Sober: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m actualización alcaldías 2019
Etiqueta: edición de código 2017
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 40: Liña 40:


== Xeografía ==
== Xeografía ==
O concello de Sober ten unha superficie de 134 km² e atópase na [[Terra de Lemos]], no sur da [[provincia de Lugo]], entre os cursos dos ríos [[Río Cabe|Cabe]] e [[Río Sil|Sil]], que fan de fronteira física polo oeste e sur, respectivamente. Limita cos concellos de [[Monforte de Lemos]] ao norte e leste, [[Pantón]] ao oeste e [[Nogueira de Ramuín]], [[Parada de Sil]], [[A Teixeira]] e [[Castro Caldelas]] ao sur.
Sober atópase na Terra de Lemos. Limita ao norte e leste con [[Monforte de Lemos]], ao norte e oeste con [[Pantón]] e o [[río Cabe]], e ao sur co canón do [[río Sil]]. Ten unha superficie de 134 km², e sitúase a 77 km da capital da provincia.


A capital municipal dista 77 km da capital de provincia, [[Lugo]], e atópase a uns 600 m de altitude.
=== Demografía ===

== Demografía ==


{| {{Táboabonita}}
{| {{Táboabonita}}

Revisión como estaba o 16 de febreiro de 2020 ás 11:27

Coordenadas: 42°28′N 7°36′O / 42.467, -7.600

Sober
Escudo de Sober
Casa do Concello.
Ermida na Ribeira Sacra
Casa do Concello, Ermida na Ribeira Sacra e Canón do Sil.
Situación
Xentilicio[1]soberés/soberesa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra de Lemos
Poboación2.178 hab. (2023)[2][3]
Área133,3 km²[3]
Densidade16,34 hab./km²
Entidades de poboación22 parroquias[4]
Política (2019[5])
AlcaldeLuis Fernández Guitián (PPdG [6])
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Outros: IG-VIVO 2
Eleccións municipais en Sober
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes85,05%
Na rede
http://www.concellodesober.com/
Facebook: concello.desober Twitter: ConcellodeSober Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é soberés[8].

Xeografía

O concello de Sober ten unha superficie de 134 km² e atópase na Terra de Lemos, no sur da provincia de Lugo, entre os cursos dos ríos Cabe e Sil, que fan de fronteira física polo oeste e sur, respectivamente. Limita cos concellos de Monforte de Lemos ao norte e leste, Pantón ao oeste e Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira e Castro Caldelas ao sur.

A capital municipal dista 77 km da capital de provincia, Lugo, e atópase a uns 600 m de altitude.

Demografía

Censo total 2.301 (2018)
Menores de 15 anos 155 (6.74 %)
Entre 15 e 64 anos 1.125 (48.89 %)
Maiores de 65 anos 1.021 (44.37 %)

Economía

O sector primario está centrado na gandería bovina criada para consumo, a cría porcina e en menor medida, ovina.

A agricultura representa o 37% da superficie, orientada ao cultivo de cereais, patacas e primordialmente, a vide. O 58% da superficie é de masa forestal, piñeiros e carballos e mata.

A industria ocupa ao 15% da poboación, concentrándose en entidades de pequeno tamaño ou familiar orientadas principalmente á elaboración de viño. Destaca a produción de material de construción en Canabal e a olería artesá de Gundivós. Outros centros están dedicados á manufactura téxtil (calcetíns) e á fabricación de ferramentas e equipos de labor (cerraxería e máquinas de sulfatado).

O sector servizos aglutínase en torno aos servizos municipais e administrativos e aos establecementos comerciais. Cada quince días ten lugar a feira, coa mesma frecuencia ca o mercado de produtos.

Viño de Amandi

Sober atópase na rexión vinícola da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, albergando a produción da subzona de viños de Amandi e a da ribeira do río Cabe.

Existen arredor de 300 produtores e 29 adegas inscritas no consello regulador. Un centro de embotellado industrial permite a comercialización da marca de viño de Rectoral Amandi.

Cada domingo de Ramos, celébrase en Sober a Feira do viño de Amandi.

Historia

Mapa das parroquias de Sober.

Consérvanse mámoas do megalítico en distintos lugares, así como restos da cultura castrexa.

Durante o período do imperio romano a Vía Nova, que enlazaba Astorga con Braga, atravesaba a zona.

Da constitución do reino dos suevos permanecen os topónimos de varias parroquias.

No 785 o bispo Odoario de Lugo fundou a vila de Amandi.

Patrimonio histórico e artístico

  • A Casa grande de Rosende é un pazo datado en 1511, situado na parroquia de Rosende. Tamén era coñecido na comarca como A Casa das Señoritas. Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural non sendo posible a súa visita. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.

Lugares de Sober

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sober vexa: Lugares de Sober.

Política

Eleccións municipais
Partido 1999 2003 2007 2011
PPdeG 7 8 8 7
PSOE 3 2 1 2
BNG 1 2 2
InGa 1
Total 11 11 11 11

Deporte

No concello hai dous equipos de fútbol, o CD Sober, que xoga os seus partidos en Centeás, e o CD Río Sil, que xoga no campo da Carqueixa. Os dous xogaban na tempada 2018/19 na Terceira Autonómica de Galicia.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Sober.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Sober

Amandi (Santa María) | Anllo (Santo Estevo) | Arroxo (San Martiño) | Barantes (San Xoán) | Bolmente (Santa María) | Brosmos (Santa Cruz) | Bulso (San Pedro) | Canaval (San Pedro) | Doade (San Martiño) | Figueiroá (San Salvador) | Gundivós (Santiago) | Liñarán (San Martiño) | Lobios (San Xillao) | Millán (San Nicolao) | Neiras (San Salvador) | Pinol (San Vicente) | Proendos (Santa María) | Refoxo (Santo Estevo) | Rosende (San Miguel) | San Martiño de Anllo (San Martiño) | Santiorxo (San Xurxo) | Vilaescura (Santa María)

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Sober".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Sober". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 59. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.