Vilaescura, Sober
| Vilaescura | |
|---|---|
Igrexa de Santa María de Vilaescura. | |
| Concello | Sober[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°28′09″N 7°36′43″O / 42.46919, -7.61199 |
| Poboación | 105 hab. (2025) |
| Entidades de poboación | 5[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Vilaescura é unha parroquia do concello de Sober na provincia de Lugo. Segundo o INE[2], en 2025 tiña 105 habitantes (48 homes e 57 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación a 2011, cando tiña 96 habitantes.
En 1998 tiña 134 habitantes, cunha densidade media de 41,3 hab/km². En 1970 tiña 206 habitantes e en 1900 con 185.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está bañada polo río Cabe que entra no concello por Canaval. Situada ao noroeste do concello, está delimitada ao norte por Espasantes e Canaval, ao sur por Rosende, ao leste por Millán e ao oeste por Rosende e Cangas (concello de Pantón). A altitude máxima é de 363 m.
Comunícase por unha estrada local e polo ferrocarril Monforte-Vigo, coa estación na propia parroquia de Canaval.
Historia
[editar | editar a fonte]En termos eclesiásticos é unha freguesía allea de San Pedro de Canaval, municipio de Sober, arciprestado de Amandi, provincia e diocese de Lugo. Pertenceu aos cabaleiros do Temple, e conserva no presbiterio o bo retablo maior de estilo rococó e seguramente de taller monfortino. Mostras da cultura hachelense foron atopadas no castro de Vilaescura, situado sobre o punto de ruptura da pendente que marca o inicio do canón do río Cabe, nunha propiedade privada. Tanto este asentamento como a súa contorna atópanse baixo unha carballeira, que facilita o paseo ata o lugar desde a igrexa con vistas ao Cabe, unha zona de extraordinaria beleza. Hai que dicir, porén, que boa parte das estruturas pétreas deste castro están desmanteladas.
Festas
[editar | editar a fonte]O primeiro domingo de setembro celébrase a festividade da Virxe dos Remedios, que na década de 1970 chegou a ter competición de tiro ao prato. O 2 de febreiro é a festa das Candelas, na honra da Virxe da Candelaria. Antes celebrábase no campo de Penademiro e había unha gran procesión. O último domingo de maio celébrase a festa da Virxe María.
Desde 1986 celébrase un sábado de agosto unha gran comida, con churrasco, empanada e queimada.
Notas
[editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Lavadoiro público.
- Cruceiro con peto de ánimas na base.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilaescura
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Vilaescura no concello de Sober (Lugo) | |
|---|---|
|
Os Condes | Moreda | Pena de Miro | Vaz | Vilaescura |