Río Notwane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Notwane
Vista da presa de Gaborone no río Notwane
PaísBotswana Botswana
NacementoKalahari
Altitude1.537 msnm
Conca18.053 km2
DesembocaduraRío Limpopo

O río Notwane (ou Ngotwane) é un río do sueste de Botswana. Partes do seu curso coinciden coa fronteira entre Botswana e Suráfrica. A súa desembocadura está no nacemento do río Limpopo. A súa bacía ocupa 18.053 km2.

Curso[editar | editar a fonte]

O Notwane xorde a uns 11 km ao sur de Ramotswa, e flúe pola fronteira cara ao nordés até confluír co Limpopo á altura de Mahalapye.[1] A súa fonte encóntrase nos campos da África austral, nos chamados "veld", na zona oriental do deserto de Kalahari. Logo discorre cara ao nordeste cruzando as terras máis densamente poboadas de Botswana, pasando polo leste de Lobatse e por cerca de Gaborone. Finalmente únese ao río Limpopo pola súa marxe esquerda na fronteira de Suráfrica con Botswana, a 6 km da confluencia do Limpopo co río Matlabas.[2]

A cunca do Notwane está composta polo propio Notwane ademais dos seus afluentes, o Taung, o Metsemaswaane e o Nywane,[1] sendo tamén outro afluente importante o Peleng. Mais todos os ríos son efémeros, onde hai auga a tempadas breves, dependendo das choivas. O seu leito está seco durante a estación seca, e en tempos de secura poden estar así durante todo o ano. Todos estes ríos poden sufrir de enchentes relampo.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

As marxes do río Notwane están habitadas desde a Idade de Pedra media. O primeiro asentamento moderno foi Moshaweng, que foi establecido polo xefe tlokwa Gaborone a finais dos 1880, no lugar da actual capital.[4] A capital do país, Gaborone, foi situada a carón do río nos 1960 en parte debido á proximidade do ferrocarril e en parte debido á dispoñibilidade da auga.[5]

Presas[editar | editar a fonte]

Imaxe da NASA do río Notwane coa presa de Gaborone.

A presa de Gaborone, que abastece de auga a cidade de Gaborone, ten unha capacidade de 144 millón de m3. Curso arriba, a presa de Ngotwane en Lehurutshe, Suráfrica, ten unha capacidade de 18 millóns de m3. Na cunca que fornece de auga a presa de Gaborone hai moitas outras represas, maiormente de pequenas dimensións, sendo só a presa de Nnywane, preto de Lobatse, usada para abastecemento de auga. Tras un estudo en 1992 do impacto das pequenas presas no curso da auga, estableceuse unha moratoria na construcións destas no lugar.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]