Saltar ao contido

Franz Schubert

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaFranz Schubert

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Franz Peter Schubert Editar o valor en Wikidata
31 de xaneiro de 1797 Editar o valor en Wikidata
Himmelpfortgrund (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 1828 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Viena (Imperio Austríaco) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteFebre tifoide Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio central de Viena Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Música e Arte Dramática de Viena
Akademisches Gymnasium Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Viena Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, pianista, mestre Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1810 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoDeutsch catalogue (en) Traducir (1951) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAntonio Salieri Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano e violín Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaiFranz Theodor Schubert Editar o valor en Wikidata
IrmánsFerdinand Schubert
Karl Schubert
Maria Theresia Schubert Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionario Musical Riemann (1901–1904)
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0006280 Allocine: 36915 IBDB: 12366
BNE: XX4660433 Spotify: 2p0UyoPfYfI76PCStuXfOP iTunes: 746881 Last fm: Franz+Schubert Musicbrainz: f91e3a88-24ee-4563-8963-fab73d2765ed Songkick: 46860 Discogs: 283469 IMSLP: Category:Schubert,_Franz Allmusic: mn0000691239 WikiTree: Schubert-299 Find a Grave: 931 Editar o valor en Wikidata

Franz Peter Schubert, nado en Viena o 31 de xaneiro de 1797 e finado na mesma cidade o 19 de novembro de 1828, foi un compositor austríaco, un dos continuadores do romanticismo musical iniciado por Beethoven. Gran compositor tanto de lieder (breves composicións para voz e piano) como de música de cámara e mesmo orquestral.

Foi un dos principais músicos austríacos de comezos do século XIX. Foi o único nado na que era capital musical de Europa nos séculos XVIII e XIX: Viena. Viviu apenas 31 anos, tempo suficiente para crear unha obra musical notable pola súa gran beleza e inspiración. O seu talento creceu á sombra de Beethoven, ó que admiraba, finando ó ano seguinte da morte do seu ídolo. A súa existencia foi opaca. Só despois de morto o seu arte comezou a ser recoñecido e a conquistar a admiración da crítica e o público.

En Viena Schubert levou unha vida bohemia rodeado de intelectuais, amante das tabernas e dos ambientes populares, afastado dos salóns e da etiqueta da nobreza. Desta contorna procede o famoso termo de schubertiadas: reunións de artistas de tódolos ámbitos que formaban un círculo brillante e animado dedicado á música e á lectura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e educación

[editar | editar a fonte]
A casa natal de Franz Schubert, no número 54 da rúa Nussdorfer de Viena.

Franz Peter Schubert naceu en Himmelpfortgrund (agora parte de Alsergrund, Viena) o 31 de xaneiro de 1797 e foi bautizado no catolicismo o día seguinte.[1] Fillo dunha familia de orixes humildes,[2] era o duodécimo dos catorce fillos de Franz Theodor Florian Schubert (1763-1830) e Maria Elisabeth Katharina Vietz (1756-1812).[3] Os seus antepasados inmediatos proviñan da provincia de Zlaté Hory, na Silesia austríaca.[4] Seu pai, fillo dun campesiño de Moravia, era un coñecido mestre de escola parroquial, e á súa escola en Lichtental (no noveno distrito de Viena e onde residía a familia) asistiu numeroso alumnado.[5][2] Chegou a Viena dende Zlaté Hory en 1784 e foi nomeado mestre de escola dous anos despois.[4] A nai de Schubert era filla dun mestre cerralleiro silesio e fora criada dunha familia vienesa antes de casar. Dos catorce fillos de Elisabeth e Franz Theodor (un deles ilexítimo, nado en 1783),[6] nove morreron na infancia.

Aos cinco anos, Schubert comezou recibir clases regulares da man de seu pai, e un ano despois matriculouse na escola na que el exercía. Aínda que non se sabe con exactitude cando recibiu a súa primeira instrución musical, o seu irmán Ignaz deulle leccións de piano, aínda que durante un breve período de tempo, xa que Franz sobrepasouno en poucos meses.[7] Ignaz despois lembrou:[8]

Sorprendeume cando Franz me dixo, uns meses despois de comezarmos, que non precisaba máis leccións miñas e que no futuro seguiría o seu propio camiño. E, certamente, o seu progreso nun curto período de tempo foi tan grande que me vin obrigado a recoñecer nel un mestre que me superara por completo e me desmontara, e a quen eu desesperaba por adiantar.

Recibiu as súas primeiras leccións de violín da man de seu pai cando tiña oito anos, formándoo ata o punto de que podía tocar duetos sinxelos de xeito competente.[9] Pouco despois recibiu as súas primeiras leccións fóra do ámbito familiar a cargo de Michael Holzer, organista e director de coro da igrexa parroquial en Lichtental. Holzer frecuentemente aseguráballe ao pai de Schubert, con bágoas nos ollos, que nunca tivera un alumno coma el[8] e as leccións puideron consistir en gran medida en conversas e expresións de admiración.[10] Holzer deu ao mozo clases de piano e órgano, así como en baixo cifrado.[8] Segundo Holzer, con todo, non lle deu ningunha instrución real, xa que Schubert xa sabía todo o que tentara ensinarlle. Máis ben, mirábao con «asombro e silencio».[9] Parece que o rapaz adquiriu máis coñecementos cun aprendiz de carpinteiro que o levaba a un almacén de pianofortes próximo, onde practicaba con mellores instrumentos.[11] Tamén tocaba a viola no cuarteto de cordas familiar, cos seus irmáns Ferdinand e Ignaz no primeiro e segundo violín, e seu pai no violonchelo. Escribiu os seus primeiros cuartetos para cordas para este conxunto.[12]

En 1804, o mozo Schubert chamou a atención de Antonio Salieri, daquela a principal autoridade musical de Viena, que recoñeceu o seu talento vocal.[12] En novembreo de 1808, con once anos entrou como cantor na capela imperial, conseguindo unha bolsa que lle permitiu estudar gratuitamente na escola municipal de Stadkonvikt (Seminario imperial), a principal escola de Viena para as persoas que non tiñan orixes aristocráticas.[13] Nel, descubriu as aberturas e sinfonías de Mozart, as sinfonías de Joseph Haydn e o seu irmán máis novo, Michael, e as aberturas e sinfonías de Beethoven, un compositor polo que desenvolveu unha admiración significativa.[14][15] O seu contacto con estas e outras obras, combinado con visitas ocasionais á ópera, estableceron as bases para unha educación musical máis ampla.[16] Tamén o influíron considerablemente as cancións de Johann Rudolf Zumsteeg, un importante compositor de lieder. O mozo estudante precoz «quería modernizar» as cancións de Zumsteeg, segundo o informado por Joseph von Spaun, amigo de Schubert.[17] A súa amizade con Spaun comezou no Stadtkonvikt e durou toda a súa curta vida. Neses primeiros anos, o economicamente acomodado Spaun proporcionou ao empobrecido Schubert gran parte do seu papel para manuscritos.[16]

Mentramentres, comezou a amosar o seu xenio nas súas composicións. Salieri decidiu comezar a darlle clases en privado de teoría musical e mesmo de composición. Segundo Ferdinand, a primeira composición para piano do neno foi unha Fantasía para catro mans. A súa primeira canción, Klagegesang der Hagar, escribiuna un ano despois.[18] Permitiuselle ocasionalmente dirixir a orquestra do Stadtkonvikt[19] e foi a primeira orquestra para a que escribiu. Adicou boa parte do resto do seu tempo no Stadtkonvikt a compoñer música de cámara, varias cancións, pezas para piano e, máis ambiciosamente, obras corais litúrxicas en forma de «Salve Regina» (D. 27), un «Kyrie» (D. 31), amais do inacabado «Octeto para vento» (D. 72, que se di que conmemora a morte de súa nai en 1812),[20] a cantata Wer ist groß? para voces masculinas e orquestra (D. 110, para o aniversario de seu pai en 1813) e a súa Primeira Sinfonía (D. 82).[21]

Mestre na escola de seu pai

[editar | editar a fonte]
O mozo Schubert, óleo de Josef Abel.

