Saltar ao contido

Estación de Barbantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barbantes
SituaciónA Barca de Barbantes
(Cenlle)
Liñas
Media distanciaIntercity
Rexional Exprés
Vista da estación.

Barbantes é unha estación de tren de Adif situada na Barca de Barbantes, no concello de Cenlle, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]
Vista da estación.

A estación atópase no punto quilométrico 59,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 93 metros de altitude, entre as estacións de Ourense-Empalme e Ribadavia.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa aperta do tramo Ourense-Arbo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

[editar | editar a fonte]

Está situada a beiras do río Miño como gran parte das estacións deste tramo. O seu edificio para viaxeiros é unha ampla estrutura de base rectangular e planta baixa. Dispón de dúas plataformas (unha lateral e outra central) á que acceden tres vías. A plataforma central é tan estreita que realmente non ten uso por parte dos viaxeiros.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar
  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]