Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
D.O. Ribeira Sacra
Industrias
89 [1]
Superficie
1 258 ha [1]
Viticultores
2 674 [1]
Produción uva
4 600 272 kg [1]
Viño cualificado
2 950 000 l [1]
Valor estimado
11 800 000 [1]
Páxina web
www.ribeirasacra.com
Enderezo
Rúa do Comercio 6-8
Monforte de Lemos.

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Os viñedos, cultivados en socalcos nas pendentes ladeiras dos ríos Miño e Sil, constitúen xa elas soas un atractivo turístico.

Amandi.

A D.O. Ribeira Sacra está dividida en 5 subzonas: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Sil-Ourense e Ribeiras do Miño. As variedades de uva usadas son[2]:

Os viñedos ocupan 1.242 hectáreas. As 95 adegas, que ocupan algo menos de 3.000 traballadores, producen máis de 2 millóns de litros anuais.

O amparo dos ríos achega un microclima á zona, que coa orientación sur das pronunciadas ladeiras favorecen a correcta maduración que as uvas necesitan para a elaboración duns caldos que en xa en época dos romanos eran descritos como Ouro líquido do Sil.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Os viños da nosa terra", separata de Faro de Vigo, 12/7/2015.
  2. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]