo idioma musical propio; con sutil e delicada aplicación de vellos métodos, evocou a aura da arte fresca e eterna; co irresoluto emprego de disonancias leves e efectos coloristas especiais, anticipouse aos procedementos do Impresionismo; nas súas obras para piano, evitaba o virtuosismo en favor da lucidez clásica dos mestres franceses do clavicémbalo; a liña melódica dos seus temas, articulada con precisión, encóntrase entre a tradición máis fina da música vocal francesa. O seu gran Réquiem e a súa Élégie para violonchelo e piano entraron no repertorio xeral.[113]

O biógrafo de Fauré, Nectoux, escribe no Grove Dictionary of Music and Musicians que Fauré é amplamente considerado como o máis grande mestre da canción francesa e cataloga as súas cancións e as súas obras de cámara como «as contribucións máis descomunais de Fauré á música».[5] O crítico Robert Orledge escribiu tamén: «A súa xenialidade foi a síntese: reconciliou elementos opostos tales como modalidade e tonalidade, angustia e severidade, sedución e forza dentro dun estilo non ecléctico, tal e como sucede na suite de Pelléas et Mélisande, a súa obra mestra sinfónica. A calidade de constante renovación dentro do seu aparente rango limitado [...] é unha faceta extraordinaria da súa xenialidade e reserva, ese estilo elíptico do seu único Cuarteto de corda suxire que o seu intenso estilo de autodisciplina aínda estaba desenvolvéndose no momento da súa morte».[159]

  1. Algunhas das primeiras fontes como Copland argumentan que Fauré naceu o 13 de maio;[1] con todo, no rexistro civil desa data lese «naceu onte» e autores como Nectoux, Jones e Baker marcan, polo tanto, o 12 de maio como a súa data de nacemento.[2][3][4]
  2. As fontes difiren sobre o cargo de Dufaur de Saubiac na Asemblea. Jones identifícao como «o axudante dun parlamentario para o département,[3] como fai Johnson;[10] Orledge identifícao de xeito similar como «membro da Asemblea por Ariège»;[11] Nectoux descríbeo como «un alto funcionario da Cámara de Deputados (ou Palais législatif, como era coñecido no Segundo Imperio»;[7] Duchen non menciona a Asemblea, referíndose a Dufaur de Saubiac como «un home da localidade que traballaba como arquiveiro en París».[12]
  3. Un escritor describiu posteriormente «unha foto de Fauré como un neno vestido co uniforme da escola e lucindo non moi diferente a Arthur Sullivan como un dos infantes da Capela Real».[15]
  4. A Fauré gustábanlle algunhas óperas de Wagner máis que outras. Gustábanlle Die Meistersinger, Parsifal e o Anel, era indiferente con Tannhäuser e Lohengrin e detestaba Tristan und Isolde. Duchen especula con que «o exceso – no sentimento e na duración» da última era fundamentalmente contrario ás sensibilidades estéticas de Fauré.[46]
  5. Algunhas fontes poñen un acento agudo no primeiro 'e' do apelido, aínda que as cartas de Marie Fremiet non mostran que ela o puxese no seu nome. Nectoux e Jones escriben o seu apelido sen acento.
  6. Alfredo Casella, un dos seus alumnos, escribiu que Fauré tiña «os grandes, lánguidos e sensuais ollos dun impenitente Casanova». Rumoreouse nos círculos musicais parisienses que algúns dos máis talentosos alumnos de Fauré puideran ser os seus fillos ilexítimos. Os rumores nunca foron confirmados.[48]
  7. No Reino Unido, a primeira peza de Dolly Suite, «Berceuse», converteuse na peza máis coñecida de Fauré para varias xeracións de nenos; foi empregada como música de peche do programa de radio de BBC Home Service Listen with Mother, que estivo en antena desde 1950 a 1982.