No final de 1813, Schubert abandonou o Stadtkonvikt e regresou á súa casa para recibir formación docente na St. Anna Normal-hauptschule. En 1814 ingresou na escola de seu pai como mestre do alumnado máis novo. Durante máis de dous anos, o mozo sentiu unha gran monotonía.[22] Con todo, había intereses que o compensaban. Continuou recibindo leccións privadas de composición de Salieri, quen lle dou máis experiencia técnica real que calquera dos seus outros mestres, antes da súa separación en 1817.[19]

En 1814 coñeceu unha soprano nova chamada Therese Grob, filla dun fabricante local de seda, e escribiu varias das súas obras litúrxicas (incluíndo unha "Salve Regina" e un "Tantum ergo") para ela. Tamén foi a soprano solista na estrea da súa Misa núm. 1 (D. 105) en setembro dese mesmo ano.[23][22] Schubert quería casar con ela, mais viuse obstaculizado pola severa lei de consentimento matrimonial de 1815,[24] que esixía que un aspirante a noivo demostrase que tiña os medios para manter unha familia.[25] En novembro de 1816, logo de non poder obter un posto musical en Laibach (agora Liubliana, Eslovenia), Schubert enviou ao irmán de Therese, Heinrich, unha colección de cancións, que a familia gardou ata o século XX.[26]

Un dos seus anos máis prolíficos foi 1815, no que compuxo máis de 20 000 compases de música, máis da metade dos cales foron para orquestra, incluíndo nove obras sacras (a pesar de ser agnóstico),[27][28] unha sinfonía e ao redor de 140 lieder.[29] Ese ano tamén coñeceu a Anselm Hüttenbrenner e Franz von Schober, que se converteron nos seus amigos para o resto da súa vida. Spaun presentoulle igualmente a outro amigo, Johann Mayrhofer.[30] Nestes anos compuxo o lied Erlkönig, inspirado nun poema homónimo de Johann Wolfgang von Goethe.[31]

Ao longo de 1815, viviu con seu pai na casa. A súa nai morrera en 1812. Continuou ensinando na escola e impartindo leccións musicais privadas, co que gañaba cartos abondo para as súas necesidades básicas, incluíndo roupa, papel para manuscritos, plumas e tinta, mais con poucos ou ningúns cartos para luxos.[32] Spaun sabía moi ben que Schubert estaba descontento coa súa vida na escola e estaba preocupado polo seu desenvolvemento intelectual e musical. En maio de 1816, Spaun mudouse do seu apartamento en Landskrongasse (no centro da cidade) para un novo domicilio no suburbio de Landstraße. Unha das primeiras cousas que fixo, logo de instalarse na nova residencia, foi convidalo a pasar uns días con el. Esta foi probabelmente a primeira visita de Schubert fóra da casa ou a escola.[33] A súa infelicidade durante os seus anos como mestre de escola posiblemente dera mostra de signos precoces de depresión e é practicamente seguro que sufriu ciclotimia ao longo da súa vida.[34]

O musicólogo Maynard Solomon suxeriu que Schubert se sentía eroticamente atraído polos homes,[35] unha tese que, ás veces, foi debatida acaloradamente.[36][37] Con todo, a musicóloga e experta en Schubert Rita Steblin afirmou que «perseguía mulleres».[38][39][40][41][42][43] As teorías sobre a sexualidade de Schubert comezaron a influír na interpretación da súa obra en artigos académicos.[44]


Con 14 anos crea os seus primeiros lieder,[45] e antes de cumprir os 18 xa creara unha das súas obras mestras e que marcaría o nacemento do lied alemán como se coñece actualmente, Gretchen am Spinnrade, o primeiro dos moitos lieder inspirados en poemas de Johann Wolfgang von Goethe.[46] Con dezanove anos xa escribira máis de 250 lieder.[47]

Malia os seus dotes musicais, seu pai pretendía que Franz se dedicase á súa mesma profesión e exercese de mestre. Isto motivou o enfrontamento entre ambos e o abandono de Franz da casa paterna.

Axuda dos seus amigos

[editar | editar a fonte]
Caricatura de Johann Michael Vogl e Franz Schubert por Franz von Schober (1825).

En 1816, ocorreron mudanzas significativas. Franz von Schober, un estudante de boa familia e con algúns medios económicos, convidou a Schubert a vivir con el na casa da súa nai. A proposta foi oportuna, xa que Schubert acababa de presentar a solicitude sen éxito para o posto de mestre de capela en Laibach e tamén decidira non retomar as tarefas de ensinanza na escola de seu pai. No final do ano, converteuse en hóspede de Schober.[48] Durante un tempo, tentou aumentar os recursos do fogar dando clases de música, mais axiña as abandonou e dedicouse á composición. «Compoño todas as mañás e cando unha peza está terminada, comezo outra».[49] Durante ese ano, centrouse en obras orquestrais e corais, aínda que tamén seguiu escribindo lieder.[50] Gran parte deste traballo foi inédito, mais circularon manuscritos e copias entre as súas amizades e persoas que o admiraban.[51]

A principios de 1817, Schober presentoulle a Johann Michael Vogl, un destacado barítono vinte anos máis vello que Schubert. Vogl, para quen o compositor escribiu moitas cancións, converteuse nun dos seus principais defensores nos círculos musicais vieneses. Tamén coñeceu a Joseph Hüttenbrenner (irmán de Anselm), quen tamén tivo un papel na promoción da súa música.[52] Estes, e un crecente círculo de amizades e músicos, fixéronse responsables de promover, recompilar e, despois da súa morte, preservar a súa obra.[53]

No final de 1817, seu pai obtivo un novo posto nunha escola en Rossau, non lonxe de Lichtental. Schubert reincorporouse con el e asumiu de mal grado as tarefas de ensinanza alí. A principios de 1818, solicitou a entrada na prestixiosa Gesellschaft der Musikfreunde, coa intención de que o admitisen como acompañante, mais tamén para que a súa música, especialmente as súas cancións, se puidesen interpretar nos concertos vespertinos. Rexeitárono sinalando que «non era un afeccionado», aínda que nese tempo estivera empregado como mestre de escola e xa había músicos profesionais entre os membros da sociedade.[54][55] Con todo, comezou a gañar máis atención na prensa e a primeira presentación pública dunha obra secular, unha abertura realizada en febreiro de 1818, recibiu eloxios da prensa en Viena e no estranxeiro.[56]

Schubert pasou o verán de 1818 como profesor de música para a familia do conde Johann Karl Esterházy no seu palacio en Zseliz (actual Želiezovce, Eslovaquia). A paga era relativamente boa e a súa función de ensinar piano e canto ás dúas fillas era relativamente liviana, o que lle permitía compoñer felizmente. Puido escribir a súa Marcha militar en re maior (D. 733 n.º 1) para Marie e Karoline, ademais doutros duetos para piano.[57] Ao seu regreso de Zseliz, instalouse co seu amigo Mayrhofer.[55]

A principios da década de 1820, Schubert era parte dun círculo moi unido de artistas e estudantes que se reunían nas chamadas «schubertiadas». Moitas delas tiveron lugar no grande apartamento de Ignaz von Sonnleithner en Gundelhof (Brandstätte 5, Viena). O pechado círculo de amigos co que se rodeou recibiu un duro golpe a principios de 1820. Schubert e catro dos seus amigos foron arrestados pola policía austríaca, quen (despois da Revolución francesa e as Guerras napoleónicas) estaban en garda contra as actividades revolucionarias e de calquera reunión sospeitosa de persoas novas ou estudantes. Un dos seus amigos, Johann Senn, foi xulgado, encarcerado máis dun ano e logo foille prohibido permanentemente entrar en Viena. Os outros catro, incluído o compositor, foron «severamente reprendidos», en parte por «burlarse [dos funcionarios] cunha linguaxe ofensiva e deshonrosa».[58] Aínda que Schubert nunca volveu ver a Senn, puxo música a algúns dos seus poemas, Selige Welt (D. 743) e Schwanengesang (D. 744). O incidente puido ser o motivo dunha pelexa con Mayrhofer, con quen vivía entón.[59]

Os seus amigos alcumárono «Schwammerl»,[a] o que Gibbs traduce como «Panzón» ou «Pequeno champiñón»,[60][61] xa que medía pouco máis de metro e medio de alto.[62] Gibbs tamén afirma que ocasionalmente podía beber en exceso e sinala que as referencias ao seu consumo excesivo de alcohol «... non só aparece en informes posteriores, senón tamén en documentos durante a súa vida».[63]


Fóra do fogar de nacemento e decidido a gañar a vida coa música, Franz Schubert refuxiouse na casa do seu amigo Franz von Schober. Este foi o inicio dunha longa peregrinación, xa que nunca conseguiu manterse só coas súas composicións, sobrevivindo coa xenerosidade dos seus numerosos amigos, que o foron acollendo sucesivamente nas súas respectivas casas. Schubert nunca mantivo unha relación de parella duradeira e non tivo fillos. Pero adscribiuse a un círculo íntimo de amigos que lle ofreceu moitas satisfaccións persoais, ademais de constituír un público fiel e sensible á súa arte.

Schubert non conseguiu estrear ou publicar ningunha das súas obras operísticas ou orquestrais. Simplemente se interpretaron algunhas composicións vocais ou pianísticas nas célebres schubertiadas.

Nestes anos Schubert contraeu a sífilis. Habitualmente pasou apuros económicos. Volveuse inseparable das súas lentes, que conformaron parte indisoluble da súa aparencia, remarcando a súa fisionomía tímida.

Madurez musical

[editar | editar a fonte]
Schubertiada. Óleo de Julius Schmid de 1897.

