9.331 (1968) censo 9.599 (1975) censo 9.282 (1982) censo 9.964 (1990) censo 9.109 (1999) censo 9.605 (2006) censo 9.782 (2011) censo 9.731 (2013) 9.706 (2015) 10.046 (2016) 9.532 (2017) censo 9.452 (2018) censo 9.493 (2019) censo 9.515 (2020) censo 9.472 (2021) censo 9.731 (2022) censo 9.934 (2023) censo
Está situada ao sur de Tolosa, preto da fronteira entre Francia e Andorra, pero nun val, fóra das abas dos Pireneos, no cruzamento dos ríos Ariège e Arget. Con 9.109 habitantes conforme o censo de 1999, é a segunda prefectura máis pequena de Francia. Ten unha extensión de 19,32km².
Xa en tempo do imperio romano se construíu aquí un forte elevado sobre o petouto rochoso onde hoxe de atopa o castelo. A fundación en 849 da abadía de Saint-Volusien permitiu o desenvolvemento da vida urbana entre os séculos X e XII, cando se constrúen os edificios actuais da abadía e do castelo, e que terá o seu apoxeo no XIV. En 1790 foi designada capital do departamento de Ariège.