Saltar ao contido

Barcarola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha barcarola[1] (do italiano barcarola, a partir de barca) é unha canción popular dos gondoleiros de Venecia, cun compás ternario de 6/8 ou 12/8. Por extensión, chámase tamén barcarola calquera obra musical inspirada neste tipo de canción.

A cantiga de amigo Ondas do mar de Vigo de Martín Codax, ao estar relacionada co mar, encádrase neste subxénero.

O xénero foi levado á ópera debido ao seu estilo sentimental e popular por autores como Jacques Offenbach, Giovanni Paisiello, Carl Maria von Weber ou Gioachino Rossini. Foi tamén adaptada por Frédéric Chopin nunha peza para piano.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Barcarola.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brown, Maurice: «Barcarolle» en New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. Londres: Macmillan, 2001 [1980].
  • Randel, Don: New Harvard Dictionary of Music. Harvard University Press, 1986. ISBN 0-674-61525-5

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.