As composicións de 1819 e 1820 amosan un marcado avance no desenvolvemento e madurez do estilo.[64] En febreiro iniciou o oratorio inacabado Lazarus (D. 689). Máis tarde compuxo, no medio dunha serie de obras máis pequenas, o himno «Der 23. Psalm» (D. 706), o octeto «Gesang der Geister über den Wassern» (D. 714), o Quartettsatz en dó menor (D. 703 ) e a Wanderer-Fantasie en dó maior para piano (D. 760). En 1820, representáronse dúas das súas óperas: Die Zwillingsbrüder (D. 647) no Theater am Kärntnertor o 14 de xuño e Die Zauberharfe (D. 644) no Theater an der Wien o 21 de agosto.[65] Ata ese momento, as súas composicións máis grandes (á parte das súas misas) restrinxíranse á orquestra afeccionada en Gundelhof (Brandstätte 5, Viena), unha sociedade que xurdiu das «schubertiadas» na súa casa. Comezou asumir unha posición máis prestixiosa, dirixíndose a un público máis amplo.[65] Os editores, con todo, permaneceron distantes e Anton Diabelli aceptou vacilante imprimir algunhas das súas obras por encargo.[66] Os primeiros sete opus (todo cancións) apareceron nestes termos. Logo cesaron os encargos e comezou recibir escasos ingresos por dereitos de autoría. A situación mellorou un pouco en marzo de 1821 cando Vogl interpretou a canción Erlkönig (D. 328) nun concerto que foi un rotundo éxito.[67] Ese mes, Schubert compuxo unha variación sobre un vals de Diabelli (D. 718) e foi un dos cincuenta compositores que contribuíron á publicación de Vaterländischer Künstlerverein.

Schubert centrouse máis firmemente que nunca na produción de dúas óperas, coas que, por diversos motivos, apenas tivo éxito. Con todo, embarcouse en vinte proxectos escénicos, cada un dos cales axiña se esqueceron. En 1822, rexeitaron Alfonso und Estrella, en parte debido ao seu libreto (escrito polo seu amigo, Franz von Schober).[68] En 1823, Fierrabras (D. 796) tamén foi marxinada: Domenico Barbaja, impresario dos teatros da corte, perdeu en gran parte o interese pola nova ópera alemá por causa da popularidade de Gioachino Rossini e o estilo operístico italiano, e polo fracaso de Euryanthe de Carl Maria von Weber.[69] O censor prohibiu Die Verschworenen (D. 787), aparentemente polo seu título[70] e, logo de dúas noites, retiraron Rosamunde (D. 797) debido á pobre calidade da obra para a que Schubert escribira música incidental.

A pesar dos seus fracasos operísticos, a súa reputación estábase agrandando constantemente noutros ámbitos. En 1821, a Gesellschaft der Musikfreunde finalmente aceptouno como socio, e o número de interpretacións da súa música aumentou notablemente.[71] Estas actuacións contribuíron a que o seu prestixio medrase axiña entre os membros da Gesellschaft[71] e a que o seu nome se volvese coñecido polo público.[68] Algúns dos membros da Gesellschaft, en particular Ignaz von Sonnleithner e o seu fillo Leopold von Sonnleithner, tiñan unha influencia considerable nos asuntos da sociedade e, como resultado diso, e da crecente reputación de Schubert, a Gesellschaft incluíu as súas obras en tres concertos importantes en 1821. En abril, interpretouse un dos seus cuartetos para voz masculina e en novembro tivo lugar a primeira interpretación pública da súa Abertura en mi menor (D. 648).[71] Nun concerto diferente no mesmo día da estrea da Abertura, interpretouse a súa canción «Der Wanderer» (D. 489).[68]

En 1822, Schubert coñeceu tanto a Weber como a Beethoven, mais os encontros tiveron pouco resultado. Con todo, dise que Beethoven recoñeceu o seu don nalgunhas ocasións. No seu leito de morte, parece que Beethoven examinou algunhas das obras do mozo e exclamou: «En verdade, a chispa do xenio divino reside neste Schubert!». Segundo consta, Beethoven tamén predixo que «causaría unha gran sensación no mundo» e lamentou non saber máis sobre el antes. Desexaba ver as súas óperas e obras para piano, mais a súa grave enfermidade impediulle facelo.[72]

Derradeiros anos e obras mestras

[editar | editar a fonte]
Franz Schubert en 1825. Acuarela de Wilhelm August Rieder.
Lentes de Franz Schubert.

A pesar das súas preocupacións escénicas e máis tarde polos seus deberes oficiais, Schubert encontrou tempo durante estes anos para crear unha cantidade significativa de composicións. Completou a Misa en mi bemol maior (D. 678) en 1822 e ese mesmo ano embarcouse repentinamente nunha obra que de xeito máis decisivo que case calquera outra neses anos mostraba a madureza da súa visión persoal, a Sinfonía en si menor, coñecida como Sinfonía inacabada (D. 759).[73] A razón pola que a deixou sen finalizar, logo de escribir dous movementos e bosquexos dun terceiro, continúa a ser discutida e analizada. Tamén é salientable que non llo mencionase a ningún dos seus amigos, aínda que como Brian Newbould sinala, debeu sentirse emocionado polo que estaba a conseguir.[74] O manuscrito con ambos movementos completos pasou ás mans do seu amigo Anselm Hüttenbrenner, quen os conservou nun caixón durante máis de corenta anos.[75] En 1865 entregounos ao director de orquestra Johann von Herbeck, quen en decembro dese mesmo ano dirixiu en Viena a estrea da obra incompleta.[76][75] Non se encontrou explicación dos motivos que conduciron a Schubert a deixala inconclusa.[b]

En 1823, Schubert escribiu o seu primeiro ciclo de cancións en grande escala, Die schöne Müllerin (D. 795), baseado en poemas de Wilhelm Müller.[79] Esta serie, xunto co ciclo posterior Winterreise (D. 911, que tamén musicaliza textos de Müller en 1827) é considerada amplamente como un dos cumios do lied.[80] Ese mesmo ano compuxo tamén a canción «Du bist die Ruh» (D. 776)[81] e apareceron por primeira vez os síntomas de sífilis.[82] Os trastornos que isto implicou na súa vida enfatizaron o lado máis amargo e melancólico do compositor. Necesitado de comprensión, escribiu en 1824 estas liñas angustiadas ao seu amigo Leopold Kupelwieser:

Xa hai tempo que che quería escribir, mais nunca sabía desde onde, a onde. Agora ofréceseme a oportunidade e por fin podo abrir o meu corazón a alguén. Ti es bo, e seguro que me vas perdoar o que outros tomarían a mal. Nunha palabra, creo que son o ser máis infeliz e miserable do mundo. Imaxina un home cuxa saúde nunca volverá ser o que era e que, sumido na desesperanza por iso, empeora cada vez máis as cousas en lugar de melloralas; imaxina un home, dígoche, cuxas máis luminosas esperanzas desvaneceron, a quen a felicidade do amor e a amizade non teñen nada que ofrecer senón dor, como moito, cuxo entusiasmo (polo menos estimulante) por todas as cousas belas ameaza con desaparecer, e pregúntoche, non é un ser infeliz e miserable? A miña tranquilidade desapareceu, o meu corazón está oprimido, non o encontro nunca; así agora podo cantar todos os días, pois todas as noites, cando vou durmir, confío en non espertar xa nunca, e cada mañá anúnciame só a mesma pena do día anterior. Deste xeito, sen ledicia nin amigos, paso os días, coa excepción de cando me visitou Schwind e me trouxo un raio daqueles doces días pasados.[83]

En 1824, escribiu as variacións en mi menor para frauta e piano Trockne Blumen, unha canción do ciclo Die schöne Müllerin e varios cuartetos de corda. Igualmente escribiu a Sonata arpeggione (D. 821) para ese instrumento e piano no momento en que o primeiro tivo unha certa popularidade.[84] Na primavera dese ano, escribiu o Octeto en fa maior (D. 803), un bosquexo dunha Gran Sinfonía, e no verán volveu para Zseliz. Alí sentiuse atraído pola linguaxe musical húngara e escribiu o Divertissement à la hongroise en sol menor para dúo de piano (D. 818) e o Cuarteto de corda en la menor (Rosamunde, D. 804). Díxose que tiña unha paixón desesperada pola súa alumna, a condesa Caroline Esterházy,[85] mais a única obra que lle adicou foi a súa Fantasía en fa menor para dúo de piano (D. 940).[86] O seu amigo Eduard von Bauernfeld escribiu os seguintes versos, que parecen facer referencia aos sentimentos non correspondidos de Schubert:

In love with a Countess of youthful grace,
—A pupil of Galt's; in desperate case
Young Schubert surrenders himself to another,
And fain would avoid such affectionate pother.[87]

Namorado dunha condesa de graza xuvenil,
unha alumna de Galt; nun caso desesperado,
o mozo Schubert entrégase a outra
e de bo grao evitaría tal afectuoso alboroto.

Retrato de Franz Schubert realizado por Anton Depauly (1827).

