Escocia no Festival de Eurovisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escocia

EuroScotland.svg

Estación membro BBC Scotland ou STV
Final nacional
Aparicións 0
Primeira aparición
Mellor resultado
Final
Semifinal
Peor resultado
Final
Semifinal
Ligazóns externas
Páxina de Escocia en Eurovision.tv

O Partido Nacional Escocés fixo campaña por un posto no Festival de Eurovisión para Escocia, pero foi rexeitado en numerosas ocasións porque Escocia xa está representado como parte do Reino Unido pola BBC. O 11 de febreiro de 2008, a UER declarou que un organismo de radiodifusión escocés podería solicitar a membresía da UER, pero baixo as regras da actualidade non podería entrar no Festival de Eurovisión xa que na actualidade a BBC ten os dereitos exclusivos para representar a todo o Reino Unido.

O 25 de novembro de 2013, o goberno escocés publicou un anteproxecto de referendo que detallaba os plans para a transferencia da BBC de Escocia ao Servizo de Radiodifusión escocés (SBS) e unirse á UER, para participar nas competicións, incluída a entrada de Escocia no Festival de Eurovisión. Aínda así o seu debut tería que ser mínimo no 2017.[1][2][3] Porén, no referendo do 18 de setembro de 2014 de independencia non gañou o independentismo, polo que Escocia segue formando parte do Reino Unido, e con el, os dereitos da BBC de representar todo o Reino Unido, incluíndo Escocia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Granger, Anthony (26 November 2013). "Scotland would participate in Eurovision". Eurovoix.com. BBC. Consultado o 1 June 2014. 
  2. "Scotland's Referendum 2014 - What will happen to the BBC following independence?". Scottish Government. Consultado o 26 November 2013. 
  3. "Scotland's Referendum 2014 - Would the Scottish Broadcasting Service (SBS) join the European Broadcasting Union (EBU)?". Scottish Government. Consultado o 26 November 2013.