Órgano (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Órgano de estilo barroco.

Un órgano é un instrumento musical de teclado. Os sons xéranse facendo pasar aire por tubos de diferentes lonxitudes (dende poucos milímetros até varios metros).

Características[editar | editar a fonte]

Clasifícase como instrumento de vento ou aerófono na categoría instrumentos de teclado e tamén dentro da subcategoría aire insuflado, xunto ao acordeón e ao harmonio.

Consta de diferentes rexistros ou sons, cuxo timbre dependerá da forma, tamaño, material ou mecanismo de produción do son. Manéxase mediante un ou máis teclados para tocar coas mans, e outro consistente nuns pedais na parte inferior. Os distintos rexistros acciónanse mediante unhas pancas ou botóns ao alcance da man de quen toca o instrumento.

No pasado, o aire fornecíase por medio duns fols movidos a man. Actualmente, tamén se fornece mediante compresores. O órgano tócase con mans e pés, o cal fai recomendábel o estudo doutros instrumentos de teclado para poder pasar ao seu estudo como instrumento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]