Os reveses de anos anteriores foron compensados ​​pola prosperidade e felicidade de 1825. Publicara máis rápido, aliviouse o estrés pola pobreza durante un tempo e no verán tivo unhas agradables vacacións na Alta Austria, onde foi recibido con entusiasmo. Foi durante esta xira cando produciu o ciclo de sete cancións Fräulein am See, baseado n´A dama do lago de Walter Scott, e que incluía Ellens dritter Gesang (Ave María, D. 839). A letra da tradución ao alemán do poema de Scott, realizada por Adam Storck, reemprázase con frecuencia polo texto completo da oración tradicional católica «Ave María», mais non era a composición orixinal da melodía de Schubert. A orixinal ábrese co saúdo «Ave María», que só se repite no retrouso.[88] En 1825, tamén escribiu a Sonata para piano en la menor (D. 845, publicada por primeira vez como op. 42) e comezou a Sinfonía Grande (D. 944), que completou no ano seguinte.[89]

De 1826 a 1828 residiu continuamente en Viena, agás por unha breve visita a Graz en 1827. En 1826, adicou unha sinfonía (D. 944, que despois se coñecería como a «Grande» en maior) á Gesellschaft der Musikfreunde e recibiu en troco unha remuneración.[90] O Cuarteto de corda núm. 14 en re menor (D. 810), coas variacións de Der Tod und das Mädchen, escribiunos no inverno de 1825-1826 e interpretáronse por primeira vez o 25 de xaneiro de 1826. Máis tarde ese mesmo ano chegou o Cuarteto de cuerda núm. 15 en sol maior (D. 887, publicado por primeira vez como op. 161), o Rondó en si menor para violín e piano (D. 895), Rondeau brillant e a Sonata para piano en sol maior (D. 894, publicada por primeira vez como Fantasía en sol, op. 78). Tamén produciu en 1826 tres cancións baseadas en obras de William Shakespeare, das cales «Ständchen» (D. 889) e «An Sylvia» (D. 891) foron supostamente escritas o mesmo día: a primeira nunha taberna, onde puxo fin ao paseo da tarde, e a segunda ao seu regreso para o seu aloxamento á noite.[91]

As obras dos seus últimos dous anos revelan un compositor entrando nunha nova etapa profesional e compositiva.[92] Aínda que partes da súa personalidade estaban influídas polas súas amizades, a súa mellor música nutriuse da intensa dimensión persoal da súa soidade; foi fora esta dimensión que escribiu a súa mellor música.[93] A morte de Beethoven afectouno fondamente[94] e puido motivalo a acadar novos cumes artísticos. En 1827, Schubert escribiu o ciclo de cancións Winterreise (D. 911), a Fantasía en dó maior para violín e piano (D. 934, publicada por primeira vez como op. post. 159), o Impromptu para piano e os dous tríos de piano (o primeiro en si bemol maior, D. 898 e o segundo en mi bemol maior, D. 929).[95] En 1828, compuxo a cantata Mirjams Siegesgesang (D. 942) sobre un texto de Franz Grillparzer, a Misa en mi bemol maior (D. 950), o Tantum ergo (D. 962) na mesma tonalidade, o Quinteto para cordas en maior (D. 956), o segundo «Benedictus» da Misa en dó maior (D. 961), as tres últimas sonatas para piano (D. 958, 959 e 960) e a colección de 13 Lieder nach Gedichten von Rellstab und Heine para voz e piano, tamén coñecida como Schwanengesang (D. 957).[96][c] A Sinfonía Grande está datada en 1828, mais os expertos en Schubert cren que esta sinfonía a escribiu en boa parte entre 1825 e 1826[d] e foi revisada para a súa posible representación en 1828. A orquestra da Gesellschaft, segundo consta, ensaiou a sinfonía unha vez, pero nunca programou unha actuación pública. Os motivos seguen a ser descoñecidos, aínda que a dificultade da sinfonía é a posible explicación.[98] Nas últimas semanas da súa vida, comezou a bosquexar tres movementos para unha nova Sinfonía en re maior (D. 936A).[99] Nesta obra anticipa o emprego de harmónicos similares a cancións populares e paisaxes sonoras núas de Gustav Mahler.[100][78] Schubert expresou o desexo de sobrevivir á súa enfermidade final, desenvolver aínda máis o seu coñecemento da harmonía e o contrapunto, e de feito citárase para recibir leccións do mestre do contrapunto Simon Sechter.[101]

O 26 de marzo de 1828, aniversario da morte de Beethoven, Schubert ofreceu, por única vez na súa carreira, un concerto público das súas propias obras.[102] O concerto foi un éxito popular e económico,[102] a pesar de que foi eclipsado polas primeiras aparicións de Niccolò Paganini en Viena pouco despois.[103]

Enfermidade e falecemento

[editar | editar a fonte]
Tumba de Franz Schubert no Cemiterio central de Viena.

No medio desta actividade creativa, a súa saúde foise deteriorando. Dicíase de Schubert que xa había qye tempo «andaba polo mal camiño», falábase da súa afección, e abuso, do alcohol, tabaco e cafeína e do seu hedonismo e «sensualidade».[104] No final da década de 1820, a súa saúde foi empeorando e confiou a algúns amigos que temía estar próximo á morte. No final do verán de 1828, viu o médico Ernst Rinna, quen poiida que confirmase as súas sospeitas de que estaba enfermo sen remedio e que probablemente morrería axiña.[105] Algúns dos seus síntomas coincidían cos do envelenamento por mercurio.[106][e] A principios de novembro, volveu enfermar e sufriu dores de cabeza, febre, inflamación das articulacións e vómitos. En xeral, non podía reter alimentos sólidos e o seu estado de saúde empeoraba. Cinco días antes da súa morte, o seu amigo, o violinista Karl Holz, e o seu cuarteto de cordas visitárono para tocar para el. A última obra musical que desexou escoitar foi o Cuarteto de corda núm. 14 de Beethoven. Holz comentou: «O rei da harmonía enviou ao rei da canción unha invitación amigable para a travesía».[107]

Franz Schubert faleceu en Viena, aos 31 anos, o 19 de novembro de 1828, no apartamento do seu irmán Ferdinand. A causa da súa morte foi diagnosticada oficialmente como febre tifoide, aínda que se propuxeron outras teorías, incluída a etapa terciaria da sífilis.[105] Foi enterrado a petición propia preto de Beethoven, a quen admirara toda a súa vida, no cemiterio de Währing (Viena).[108] Schubert portara o facho no funeral de Beethoven un ano antes da súa propia morte.[109]

En 1872, erixiuse un monumento a Franz Schubert no Stadtpark de Viena.[108] En 1888, as tumbas de Schubert e Beethoven foron trasladadas para o Cemiterio central de Viena, onde agora se poden atopar xunto ás de Johann Strauss II e Johannes Brahms.[110] Anton Bruckner estivo presente en ambas as exhumacións e procurou en ambos ataúdes e sostivo os seus venerados cranios nas súas mans.[111] O cemiterio de Währing converteuse nun parque en 1925, chamado Schubert Park, e a súa antiga tumba está marcada por un busto. O epitafio de Schubert, escrito polo seu amigo, o poeta Franz Grillparzer, di: «Die Tonkunst begrub hier einen reichen Besitz, aber noch viel schönere Hoffnungen» («A arte da música non só enterrou aquí un prezado tesouro, senón esperanzas aínda máis espléndidas»).[112]


Durante os seus últimos anos escribiu pezas maxistrais, froito e reflexo das súas experiencias persoais e sempre co selo inconfundible dunha inesgotable inspiración melódica. Por exemplo, unha tensa profundidade marca a Wanderer-Fantasie, D. 760, para piano (1822) e o ciclo de lieder Die schöne Müllerin (1823), inspirados en poemas de Wilhelm Müller. En 1824 escribiu A morte e a doncela, un dos seus cuartetos máis coñecidos, e xa no final da súa vida a intensa dor e illamento deixaron a súa pegada no Winterreise, D.911 Op.89 (1827), tamén con textos de Müller.

En 1827, ademais do ciclo de lieder Winterreise compuxo a Fantasía para piano e violín en Do (D.934), e os dous tríos para piano (nº 1 en si bemol, D. 898; nº 2 en mi bemol, D. 929). En 1828 compuxo unha colección de obras publicadas postumamente co nome de Schwanengesang (D.957), que sen ser un verdadeiro ciclo de obras, mantén unidade de estilo entre as distintas pezas, entre a profunda traxedia e o morbidamente sobrenatural. Seis destas pezas son sobre versos de Heinrich Heine, que ese mesmo outono publicou Buch der Lieder.

Daquela Schubert tiña só 31 anos e acababa de matricularse para estudar fuga. Pero a sífilis complicouse finalmente cunha febre tifoide, que o levou á morte o 19 de novembro de 1828.

