Motete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na poesía italiana, un motete[1] (italiano: mottetto) é unha composición popular breve que inclúe un lema, unha sentenza ou algo semellante. Non ten un esquema regular, mais xeralmente está formado por sete ou oito versos, case sempre hendecasílabos e heptasílabos.

Na música italiana, é unha composición musical polifónica vocal ou vocal e instrumental. Como forma musical, naceu no século XIII como elaboración a dúas ou tres voces sobre unha melodía preexistente (normalmente himnos gregorianos) e que xustapuña textos diversos, de maneira que se puidesen articular as palabras como mellor se adaptasen ao ritmo e á memorización. Dous séculos máis tarde, o papel de parte melódica principal pasou do tenor á soprano, permitindo a libre invención dos compositores. En consecuencia, as voces secundarias acabaron realizándose en versións instrumentais. O moteto decaíu coa aparición do oratorio. Entre os autores célebres de mottetti destacan Palestrina, Monteverdi, Bach, Brahms e d'Indy.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para motete.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.