Giacomo Casanova
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (it) Giacomo Girolamo Casanova 2 de abril de 1725 Venecia |
| Morte | 4 de xuño de 1798 Duchcov |
| Lugar de sepultura | Duchcov |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Padua - In utroque iure (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Escrita creativa e profesional e diplomacia |
| Ocupación | tradutor, diplomático, escritor, aventureiro, autobiógrafo, novelista, bibliotecario, banqueiro, poeta, violinista |
| Instrumento | Violín |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Leonilda Castelli, Cesarino Lanti |
| Pais | Gaetano Casanova |
| Irmáns | Francesco Casanova Giovanni Battista Casanova |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética xeorxiana, (vol:5, p.316) The Nuttall Encyclopædia >>>:Casanova de Seingalt Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich, (vol:2, p.297) |
Giacomo Girolamo Casanova, cabaleiro de Sengalt (título nobiliario que el mesmo se concedeu), nado en Venecia o 2 de abril de 1725 e finado o 4 de xuño de 1798 en Dukhtsov, na actual República Checa, foi un aventureiro, viaxeiro e escritor italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu nome ficou asociado coas súas numerosas aventuras amorosas, que fixeron del un símbolo de conquistador. A súa fama como escritor baséase no seu voluminoso libro autobiográfico Historia da miña vida, escrito en francés e traducido a máis de vinte linguas, no que amosa un amplo panorama da vida das clases altas e burguesas da Europa do seu tempo e relata as súas relacións con mulleres de todos os ámbitos da sociedade. Casanova é un personaxe de lenda na cultura mundial á que dedicaron obras literarias ou ensaios Richard Aldington, Arthur Schnitzler, Marina Tsvetaeva ou Stefan Zweig. É tamén protagonista dunha ópera de Johann Strauss e da película O Casanova, de Federico Fellini.