Composicións

[editar | editar a fonte]

Schubert foi un compositor notablemente prolífico, xa que compuxo máis de 1500 obras na súa breve carreira. O seu estilo compositivo progresou rapidamente ao longo da súa curta vida.[113] A maior parte das súas composicións son cancións para voz solista e piano (aproximadamente 630).[114] Tamén escribiu un número considerable de obras seculares para dúas ou máis voces, especialmente part songs, coros e cantatas. Completou oito aberturas orquestrais e sete sinfonías completas, ademais de fragmentos doutras seis. Se ben non compuxo concertos, escribiu tres obras concertantes para violín e orquestra e unha gran cantidade de música para piano só, incluíndo once sonatas incontrovertiblemente completadas e canto menos nove máis en diferentes estados de finalización,[f] numerosas obras misceláneas e moitas danzas curtas, ademais de producir un gran conxunto de obras para piano a catro mans. Tamén compuxo máis de cincuenta obras camerísticas, incluídas algunhas obras fragmentarias. A produción sacra de Schubert inclúe sete misas, un oratorio e un réquiem, entre outros movementos para misas e numerosas composicións máis pequenas.[115] Completou só once das súas vinte obras escénicas.[116]

En xullo de 1947, o compositor austríaco Ernst Krenek discutiu o estilo de Schubert, admitindo avergoñado que ao principio «compartira a opinión xeneralizada de que Schubert era un inventor de melodías agradábeis con sorte ... carente do poder dramático e da intelixencia de busca que distinguía aos mestres "reais" como Johann Sebastian Bach ou Ludwig van Beethoven». Krenek escribiu que chegou a unha avaliación completamente diferente logo dun estudo minucioso das pezas de Schubert, a pedido do seu amigo e compañeiro compositor Eduard Erdmann. Krenek sinalou que as sonatas para piano daban «unha ampla proba de que [Schubert] era moito máis que un simple construtor melódico que non coñecía, e non lle importaba, o oficio da composición». Cada sonata impresa, segundo a súa opinión, exhibía «unha gran riqueza de delicadeza técnica» e revelaba a Schubert como «lonxe de estar satisfeito con verter as súas encantadoras ideas en moldes convencionais, polo contrario, era un artista pensante cun grande apetito pola experimentación».[117]

Música instrumental, obras escénicas e música sacra

[editar | editar a fonte]

Ese «apetito pola experimentación» que mencionaba Krenek maniféstase repetidamente na produción de Schubert nunha ampla variedade de formas e xéneros, incluíndo ópera, música sacra, música de cámara e para piano só e obras sinfónicas. Talvez o máis familiar sexa que o seu atrevemento se reflicte no seu sentido de modulación notablemente orixinal. Por exemplo, o segundo movemento do Quinteto para cordas (D. 956), que está en mi maior, presenta unha sección central na tonalidade veciña de fa menor.[118] Tamén aparece en eleccións inhabituais de instrumentación, como na Sonata en la menor para arpeggione e piano (D. 821) ou a partitura non convencional do Quinteto A troita (D. 667), que está escrita para piano, violín, viola, violonchelo e contrabaixo, mentres que os quintetos de piano convencionais están escritos para piano e cuarteto de cordas.

Aínda que as formas sonata clásicas de Beethoven e Mozart influíron claramente a Schubert, as súas estruturas formais e os seus desenvolvementos tenden a dar máis unha impresión de desenvolvemento melódico que de drama harmónico.[119] Esta combinación de forma clásica e melodía romántica de longa duración ás veces dálles un estilo discursivo: Robert Schumann describiu a súa Sinfonía Grande en maior como que acadara «lonxitudes celestiais».[120]

Lieder e cancións

[editar | editar a fonte]

Schubert deixou a súa marca máis imborrable no xénero do lied. Leon Plantinga comenta que «nos seus máis de seiscentos lieder explorou e ampliou as potencialidades do xénero, como ningún compositor antes que el».[121] Antes da súa influencia, os lieder tendían a un tratamento estrófico e silábico do texto, evocando as calidades da canción popular enxendradas polas axitacións do nacionalismo romántico.[122]

Entre os enfoques de Schubert da poesía de Johann Wolfgang von Goethe, os seus arranxos para Gretchen am Spinnrade (D. 118) e Erlkönig (D. 328) son particularmente sorprendentes polo seu contido dramático, uso progresivo da harmonía e o seu emprego de figuracións pictóricas elocuentes do teclado, como a representación da roca e o pedal no piano en Gretchen e o galope incesante e furioso en Erlkönig.[123] Compuxo música empregando os poemas dunha infinidade de poetas, con Goethe, Johann Mayrhofer e Friedrich Schiller como os tres máis frecuentes, e outros como Heinrich Heine, Friedrich Rückert e Joseph von Eichendorff. De particular interese adicional son os seus dous ciclos de cancións sobre os poemas de Wilhelm Müller, Die schöne Müllerin e Winterreise, que axudaron a establecer o xénero e o seu potencial para a narrativa dramática musical, poética e case operística. A súa última colección de cancións publicada en 1828 logo da súa morte, Schwanengesang, tamén é unha contribución innovadora á literatura de lieder alemá, xa que presenta poemas de diferentes poetas, en especial Ludwig Rellstab, Heine e Johann Gabriel Seidl. O xornal austríaco The Wiener Theaterzeitung escribiu sobre Winterreise nese momento que era unha obra que «ninguén pode cantar nin escoitar sen sentirse fondamente conmovido».[124]

Antonín Dvořák escribiu en 1894 que Schubert, a quen consideraba un dos compositores verdadeiramente grandes, foi claramente influente en obras máis pequenas, especialmente lieder e obras de piano máis curtas: «A tendencia da escola romántica ten sido cara a formas curtas e aínda que Weber axudou a mostrar o camiño, a Schubert pertence o principal crédito de orixinar os modelos curtos de pezas de pianoforte que a escola romántica cultivou preferiblemente. [...] Schubert creou unha nova época co lied. [...] Todos os outros compositores seguiron os seus pasos».[125]


As súas primeiras obras instrumentais, aínda que seguen os patróns de Wolfgang Amadeus Mozart e Joseph Haydn, son consideradas románticas polas novas sonoridades e a riqueza harmónica e melódica. Nas primeiras sonatas intentou conseguir un estilo propio, ó fuxir da influencia de Beethoven. Aínda que na súa estrutura as sinfonías e as sonatas toman a forma clásica, no seu desenvolvemento non recollen a tensión dramática que caracteriza a sonata tradicional, senón que as harmonías evocadoras e a amplitude da melodía adquiren o papel principal.
Os grandes temas da música schubertiana son o amor, a viaxe e a morte, temas tipicamente románticos. A súa produción foi clasificada polo crítico e musicólogo Deutsch, por iso as súas obras adoitan estar acompañadas pola letra D. e un número, que asigna a orde cronolóxica de composición.

Schubert é un dos grandes creadores de melodías; nisto está á altura de Mozart. Levoulle tempo chegar a dominar a composición orquestral. Cando chegou ó cumio neste aspecto foi coa súa Novena Sinfonía. Podíanse esperar máis obras mestras, pero a morte prematura impediuno. En cambio, Schubert amosou un talento innato e unha rara mestría para a música de cámara e certos xéneros considerados inxustamente "menores": o lied e a pequena peza para piano. A súa produción total bordea o millar de pezas. Unha bela melancolía está presente en gran parte da súa obra. Unha das características do compositor vienés é certa inconstancia, que o levou a deixar sen concluír moitas composicións maiores.

  • Sinfonías (Nove). A primeira (D. 82), en re maior, dedicada a Franz I. Lang, elector da escola onde estudou Schubert. A segunda (D. 125), tamén dedicada a Lang. A terceira (D. 200), a máis breve de todas polo seu ritmo enérxico. A cuarta (D. 417) coñécese como Tráxica'. A quinta (D. 485) é unha breve composición de gran beleza e fermosos temas. A sexta (D. 589), en dó maior, coñécese como "A Pequena". A sétima (D. 721), quedou moi avanzada pero sen concluír, o mesmo que a oitava (D. 759) (chamada precisamente Incompleta ou Inconclusa), ten apenas dous movementos, suficientes para ser recoñecida como unha obra mestra do xénero sinfónico. A Sinfonía Nº 9 (D. 944), tamén en do, chamada "A Grande", é o cumio do repertorio orquestral de Schubert. É unha sinfonía moi admirada entre os románticos, como Schumann ou Mendelssohn.
  • Aberturas: Rosamunda e outros segmentos de música escénica e proxectos inacabados.
  • Música de cámara: Schubert conta con máis dunha obra mestra neste campo extenso da súa produción. Entre os cuartetos, amosa o influxo clásico e, sobre todo, beethoveniano; destaca o cuarteto coñecido como A morte e a doncela por estar baseado no lied homónimo; tríos para piano, sonatas para violín e piano, o xenial Quinteto para cordas en do caso case único de quinteto escrito para dous violoncellos), ou o quinteto "A Troita".
  • Música vocal: Schubert non triunfou como operista; en contrapartida, deixou máis de 600 lieder compostos en gran parte sobre poemas de Goethe, Schiller, Muller e outros autores menores. Schubert admiraba a obra de Goethe e dedicoulle algunhas das súas composicións, pero o autor de Fausto nin sequera se dignou contestar. O máis famoso lied de Schubert é a Ave María, habitual nos servizos relixiosos. Outra das súas composicións célebres é Der Erlkönig, tamén sobre un texto de Goethe. Son moi destacables os tres ciclos de cancións A bela muiñeira, Viaxe de inverno e O canto do cisne. Nas súas cancións, o texto e a música encóntranse perfectamente equilibradas nunha harmonía tanto intelectual como emocional. Aínda que escribiu cancións estróficas, non se limitou a uns patróns preestablecidos, senón que deu con novas e imaxinativas formas de adecuar a música ós textos. Nos últimos anos fixéronse varias excelentes gravacións dos ciclos de cancións do gran compositor vienés.
  • Piano: sonatas, algunhas inacabadas; os célebres "momentos musicais", bagatelas, temas con variacións e impromptus, pezas con certo aire de improvisación e que tamén están entre o mellor do seu repertorio.

Actualmente Franz Schubert é considerado un dos compositores máis importantes da Historia da Música. A súa produción está á altura da de Brahms e Tchaikovski. Certamente a súa música é popular: moitos dos seus lieder aínda son cantados nas zonas rurais de Austria e Alemaña como auténtica música popular. A Ave María é mundialmente famosa, así como algúns temas das súas sinfonías quinta, oitava e novena. No campo camerístico é un mestre absoluto e no campo da canción é inigualable.

Publicacións e catálogos

[editar | editar a fonte]

Cando Schubert morreu, publicara ao redor de 100 opus, principalmente cancións, música de cámara e pequenas composicións para piano.[126] Continuaron as publicacións de pezas máis pequenas, entre as que se incluían números de opus ata 173 na década de 1860, 50 entregas con cancións publicadas por Diabelli e ducias de primeiras publicacións de Peters,[127] mais os manuscritos de moitas das obras máis longas, cuxa existencia era pouco coñecida, permaneceron ocultos nos gabinetes e arquivadores da familia, amigos e editores do compositor.[128] Mesmo algúns dos seus amigos descoñecían o alcance total do que escribiu e durante moitos anos foi recoñecido principalmente como o «príncipe da canción», aínda que houbo un recoñecemento dalgunhas das súas creacións en grande escala.[129] En 1838, Robert Schumann, nunha visita a Viena, atopou o poeirento manuscrito da Sinfonía en dó maior (D. 944) e levouno de regreso para Leipzig, onde Felix Mendelssohn o interpretou e tivo unha boa recepción por parte da Neue Zeitschrift für Musik. Un paso importante cara á recuperación das obras abandonadas foi a viaxe a Viena que o historiador da música George Grove e o compositor Arthur Sullivan realizaron en outubro de 1867. Desenterraron os manuscritos de seis das sinfonías, partes da música incidental de Rosamunde, a Misa núm. 1 en fa maior (D. 105) e as óperas Des Teufels Lustschloss (D. 84), Fernando (D. 220), Der vierjährige Posten (D. 190) e Die Freunde von Salamanka (D. 326), e varias otras obras sen nome. Con estes descubrimentos, Grove e Sullivan puideron informar ao público da existencia destas obras. Ademais, puideron copiar as sinfonías Cuarta e Sexta, a música incidental de Rosamunde e a abertura de Die Freunde von Salamanka.[130] Isto conduciu a un interese público máis xeneralizado pola súa obra.[131]

A obra completa de Schubert, Franz Schubert's Werke, publicouse entre 1884 e 1897 pola editorial Breitkopf & Härtel. Foi especialmente relevante, dentro desta, a edición das cancións, encomendada ao musicólogo e compositor Eusebius Mandyczewski, quen realizou un traballo tan meticuloso que aínda hoxe é de referencia.[132] Tamén incluía unha contribución realizada por Johannes Brahms, editor da primeira serie que contén oito sinfonías.[133] Na segunda metade do século XX comezou a publicación do Neue Schubert-Ausgabe por Bärenreiter.[134]

Dado que se publicaron relativamente poucas das súas obras durante a súa vida, só un pequeno número delas ten números opus asignados e mesmo neses casos, a secuencia dos números non dá unha boa indicación da orde de composición. O musicólogo austríaco Otto Erich Deutsch compilou o primeiro catálogo completo das obras de Schubert. O catálogo de Deutsch (Deutsch-Verzeichnis) publicouse por primeira vez en inglés en 1951 e posteriormente foi revisado para unha nova edición en alemán en 1978.[135] A numeración tradicional das obras de Schubert foi substituída pouco a pouco pola catalogación que fixo Deutsch. A notación componse da letra D ou D. seguida por un número e, nalgún caso, unha letra minúscula para insertos ou achados posteriores. Por exemplo, a Sinfonía núm. 8 «Inacabada» ou «Incompleta» leva como número de catálogo D. 759.

Problemas de numeración

[editar | editar a fonte]

A confusión sobre a numeración das últimas sinfonías de Schubert xurdiu bastante cedo. A súa última sinfonía completa, a Sinfonía Grande en maior D. 944, recibiu os números 7, 8, 9 e 10, dependendo da publicación. Do mesmo xeito, a Inacabada D. 759 foi numerada cos números 7, 8 e 9.[136]

A orde seguida xeralmente para estas sinfonías tardías é:

Xurdiu unha confusión aínda maior sobre a numeración das sonatas para piano, con sistemas de numeración que van de 15 a 23 sonatas.

Schubert Denkmal («Monumento a Schubert») no Stadtpark de Viena.

Grillparzer expresou no epitafio de Schubert o sentimento de perda que xeraba a súa prematura morte aos 31 anos: «A arte da música non só enterrou aquí un prezado tesouro, senón esperanzas aínda máis espléndidas»).[112][137] Algúns músicos destacados comparten unha opinión similar, incluído o pianista Radu Lupu, quen dixo: «[Schubert] é o compositor que realmente lamento que morrese tan novo ... Xusto antes de morrer, cando escribiu o seu fermoso Quinteto para corda de dous violonchelos en dó, dixo moi modestamente que estaba tratando de aprender un pouco máis sobre o contrapunto e tiña toda a razón. Nunca saberemos en que dirección ía ou tería ido».[138] Con todo, outros expresaron o seu desacordo con esta visión inicial. Por exemplo, Robert Schumann dixo: «Non ten sentido adiviñar que máis puido ter logrado [Schubert]. Fixo abondo, e que estean satisfeitos os que se teñan esforzado e conseguido o que el logrou»,[139] e o pianista András Schiff dixo que «Schubert viviu unha vida moi curta, mais foi unha vida moi condensada. En 31 anos, viviu máis do que outras persoas vivirían en 100 e non é preciso especular que podería escribir se vivise outros 50 anos. É irrelevante, como con Mozart. Estes son os dos xenios naturais da música».[140]

A Wiener Schubertbund, unha das principais sociedades corais de Viena, fundouse en 1863, mentres se desenvolvía o Gründerzeit. A Schubertbund converteuse axiña no punto de encontro para os mestres de escola e outros membros da clase media vienesa que se sentiron cada vez máis acosados durante o Gründerzeit e as secuelas do pánico de 1873. En 1872, erixiuse o Schubert Denkmal («Monumento a Schubert»), un agasallo á cidade do principal coro masculino de Viena, o Wiener Männergesang-Verein, que actuou no evento.[141] O monumento foi deseñado polo escultor austríaco Carl Kundmann e está situado no Stadtpark de Viena.[142]

A música de cámara de Schubert segue a ser popular. Nunha enquisa realizada pola emisora de radio australiana ABC Classic FM en 2008, as súas obras de cámara dominaron o campo, co Quinteto A Troita en primeiro lugar, o Quinteto para corda en dó maior en segundo e o Nocturno en terceira posición. Ademais, oito das súas obras de cámara encontrábanse entre as 100 pezas clasificadas: ambos tríos para piano, o Cuarteto de corda núm. 14 («A morte e a doncela»), o Cuarteto de corda núm. 15, a Sonata arpeggione, o Octeto, a Fantasía en fa menor para piano a catro mans e o Adagio e rondó concertante para cuarteto de piano.[143]

O principal crítico de música de The New York Times Anthony Tommasini sitúa a Schubert como o cuarto compositor máis grande, escribiu del:

You have to love the guy, who died at 31, ill, impoverished and neglected except by a circle of friends who were in awe of his genius. For his hundreds of songs alone – including the haunting cycle Winterreise, which will never release its tenacious hold on singers and audiences – Schubert is central to our concert life... Schubert's first few symphonies may be works in progress. But the Unfinished and especially the Great C major Symphony are astonishing. The latter one paves the way for Bruckner and prefigures Mahler.[144]
Tes que amar o tipo, que morreu aos 31 anos, enfermo, empobrecido e descoidado, excepto por un círculo de amigos que estaban asombrados do seu xenio. Só polos seus centos de cancións, incluído o inquietante ciclo Viaxe de inverno, que nunca liberará o seu tenaz dominio sobre os cantantes e o público, Schubert é fundamental para a nosa vida de concertos ... As primeiras poucas sinfonías de Schubert poden ser obras en curso. Pero a Sinfonía inacabada e especialmente a Grande en dó maior son asombrosas. A última prepara o camiño para Bruckner e presaxia a Mahler.

