Fuga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Fuga é unha forma de construción musical, cun procedemento de creación e estrutura moi determinados. A súa composición consiste no uso da polifonía vertebrada polo contrapunto entre varias voces ou liñas instrumentais de igual importancia baseado na imitación ou reiteración de melodías en diferentes tonalidades e no desenvolvemento estruturado dos temas expostos. Cando esta técnica se usa como parte dunha peza maior, dise que é unha sección fugada ou un fugato. Unha fuga pequena recibe a denominación de fughetta.

O significado do nome "Fuga" na Idade Media era unha obra xeral canónica, e non se ía coñecer a Fuga no sentido moderno ata o século XVII.