Parsifal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Parsifal
Cartel da estrea en 1882.
FormaBühnenweihfestspiel ou festival sacro para a escena
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaRichard Wagner
Fontes literariasOs poemas Parsifal e Titurel de Wolfram von Eschenbach
Estrea26 de xullo de 1882
Teatro da estreaFestspielhaus
Lugar da estreaBayreuth
Duración4 horas 30 minutos
Música
CompositorRichard Wagner
Personaxes

Amfortas (barítono baixo)
Titurel (baixo)
Gurnemanz (baixo)
Kligsor (baixo)
Dous cabaleiros (tenor e baixo)
Seis doncellas-flores (sopranos)
Parsifal (tenor heroico)
Kundry (mezzosoprano ou soprano dramática)
Catro paxes (2 tenores e 2 sopranos)[1]

Parsifal é unha ópera en tres actos con música de libreto en alemán de Richard Wagner. O propio compositor a cualificou de «Festival Escénico Sacro». Esta ópera está baseada no poema épico medieval (do século XIII) Parzival de Wolfram von Eschenbach, sobre a vida deste cabaleiro da corte do Rei Artur e a súa procura do Santo Graal. Wagner concibiu a obra en abril de 1857 mais só a completou 25 anos despois, estreándose en Bayreuth o 26 de xullo de 1882 (á estrea asistiron, entre outros, Vincent d'Indy e Ernest Chausson).

Wagner outorgoulle ao Festival de Bayreuth o monopolio absoluto das representacións de Parsifal durante os 30 anos posteriores á súa morte (ata 1913, incluído). Con todo, en 1903 o Metropolitan Opera de Nova York saltouse esta restrición e representou a ópera. En 1914 comezaron as representacións "legais" fóra de Bayereuth: o 1 de xaneiro programouse en numerosos teatros. O primeiro teatro en representala foi o Gran Teatre del Liceu de Barcelona, que comezou a representación ás 22 horas do día 31 de decembro de 1913, co permiso da familia Wagner, xa que, a consecuencia da diferenza horaria, esta hora correspondía coa media noite en Bayreuth.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Intérpretes na estrea
26 de xullo de 1882
(Director: Hermann Levi)
Intérpretes na estrea no Met
24 de decembro de 1903
(Director: Alfred Hertz)
Parsifal tenor Hermann Winkelmann Alois Burgstaller
Kundry soprano
ou mezzosoprano
Amalie Materna Milka Ternina
Gurnemanz, un veterán Cabaleiro do Graal baixo Emil Scaria Robert Blass
Amfortas, gobernador do reino do Graal barítono Theodor Reichmann Anton van Rooy
Klingsor, un mago baixo-barítono Karl Hill Otto Goritz
Titurel, pai de Amfortas baixo August Kindermann Marcel Journet
Dous cabaleiros do Graal tenor,
baixo
Anton Fuchs
Eugen Stumpf
Julius Bayer
Adolph Mühlmann
Catro cabaleiros soprano,
alto,
2 tenores
Hermine Galfy
Mathilde Keil
Max Mikorey
Adolf von Hübbenet
Katherine Moran
Paula Braendle
Albert Reiss
Willy Harden
Seis doncellas das flores 3 sopranos,
3 contraltos
o 6 sopranos
Pauline Horson
Johanna Meta
Carrie Pringle
Johanna André
Hermine Galfy
Luise Belce
Isabelle Bouton
Ernesta Delsarta
Miss Förnsen
Elsa Harris
Lillian Heidelbach
Marcia Van Dresser
Voz desde o Alto, Eine Stimme contralto Sophie Dompierre Louise Homer
Cabaleiros do Graal, rapaces, doncellas de flores

Instrumentación[editar | editar a fonte]

A partitura de Wagner require a utilización de:

En escena:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en castelán) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 343. ISBN 84-206-0284-1. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.