  8. A estrea en París en 1907 levouse a cabo no Hippodrome, aínda que a acústica era tan mala que a segunda interpretación se realizou na Ópera. A orquestración de 1917 realizouna Roger-Ducasse, a petición de Fauré.[77]
  9. Fauré e Messager estaban preocupados porque o seu vello amigo estivera en perigo de facer o ridículo co seu exceso de patriotismo,[93] e tamén a súa crecente tendencia a rexeitar as obras de compositores novos emerxentes, como na súa condena da obra de Debussy En blanc et noir: «Debemos a toda costa pechar a porta do Institut contra un home capaz de tales atrocidades; eles deberían poñerse ao carón das pinturas cubistas».[94]
  10. O desagrado de Francis Poulenc pola música de Fauré foi unha excepción entre Les Six. Nectoux comenta que isto parecía estraño porque de todos os membros de Les Six, Poulenc «é o máis próximo a Fauré na límpida claridade e calidade de canto da súa propia escritura, no seu encanto».[98]
  11. En particular, os acordes de sétima e novena xa non se consideraban disonantes e a mediante podía alterarse sen que iso implicase mudar de modo (de menor a maior ou viceversa).[5]
  12. «O cuarteto habita un mundo illado que ronda entre o desexo non correspondido de Brahms nas melodías e as harmonías convertidas en modais, e as ensoñacións autoeróticas de Debussy nos novenos acordes e as escalas alteradas».[114]
  13. Os rolos dos «Romance sans paroles» n.º 3, Barcarola n.º 1, Preludio n.º 3, Pavana, Nocturno n.º 3, Sicilienne, Thème et variations e Valses-caprices n.º 1, 3 e 4 sobreviven, e moitos rolos foron gravados en múltiples ocasións en discos compactos.[139]
Referencias
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Copland, Aaron (outubro de 1924). "Gabriel Fauré, a Neglected Master". The Musical Quarterly (en inglés). Oxford University Press. pp. 573–586. 
  2. 2,0 2,1 Nectoux 1991, p. 3.
  3. 3,0 3,1 3,2 Jones 1989, p. 15.
  4. 4,0 4,1 Duchen 2000, p. 12.
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 5,14 5,15 5,16 5,17 5,18 5,19 5,20 5,21 5,22 Nectoux, Jean-Michel. "Fauré, Gabriel (Urbain)". Grove Online (en inglés). Oxford Music Online. Consultado o 19 de abril de 2018. 
  6. 6,0 6,1 Duchen 2000, p. 13.
  7. 7,0 7,1 7,2 Nectoux 1991, p. 4.
  8. Duchen 2000, p. 2.
  9. Fauré en 1924, citado en (Duchen 2000, p. 14)
  10. Johnson & Stokes 2009, p. 27.
  11. Orledge 1979, pp. 5-6.
  12. Duchen 2000, p. 15.
  13. Nectoux 1991, p. 5.
  14. Nectoux 1991, p. 6.
  15. Henderson, A. M. (setembro de 1937). "Memories of Some Distinguished French Organists – Fauré". The Musical Times (en inglés). pp. 817–19. 
  16. Jones 1989, p. 16.
  17. Fauré en 1922, citado en (Nectoux 1984, pp. 1-2)
  18. Nectoux 1984, p. 2.
  19. Nectoux 1991, p. 502.
  20. Jones 1989, p. 20.
  21. Nectoux 1991, p. 12.
  22. Nectoux 1991, p. 508.
  23. Nectoux 1991, p. 15.
  24. 24,0 24,1 Jones 1989, p. 21.
  25. Duchen 2000, p. 28.
  26. Nectoux 1991, p. 503.
  27. 27,0 27,1 27,2 Duchen 2000, p. 31.
  28. 28,0 28,1 Jones 1989, p. 27.
  29. 29,0 29,1 Duchen 2000, p. 32.
  30. Nectoux 1991, p. 18.
  31. Vallas 1951, p. 135.
  32. 32,0 32,1 32,2 Jones 1989, p. 28.
  33. Jones 1989, p. 29.
  34. Véxase, por exemplo, Henderson, A. M. (setembro de 1937). "Memories of Some Distinguished French Organists – Fauré". The Musical Times (en inglés). pp. 817–819. (require subscrición (?)).  e Orrey, Leslie (maio de 1945). "Gabriel Fauré, 1845–1924". The Musical Times. pp. 137–139. (require subscrición (?)). 
  35. (Nectoux 1991, p. 41)
  36. Henderson, A. M. (setembro de 1937). "Memories of Some Distinguished French Organists – Fauré". The Musical Times (en inglés). pp. 817–819. (require subscrición (?)). 
  37. Nectoux 1991, p. 41.
  38. Duchen 2000, p. 17.
  39. 39,0 39,1 Nectoux 1991, p. 23.
  40. 40,0 40,1 40,2 40,3 Jones 1989, p. 33.
  41. Nectoux 1991, p. 24.
  42. 42,0 42,1 Jones 1989, p. 50.
  43. Jones 1989.
  44. Wagstaff, John; Lamb, Andrew. "Messager, André". Grove Music Online (en inglés). Oxford Music Online. Consultado o 21 de abril de 2018. (require subscrición (?)). 