Influencias noutros músicos

[editar | editar a fonte]

Dende a década de 1830 ata a década de 1870, Franz Liszt transcribiu e arranxou varias obras de Schubert, particularmente as súas cancións. Liszt, que foi unha influencia significativa na difusión da obra de Schubert logo da súa morte, dixo que era «o músico máis poético que xamais existiu».[145] As sinfonías de Schubert foron de particular interese para Antonín Dvořák. Hector Berlioz e Anton Bruckner recoñeceron a influencia da Sinfonía Grande.[146] Foi Robert Schumann quen, logo de ter visto o manuscrito da Sinfonía Grande en Viena en 1838, chamou a atención de Mendelssohn, quen dirixiu a primeira interpretación da sinfonía, nunha versión moi resumida, en Leipzig en 1839.[147] No século XX, compositores como Richard Strauss, Anton Webern, Benjamin Britten, George Crumb e Hans Zender impulsaron ou homenaxearon o compositor nalgunhas das súas obras. Britten, un pianista consumado, acompañou moitos dos lieder de Schubert e interpretou moitas obras de piano só e dúo.[146]

O grupo alemán de música electrónica Kraftwerk ten unha peza instrumental titulada «Franz Schubert» no seu álbum Trans Europa Express de 1977.[148][149]

Conmemoracións

[editar | editar a fonte]

En 1897, o centenario do nacemento de Schubert estivo marcado no mundo musical por festivais e actuacións adicadas á súa música. En Viena, houbo dez días de concertos e o emperador Francisco Xosé deu un discurso recoñecendo a Schubert como o creador do lied e un dos fillos predilectos de Austria.[150][151] En Karlsruhe viuse a primeira produción da súa ópera Fierrabras.[152]

En 1928, celebrouse en Europa e nos Estados Unidos a Semana Schubert para conmemorar o centenario da morte do compositor. As súas obras interpretáronse en igrexas, salas de concertos e emisoras de radio. Levouse a cabo unha competición, cun premio de 10 000 dólares e o patrocinio da Columbia Phonograph Company para «obras sinfónicas orixinais presentadas como unha apoteose do xenio lírico de Schubert e adicadas á súa memoria».[153] A gañadora foi a Sexta sinfonía de Kurt Atterberg.[153]

[editar | editar a fonte]

Schubert ten aparecido como personaxe en varios filmes, incluíndo Schubert's Dream of Spring (1931), Gently My Songs Entreat (1933), Serenade (1940), The Great Awakening (1941), It's Only Love (1947), Franz Schubert (1953), Das Dreimäderlhaus (1958) e Mit meinen heißen Tränen (1986). A súa música tamén apareceu en numerosas películas posteriores á era muda, incluída Fantasía de Walt Disney (1940), que inclúe a «Ave María» (D. 839);[154] e a película biográfica Carrington (1995), que presenta o segundo movemento do Quinteto para corda en dó maior (D. 956),[155] así como a versión en inglés de Koneko Monogatari (1989), que presenta «Serenade» e «Auf dem Wasser zu singen» (D. 774). Ademais, empregouse a súa música en máis de 840 películas e programas de televisión.[156]

A vida de Schubert foi cuberta no documental Franz Peter Schubert: The Greatest Love and the Greatest Sorrow de Christopher Nupen (1994)[157] e no documental Schubert – The Wanderer de András Schiff e Mischa Scorer (1997), ambos producidos para BBC.[140][158]

O asteroide (3917) Franz Schubert, descuberto por Freimut Börngen o 15 de febreiro de 1961, recibe o seu nome no seu honor.[159] A enseada Schubert, situada na costa oeste da illa Alexandre I na Antártida, leva o seu nome polo compositor.[160]

  1. «Schwamm» é alemán (nos dialectos austríacos e bávaros) para referise aos champiñóns e a terminación «-erl» faino diminutivo.
  2. Existen varias teorías sobre por que Schubert deixou inconclusa a sinfonía. Considérase a posibilidade de que parte do manuscrito se perdese, mesmo que o perdese Hüttenbrenner.[77] Tamén se suxeriu que o interludio en si menor da música de escena para Rosamunde, de 1823, fora na realidade o último movemento sinfónico.[74] A favor desta tese: as coincidencias en orquestración con ambos movementos existentes, incluído o engadido dos tres trombóns incorporados á orquestra clásica convencional, así como a tonalidade.[78] Outra teoría pouco verosímil é a que afirma que Schubert cuestionou a súa madurez autorial para completar dous movementos máis coa mesma altura e calidade expresiva dos previos.[77]
  3. Esta colección, que inclúe escenas de textos de Heinrich Heine, Ludwig Rellstab e Johann Gabriel Seidl, non é un verdadeiro ciclo de cancións como Die schöne Müllerin or Winterreise ou Winterreise.[97]
  4. Foi mencionada mentres estaba de vacacións en Gastein en 1825; esa obra, unha vez considerada perdida, agora é vista xeralmente como unha etapa temperá da súa Sinfonía Grande.
  5. O mercurio era daquela un tratamento común para a sífilis, o que novamente suxire que Schubert a padecía.
  6. D. 537, 568, 575, 664, 784, 845, 850, 894, 958, 959 e 960 completadas de xeito incontrovertido; D. 157, 279, 459, 557, 566 como outras sonatas cuxa completitude foi debatida; D. 571, 613, 625, 840 como sonatas incompletas; e moitos outros posibles fragmentos de sonata e movementos posiblemente asociados con algunhas das sonatas anteriormente citadas.
Referencias
  1. Duncan 1905, p. 2.
  2. 2,0 2,1 García Sánchez, Javier. Franz Schubert, una vida inclompleta (PDF) (en castelán). Universidade de Salamanca. p. 87. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 07 de decembro de 2020. 
  3. McKay 1996, p. 2.
  4. 4,0 4,1 Kreissle von Hellborn 1869, p. 1.
  5. Wilberforce 1866, p. 2.
  6. Steblin, Rita (2001). Franz Schubert – das dreizehnte Kind. Wiener Geschichtsblätter (en alemán). pp. 245–265. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  7. McKay 1996, p. 11.
  8. 8,0 8,1 8,2 Kreissle von Hellborn 1869, p. 5.
  9. 9,0 9,1 Duncan 1905, p. 3.
  10. Brown 1983, pp. 2-3.
  11. Wilberforce 1866, p. 3.
  12. 12,0 12,1 Gibbs 2000a, p. 26.
  13. Pajares Alonso, Roberto L. (2010). Historia de la música en 6 bloques (en castelán). Vision Libros. p. 313. ISBN 978-84-9983-909-7. 
  14. McKay 1996, p. 22.
  15. Duncan 1905, pp. 5-7.
  16. 16,0 16,1 Duncan 1905, p. 7.
  17. Gibbs 2000a, p. 29.
  18. Kreissle von Hellborn 1869, p. 6.
  19. 19,0 19,1 Duncan 1905, p. 9.
  20. Frost 1915, p. 9.
  21. Duncan 1905, p. 10.
  22. 22,0 22,1 Duncan 1905, pp. 13-14.
  23. Benedikt, Erich. "Notizen zu Schuberts Messen. Mit neuem Uraufführungsdatum der Messe in F-Dur". Österreichische Musikzeitschrift (en alemán) 52 (1-2/1997): 64. 
  24. Steblin 1998.
  25. Gibbs 2000a, p. 39.
  26. Newbould 1999, p. 64.
  27. McKay 1996, p. 308.
  28. Hutchings 1967, p. 166.
  29. Newbould 1999, p. 40.
  30. Gramit 1997, p. 108.
  31. Schwarm, Betsy. "Erlkönig. Song by Schubert". Encyclopædia Britannica (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2021. 
  32. McKay 1996, p. 55.
  33. McKay 1996, p. 59.
  34. McKay 1996, p. 138.
  35. Solomon, Maynard (1989). "Franz Schubert and the peacocks of Benvenuto Cellini". 19th-Century Music (en inglés) 12: 193–206. 
  36. "Schubert: Music, Sexuality, Culture". 19th-Century Music (en inglés) 17 (3-101). 1993. 
  37. "Schubert à la Mode". The New York Review of Books (en inglés). 20 de outubro de 1994. 
  38. Steblin, Rita (1993). The Peacock's Tale: Schubert's Sexuality Reconsidered. 19th-Century Music (en inglés). ZDB-ID 4395712, T 17., 1 (Berkeley, California: Univ. of California Press). pp. 5–33. ISSN 0148-2076. 
  39. Steblin, Rita (1996). Babette und Therese Kunz: neue Forschungen zum Freundeskreis um Franz Schubert und Leopold Kupelwieser (en alemán). Viena: Vom Pasqualatihaus. ISBN 3901254161. 
  40. Steblin, Rita (1997). "Schubert's 'Nina' and the True Peacocks". The Musical Times (en inglés) 138: 13–19. 
  41. Steblin, Rita (1998). Die Unsinnsgesellschaft: Franz Schubert, Leopold Kupelwieser und ihr Freundeskreis (en alemán). Böhlau. ISBN 3-205-98820-5. 
  42. Steblin, Rita (2001). "Schubert's Problematic Relationship with Johann Mayrhofer: New Documentary Evidence". En Barbara Haggh. Essays on Music and Culture in Honor of Herbert Kellman. Paris-Tours: Minerve. pp. 465–495. 
  43. Steblin, Rita (2008). Schubert's Pepi: His Love Affair with the Chambermaid Josepha Pöcklhofer and Her Surprising Fate. The Musical Times (en inglés). pp. 47–69. 
  44. Horton, Julian (2015). Schubert (en inglés). Routledge. p. 66. ISBN 9781472439376. 
  45. Pujalte, Silvia (16 de xuño de 2015). "LA MUERTE EN LOS LIEDER DE SCHUBERT" (en castelán). codalario.com. Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  46. "Mario y la rueca". Cinco Días (en castelán). 30 de novembro de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2021. 
  47. Henken, John. "Lieder y trabaja para Piano" (en castelán). Los Angeles Philharmonic. Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  48. McKay 1996, p. 68.
  49. Duncan 1905, p. 26.
  50. McKay 1996, p. 56.
  51. Gibbs 2000a, p. 44.
  52. Newbould 1999, p. 66.
  53. Duncan 1905, pp. 90-93.
  54. McKay 1996, p. 75.
  55. 55,0 55,1 Newbould 1999, pp. 69-72.
  56. Gibbs 2000a, p. 59.
  57. Newbould 1999, p. 235.
  58. Gibbs 2000a, p. 67.
  59. Gibbs 2000, p. 68.
  60. Gibbs 2000a, p. 7.
  61. Gibbs 2000b, p. 20.
  62. McKay 1996, p. 70.
  63. Gibbs 2000a, p. 97.
  64. Hadow, William Henry (1911). "Schubert, Franz Peter". Encyclopædia Britannica (en inglés) 24. Londres, Nova York: The Encyclopædia Britannica Company. p. 380. 
  65. 65,0 65,1 Austin 1873, pp. 46-47.
  66. Wilberforce 1866, pp. 90-92.
  67. Wilberforce 1866, p. 25.
  68. 68,0 68,1 68,2 Newbould 1999, p. 173.
  69. Denny 1997, pp. 245-246.
  70. Gibbs 2000a, p. 111.
  71. 71,0 71,1 71,2 McKay 1996, p. 101.
  72. Thayer et al. 1921, pp. 299-300.
  73. Newbould 1999, p. 182.
  74. 74,0 74,1 Newbould 1999, pp. 182-183.
  75. 75,0 75,1 Clive 1997, p. 85.
  76. Gibbs 2000a, p. 98.
  77. 77,0 77,1 Schonberg 2007, p. 166.
  78. 78,0 78,1 Schubert: Symphony No. 10 and Other Unfinished Symphonies (Notas interiores) (en inglés). Hyperion Records. CD - Hyperion #CDA67000. Consultado o 10 de xaneiro de 2021. 
  79. Newbould 1999, p. 215.
  80. Dirda, Michael (4 de febreiro de 2015). "Ian Bostridge's 'Schubert's Winter Journey examines the composer's melancholy work". The Washington Post (en inglés). Franz Schubert's Winterreise is the greatest, and the most bleakly melancholy, of all song cycles. 
  81. Reed 1997, pp. 208-209.
  82. Newbould 1999, p. 210.
  83. Gibbs 2000b, p. 101.
  84. Newbould 1999, pp. 221-225.
  85. Newbould 1999, p. 260.
  86. Newbould 1999, p. 218.
  87. Duncan 1905, p. 99.
  88. Emmons & Lewis 2006, p. 38.
  89. Newbould 1999, p. 228.
  90. Newbould 1999, p. 254.
  91. Smith, Carlson & Schaeffer 1995, p. 78.
  92. Gibbs 1997, p. 62.
  93. McKay 1996, p. 268.
  94. McKay 1996, p. 276.
  95. Newbould 1999, pp. 261-263.
  96. Newbould 1999, pp. 270-274.
  97. McKay 1996, p. 313.
  98. Griffel 1997, p. 203.
  99. Newbould 1999, p. 385.
  100. Newbould 1999, p. 358.
  101. Schonberg 1997, p. 130.
  102. 102,0 102,1 Newbould 1999, pp. 265-266.
  103. Gibbs 1997, p. 44.
  104. Gibbs 2000a, p. 109.
  105. 105,0 105,1 Newbould 1999, p. 275.
  106. Gibbs 2000a, pp. 168-169.
  107. Deutsch 1998, p. 300.
  108. 108,0 108,1 Duncan 1905, pp. 79-80.
  109. Gibbs 2000b, p. 144.
  110. Gibbs 2000a, p. 197.
  111. Predota, Georg (11 de agosto de 2014). "The Morbid Fascination of Anton Bruckner" (en inglés). Interlude. Consultado o 10 de xaneiro de 2021. 
  112. 112,0 112,1 Gibbs 2000b, p. 133.
  113. Gammond 1982, p. 143.
  114. Gibbs 1997, p. 21.
  115. Ewen 2007, p. 384.
  116. McKay, Elizabeth (1997). "Franz Schubert". The New Grove Dictionary of Opera. Londres e Nova York: Macmillan. 
  117. Lev 1947.
  118. Gammond 1982, p. 117.
  119. Gammond 1982, pp. 76-81.
  120. Brown 2002, p. 630.
  121. Plantinga 1984, p. 117.
  122. Plantinga 1984, pp. 107-117.
  123. Swafford 1992, p. 211.
  124. Gammond 1982, pp. 153-156.
  125. Dvořák & xullo de 1894, pp. 344-345.
  126. Deutsch 1978, p. 668.
  127. Deutsch 1978, pp. 668-669.
  128. Kreissle von Hellborn 1869, pp. 297-332.
  129. Gibbs 2000a, pp. 61-62.
  130. Kreissle von Hellborn 1869, pp. 297-332, na que Grove relata a súa visita a Viena.
  131. Véxase, por exemplo, Kreissle von Hellborn 1869, p. 324, onde Grove describe o interese actual (década de 1860) na obra de Schubert, e Gibbs 1997, pp. 250-251, donde describe o tamaño e alcance das celebracións polo centenario do compositor en 1897.
  132. Clive 1997, p. 125.
  133. Deutsch & Wakeling 1995, p. xiii.
  134. "Neue Schubert-Ausgabe" (en inglés). Bärenreiter. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 15 de xaneiro de 2021. 
  135. Véxase Deutsch & Wakeling 1995.
  136. Véxase Numeración de las sinfonías.
  137. Duncan 1905, p. 80.
  138. Montparker, Carol (maio-xuño de 1981). "Radu Lupu: Acclaim in Spite of Himself". Clavier (en inglés): 13. 
  139. Gibbs 1997, p. 18.
  140. 140,0 140,1 Schubert – The Wanderer (en inglés). 
  141. Botstein 1997, p. 35.
  142. "Franz Schubert. Komponist, 1797 - 1828" (en inglés). viennatouristguide.at. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  143. "The Classical Music Chamber Music 100" (en inglés). Australian Broadcasting Co. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  144. Tommasini, Anthony (21 de xaneiro de 2011). "The Greatest Composers – A Top 10 List". The New York Times (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  145. Liszt 1989, p. 144.
  146. 146,0 146,1 Newbould 1999, pp. 403-404.
  147. Brown 1983, p. 73.
  148. "Kraftwerk ‎– Trans Europa Express" (en inglés). Discogs. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  149. Ballesta, Juan Carlos. "Trans-Europe Express de Kraftwerk: un paradigma de la electrónica llega a sus 40" (en castelán). revistaladosis.com. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  150. Rodenberg & Pechel 1900, p. 118.
  151. The Musical Times & febreiro de 1897, p. 113.
  152. Gibbs 1997, p. 318.
  153. 153,0 153,1 "Schubert Ecstasy". Time (en inglés). 3 de decembro de 1928. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2009. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  154. Gabler, Jay. "From 'Bald Mountain' to 'Ave Maria': The hell-to-heaven 'Fantasia' climax" (en inglés). classicalmpr.org. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  155. Schroeder 2009, pp. 272-274.
  156. "Franz Peter Schubert: The Greatest Love and the Greatest Sorrow" (en inglés). BBC Four. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  157. "(3917) Franz Schubert" (en inglés). JPL. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  158. "Schubert Inlet" (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2020. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]