Ariège
Aparencia
Coord.: 43°00′N 1°30′L / 43, 1.5
Epónimo | Rio Ariège (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Occitania | ||||
Capital | Foix | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 154.596 (2021) (31,61 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.890 km² | ||||
Punto máis alto | Pica d'Estats (3.143,45 m) | ||||
Comparte fronteira con | Alta Garona Provincia de Lleida Pireneos Orientais Aude Sègre (en) (1812–1813) Sègre-Ter (en) (1813–1814) | ||||
Creación | 4 de marzo de 1790 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente | Christine Téqui (en) (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FR-09 | ||||
Código NUTS | FR621 | ||||
Código de departamento INSEE | 09 | ||||
Páxina web | ariege.fr | ||||
Ariège (09) (en occitano Arièja) é un departamento francés situado na rexión de Occitania. O departamento toma o seu nome do río Ariège, afluente do río Garona. Os seus habitantes reciben o xentilicio francés de Ariégeois.
Historia
[editar | editar a fonte]O departemento foi creado durante a Revolución Francesa, o 4 de marzo de 1790 en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, fusionando os Condados de Foix e de Coserans.
Fíxose unha solicitude ante o Conseil d'État francés para mudar o nome do departamento a Ariège-Pyrénées. De acordo aos partidarios do proxecto, a mención Pyrénées permitiría situalo mellor para así promovelo en toda Francia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Limita ao nordés con Aude, ao sueste cos Pyrénées-Orientales, ao sur con Andorra e a provincia de Lleida (España), e ao noroeste co Alto Garona.
- Maior altura: Pica d'Estats (3.145m), na fronteira franco-española. Punto máis baixo: saída do río Lèze (203m)
- Estrada a maior altura: Port de Pailhères (2.001m)
- Outras cimas: Pic du Port de Sullo (3.143 m), Pic Montcalm (3.078 m), Pic des Bareytes (2.951 m), Pic de Serrère (2.912 m)
- Principais ríos: Ariège, Salat, Lèze, Hers, Arise, Arac
- O río subterráneo de Labouiche, de 4,5 km de lonxitude, é o máis longo navegable do mundo.
- Maior lago: Lac de Montbel (5 km²)
- Lagoas de Bethmale (10 ha), de Mondély, de Labarre, de Bompas, de Sainte-Croix-Volvestre. Lagos de Peyrau, de Saint-Ybars
- Grutas: Le Mais-d'Avril, Niaux, Lle Portel, Bédeilhac, gruta de Les Trois-Frères, Lombrives (as maiores de Europa), Vache-Alliat
Demografía
[editar | editar a fonte]1801 | 1831 | 1841 | 1851 | 1856 | 1861 | 1866 |
---|---|---|---|---|---|---|
196.454 | 253.730 | 265.607 | 267.435 | 251.318 | 251.318 | 250.436 |
1872 | 1876 | 1881 | 1886 | 1891 | 1896 | 1901 |
246.298 | 244.795 | 240.601 | 237.619 | 227.491 | 219.641 | 210.527 |
1906 | 1911 | 1921 | 1926 | 1931 | 1936 | 1946 |
205.684 | 198.725 | 172.851 | 167.498 | 161.265 | 155.134 | 145.956 |
1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 |
140.010 | 137.192 | 138.478 | 137.857 | 135.725 | 136.455 | 137.205 |
Notas:
- As fronteiras definitivas con Andorra fixáronse o 14 de abril de 1862. Os límites con España -rectificados en 1856, 1862, 1863 e 1866- fixáronse definitivamente o 14 de xuño de 1906. As modificacións producidas dende 1801 ata esa data non implicaron transferencia de poboación.
As maiores cidades do departamento son (datos do censo de 1999):
- Pamiers 13.417 habitantes; 17.715 na aglomeración.
- Foix: 9.109 habitantes; 10.378 na aglomeración.
- Saint-Girons: 6.254 habitantes, 9.484 na aglomeración
- Lavelanet: 6.872 habitantes, 7.628 na aglomeración
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ariège |
- Conseil general (en francés)
- Prefectura[Ligazón morta] (en francés)
- Ariège.com
- INSEE (Estatística francesa)