  45. 45,0 45,1 Nectoux 1991, p. 39.
  46. Duchen 2000, p. 58.
  47. 47,0 47,1 Jones 1989, p. 52.
  48. Duchen 2000, p. 63.
  49. 49,0 49,1 Nectoux 1991, p. 181.
  50. 50,0 50,1 50,2 "Fauré, Gabriel (Urbain) (12 May 1845, Pamiers - 4 Nov. 1924, Paris)". The Harvard Biographical Dictionary of Music (en inglés). CREDO Reference. Consultado o 14 de maio de 201o. (require subscrición (?)). 
  51. Orledge 1979, pp. 16-17.
  52. Nectoux 1991, pp. 282-285.
  53. Duchen 2000, p. 66.
  54. Willmer, E. N. (novembro de 1972). "Emmanuel Fauré-Fremiet, 1883–1971". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society, Vol. 18 (en inglés). pp. 187–221. Consultado o 14 de maio de 2018. (require subscrición (?)). 
  55. "Philippe Fauré-Fremiet". WorldCat (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2018. 
  56. Nectoux 1991, p. 26.
  57. Oliver 1991, pp. 215-217.
  58. Duchen 2000, p. 80.
  59. Jones 1989, p. 31.
  60. Duchen 2000, pp. 95-97.
  61. Orledge 1979, p. 14.
  62. 62,0 62,1 62,2 62,3 Orledge 1979, p. 15.
  63. Duchen 2000, pp. 98-99.
  64. 64,0 64,1 Duchen 2000, p. 105.
  65. Johnson & Stokes 2009, p. 253.
  66. Jones 1989, p. 68.
  67. Nectoux 1991, p. 185.
  68. Duchen 2000, p. 108.
  69. Nectoux 1991, p. 224.
  70. Jones 1989, p. 65.
  71. Jones 1989, p. 78.
  72. Nectoux 1984, pp. 224-25.
  73. Nectoux 1991, p. 246.
  74. Nectoux 1991, p. 307.
  75. Nichols 1987, p. 103.
  76. Copland, citando a Henri Prunières.
  77. Nectoux 1991, p. 370.
  78. Orledge 1979, p. 21.
  79. Nectoux 1991, p. 267.
  80. Woldu, Gail Hilson (1984). "Gabriel Fauré, directeur du Conservatoire: les réformes de 1905". Revue de Musicologie, T. 70e, No. 2e (en francés). Société Française de Musicologie. pp. 199–228. doi:10.2307/928428. (require subscrición (?)). 
  81. 81,0 81,1 Nectoux 1991, p. 269.
  82. 82,0 82,1 Nectoux 1991, p. 270.
  83. 83,0 83,1 Jones 1989, p. 133.
  84. 84,0 84,1 84,2 Landormy, Paul; Herter, M. D. (xullo de 1931). "Gabriel Fauré (1845–1924)". The Musical Quarterly (en inglés). Oxford University Press. pp. 293–301. (require subscrición (?)). 
  85. Nectoux 1991, p. 278.
  86. Nectoux 1991, p. 283.
  87. Moore 1987, p. 547.
  88. Anderson 1993, p. 156.
  89. Anderson, Robert (febreiro de 1985). "Review: Insights". The Musical Times (en inglés). pp. 93–94. doi:10.2307/963471. (require subscrición (?)). 
  90. Jones 1989, p. 10.
  91. Jones 1989, p. 124-125.
  92. Jones 1989, p. 160-161.
  93. Jones 1989, p. 162-165.
  94. Nectoux 1984, p. 108.
  95. Caballero, Carlo (verán de 1992). "Review: Gabriel Fauré: A Musical Life". 19th-Century Music, Vol. 16, No. 1 (en inglés). University of California Press. pp. 85–92. doi:10.2307/746624. (require subscrición (?)). 
  96. Nectoux 1991, p. 277.
  97. 97,0 97,1 Nectoux 1991, p. 449.
  98. Nectoux 1991, p. 434.
  99. Nectoux 1991, p. 492.
  100. Jones 1989, p. 202.
  101. Perreau 2000, p. 3.
  102. Jones 1989, p. 192.
  103. Nectoux 1991, p. 292.
  104. Duchen 2000, p. 212.
  105. 105,0 105,1 Nectoux 1991, p. 469.
  106. Nichols, Roger. "Henri Rabaud" (en inglés). BBC Music. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2013. Consultado o 18 de maio de 2010. 
