Paul Tortelier
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de marzo de 1914 París |
| Morte | 18 de decembro de 1990 Chaussy |
| Educación | Conservatorio de París |
| Actividade | |
| Ocupación | compositor, profesor universitario, director de orquestra, profesor de música, violoncellista, músico |
| Empregador | Conservatorio de París |
| Xénero artístico | Música clásica |
| Movemento | Música clásica |
| Profesores | Louis Feuillard (en) |
| Alumnos | Jacqueline du Pré, Anne Gastinel e Philippe Muller |
| Representante | Jeunesses Musicales Canada (en) |
| Instrumento | Violoncello |
| Familia | |
| Fillos | Yan Pascal Tortelier, Maria de la Pau Tortelier |
| Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC |
Paul Tortelier, nado o 21 de marzo de 1914 e finado o 18 de decembro de 1990, foi un compositor e violoncellista francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tortelier naceu en París. Seus pais animárono na aprendizaxe do violoncello, e aos 12 anos entrou no Conservatorio de París. Gañou o primeiro premio de violoncello no Conservatorio cando tiña 16 anos, e comezou a dar clases de harmonía con Jean Gallon.
En 1935, entrou na Orquestra Filharmónica de Monte Carlo, na que estivo ata 1937. Deu concertos baixo a batuta de Bruno Walter e Arturo Toscanini, e tocou tamén a parte de solista en Don Quixote de Richard Strauss. Esta obra asociouse dende aquela a Tortelier, quen a tocou en numerosos concertos e a gravou.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- cellist.nl: Biografía de Tortelier Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- cello.org: Biografía de Tortelier
- CD May Music Save Peace Arquivado 29 de marzo de 2019 en Wayback Machine.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |