Isaac Albéniz
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Isaac Albéniz | |
---|---|
![]() Isaac Albéniz | |
Nome completo | Isaac Manuel Francisco Albéniz y Pascual |
Nacemento | 29 de maio de 1860, 26 de maio de 1860, 1860 e 29 de maio de 1861 |
Camprodon, Xirona,![]() | |
Falecemento | 18 de maio de 1909 |
Cambo-les-Bains Aquitania, ![]() | |
Causa | nefrite |
Soterrado | Camposanto de Montjuïc |
Nacionalidade | España |
Educado en | Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, Escola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy, Conservatorio Real de Bruxelas e Conservatorio de París |
Instrumento(s) | piano |
Composicións destacadas | |
Fillos | Alfonso Albéniz Jordana e Laura Albéniz Jordana |
Premios | Cabaleiro da Lexión de Honra |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Isaac Manuel Francisco Albéniz, nado en Camprodon (Xirona) o 29 de maio de 1860 e finado en Cambo-les-Bains (Pireneos Atlánticos, Francia) o 18 de maio de 1909, foi un pianista e compositor español, coñecido polas súas obras para piano baseadas na música popular española.
Non soamente se dedicou á música para este instrumento: tamén escribiu obras para teatro, seis óperas (máis unha inacabada e tres esbozadas) e máis de dúas ducias de cancións, así como varios temas orquestrais e de música de cámara.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Neno prodixio, debuta como pianista con só catro anos nun recital en Barcelona, nesa cidade vai estudar piano, tenta entrar no conservatorio de París, sen éxito, en 1869 a súa familia trasládase a Madrid, en 1876 recibe unha bolsa de estudos de Afonso XII para estudar no conservatorio de Bruxelas, en 1879 regresa a España e en 1883 establécese en Barcelona, onde coñece a Felipe Pedrell quen o convence para escribir música española tal como a Suite Española, Op. 47, o quinto movemento, Asturias (Leyenda) é a máis famosa das obra dese tempo no mundo da guitarra clásica, aínda que orixinalmente fora composta para piano, e só máis tarde transcrita para guitarra por Francisco Tárrega.
Entre 1889 e 1900 viviu en Londres e París e escribiu sobre todo obras teatrais. Iberia, composta entre 1905 e 1908, é a súa obra máis coñecida.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isaac Albéniz ![]() |