  107. Orrey, Leslie (maio de 1945). "Gabriel Fauré, 1845–1924". The Musical Times (en inglés). pp. 137–39. (require subscrición (?)). 
  108. Orledge 1979, p. 59.
  109. Nectoux 1991, p. 48.
  110. 110,0 110,1 Nectoux 1991, p. 401.
  111. Duchen 2000, p. 6.
  112. Sackville-West 1955, pp. 263-264.
  113. 113,0 113,1 113,2 Slonimsky, Nicholas (2001). Fauré, Gabriel (-Urbain). Baker's Biographical Dictionary of Musicians (en inglés) (Nova York: Schirmer Reference). (require subscrición (?)). 
  114. Fanfare Magazine, 1 de maio de 2007
  115. Sackville-West 1955, p. 264.
  116. 116,0 116,1 Sanz Hernández, Teófilo; Los poetas de Fauré, p. 446. Editado e publicado polo IV Coloquio da Asociación de Profesores de Francés da Universidade Española.
  117. "Les Mélodies de Gabriel Fauré", texto de Maurice Ravel integrado ao apéndice da obra de Marnat, na pp. 703, 1986.
  118. Sanz Hernández, Teófilo; Los poetas de Fauré, p. 449.
  119. 119,0 119,1 Sanz Hernández, Teófilo; Los poetas de Fauré, p. 450.
  120. Sanz Hernández, Teófilo; Los poetas de Fauré, p. 451.
  121. Sanz Hernández, Teófilo; Los poetas de Fauré, p. 452.
  122. Orledge 1979, pp. 78-81.
  123. Payne, Anthony (4 de abril de 1997). "Sweet lullaby of death". The Independent (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2018. 
  124. Rosen 1995, pp. 60-74.
  125. Orledge, Robert (maio de 1980). Fauré Revised. The Musical Times (en inglés). p. 327. doi:10.2307/963753. (require subscrición (?)). 
  126. 1997 & Murray, p. 120.
  127. Heyworth, Peter (29 de novembro de 1970). "Neglected Penelope". The Observer (en inglés): 78. 
  128. Fox, Ian (2006). "Opera in Review". Opera Canada (en inglés): 45–47. 
  129. Duchen 2000, p. 222-224.
  130. Jones 1989, p. 51.
  131. Nectoux 1991, p. 49.
  132. Nectoux 1991, p. 43.
  133. Morrison, Bryce (1995). Notas para «Gabriel Fauré – The Complete Music for Piano», Hyperion Records, número de catálogo CDA66911/4
  134. Nectoux 1991, p. 379.
  135. 135,0 135,1 Nectoux 1991, p. 259.
  136. 136,0 136,1 Sackville-West 1955, p. 265.
  137. Nichols, Roger (agosto de 2000). "Fauré and Ravel". Gramophone (en inglés): 69. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2011. Consultado o 22 de maio de 2018. 
  138. Cowan, Rob. (decembro de 2008). "Debussy, Fauré, Ravel". Gramophone (en inglés): 97. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2011. Consultado o 22 de maio de 2018. 
  139. Nectoux 1991, p. 45.
  140. The Gramophone, abril de 1925, p. 63.
  141. The Gramophone, novembro de 1929, p. 19.
  142. The Gramophone, decembro de 1937, p. 18
  143. The Gramophone, xullo de 1932, p. 11 e decembro de 1932, p. 19.
  144. The Gramophone, xullo de 1938, p. 24.
  145. The Gramophone, decembro de 1945, p. 15.
  146. Sackville-West 1955, p. 265-268.
  147. EMI Records, número de catálogo 5 86564-2
  148. Chandos Records, número de catálogo Chan 9412
  149. March 2007, p. 450-53.
  150. Hyperion Records, número de catálogo DA 66911/4
  151. CRD Records, número de catálogo 5006
  152. EMI Records, número de catálogo 5 85261-2
  153. Decca Records, número de catálogo 425 606-40
  154. Decca Records, número de catálogo 470 246-2
  155. Hyperion Records, números de catálogo CDA67333-CDA67336
  156. March 2007, p. 455-56.
  157. Discoreale Records, número de catálogo DR 10012-4; e Erato Records, número de catálogo STU71386
  158. Aristocrat Records, número de catálogo 7466 lE5531
  159. Orledge, Robert. Fauré, Gabriel (Urbain). The Oxford Companion to Music (en inglés) (Oxford Music Online). (require subscrición (?)). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]