Sandie Shaw

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSandie Shaw

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Sandra Ann Goodrich Editar o valor em Wikidata
26 de febreiro de 1947 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Dagenham, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesSandie Shaw Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Londres
Robert Clack School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de pop , artista discográfico , Mondina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor em Wikidata - 2013 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Grã-Bretanha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoPye Records
Polydor Records
Virgin Records
HMV (pt) Traducir
RCA Victor
Reprise Records
Liberty
I Dischi del Sole Editar o valor em Wikidata
Participou en
8 de abril de 1967Festival Eurovisão da Canção 1967 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina websandieshaw.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0789962 Allmovie: p152529
Spotify: 5uxkcHbgyNbyzq1nyChvCa Musicbrainz: 16963107-9288-43a2-946c-81de2f5eddfa Songkick: 273001 Discogs: 198319 Allmusic: mn0000240081 Deezer: 7454 Genius: Sandie-shaw Editar o valor em Wikidata

Sandra Ann Goodrich, nada en Dagenham (Essex) o 26 de febreiro de 1947, é unha cantante inglesa coñecida como Sandie Shaw.

Considerada unha musa mod, en 1967 gañou o festival de Eurovisión coa canción "Puppet on a String", que foi número un no Reino Unido e un grande éxito en toda Europa. Comezou a súa carreira musical con dezasete anos, gravando éxitos como "Always Something There to Remind Me".[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao rematar os seus estudos, Shaw traballou como mecanógrafa no departamento de contabilidade da fábrica de automóbiles Ford Anglia de Dagenham e complementou os seus ingresos traballando como modelo publicitaria. Gañou o segundo premio nun concurso local para cantantes afeccionados e chamou a atención dun cazatalentos local.

Descuberta por Adam Faith, Sandie Shaw foi presentada á xerente Eve Taylor. O seu segundo sinxelo, "(There's) Always Something There to Remind Me", unha versión dunha canción de Lou Johnson escrita por Burt Bacharach e Hal David, foi o seu primeiro éxito en 1964.[2] Despois chegaron moitos outros éxitos, compostos por Chris Andrews, como "Girl Don't Come", o seu maior éxito nos Estados Unidos,[3] e "I’ll stop at nothing".[4][5]

A artista tamén gravou as súas cancións en italiano, francés, alemán e castelán. Tivo moito éxito na Europa continental, Suramérica e actuou en Europa do Leste e Irán antes da revolución. Os problemas do permiso de traballo impedíronlle a entrada nos Estados Unidos. Un dos seus trazos característicos era actuar descalza, o que dicía que a facía sentir máis cómoda e se sentía mellor o ambiente dunha canción. Os títulos eran producidos por Eve Taylor e Chris Andrews, mais tamén pola propia cantante (sen acreditar). Os arranxos eran de Ken Woodman.

En 1967, as vendas discográficas da artista diminuíron e a súa representante fixo que gravase cancións ao estilo de cabaré en contra da súa vontade.[6] Logo representou o Reino Unido no Festival de Eurovisión con "Puppet on a String", unha composición de Bill Martin e Phil Coulter. Declarou que odiaba a canción, que con todo gañou o Festival de 1967 cunha marxe de votos case récord,[7] e converteuse nun éxito mundial.[8] Sandie Shaw casou con Jeff Banks en 1971[9] e tiveron unha filla, Gracie, que naceu en 1971.[10]

O seu último éxito no top 10 británico foi "Monsieur Dupont", lanzado en 1969. No mesmo ano, a cantante produciu o seu propio álbum Reviewing the Situation. que contiña versións de cancións de artistas coñecidos como Bob Dylan e The Rolling Stones e converteu a Shaw na primeira artista coñecida que versionou unha canción de Led Zeppelin.

En 1972, co éxito en declive, deixou de gravar e embarcouse noutros proxectos. Escribiu un musical de rock, compuxo, actuou como actriz, escribiu e ilustrou libros infantís. Volveu tamén o seu interese cara ao budismo. Comezou entón un período de vacas fracas despois de divorciarse de Jeff Banks e mesmo aceptou un traballo de camareira.

Casou en 1982 co cofundador do grupo Virgin e presidente da Academia do Cinema Europeo Nik Powell. Sandie Shaw volveu gravar e Chrissie Hynde convidouna a actuar no escenario co seu grupo The Pretenders. O ano seguinte recibiu unha carta do cantante Morrissey e o guitarrista Johnny Marr de The Smiths,[3] que a convenceu para gravar unha versión da súa canción "Hand in Glove" que vendeu 20 000 copias durante os tres primeiros días e se colocou nas listas de éxitos do Reino Unido.[2]

Finalmente lanzou un disco, Hello Angel, en 1988, en colaboración con Stephen Street, Kevin Armstrong, Jim e William Reid de The Jesus and Mary Chain e Chris Andrews. Tres anos despois publicouse a súa autobiografía The World at My Feet. Estudou nas universidades de Oxford e Londres e converteuse en psicoterapeuta en 1994.

En 2002 gañou unha batalla legal por recuperar o seu catálogo de gravacións e publicou The Very Best of Sandie Shaw en 2005. Tamén falou das súas declaracións negativas pasadas sobre Eurovisión e admitiu estar orgulloso da súa vitoria en 1967.

Shaw anunciou a súa retirada da industria musical en 2013.[11]

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sandie Shaw". Historias de rock. Consultado o 2020-12-25. 
  2. 2,0 2,1 Roberts, David (2006). British Hit Singles & Albums (19th ed.). Londres: Guinness World Records Limited. p. 495. ISBN 1-904994-10-5. 
  3. 3,0 3,1 Roberts, David (1998). Guinness Rockopedia (1st ed.). Londres: Guinness Publishing Ltd. p. 387. ISBN 0-85112-072-5. 
  4. Whitburn, Joel (2003). Top Pop Singles 1955–2002 (en inglés) (1.ª ed.). Wisconsin: Record Research Inc. p. 365/634. ISBN 0-89820-155-1. 
  5. Rice, Jo (1982). The Guinness Book of 500 Number One Hits (en inglés) (1.ª ed.). Enfield, Middlesex: Guinness Superlatives Ltd. p. 85. ISBN 0-85112-250-7. 
  6. "Biography by Stephen Thomas Erlewine". Allmusic.com. Consultado o 15 de abril de 2009. 
  7. O'Connor, John Kennedy (2007). The Eurovision Song Contest – The Official History (en inglés). UK: Carlton Books. p. 208. ISBN 978-1-84442-994-3. 
  8. Murrells, Joseph (1978). The Book of Golden Discs (2nd ed.). Londres: Barrie and Jenkins Ltd. p. 229. ISBN 0-214-20512-6. 
  9. Tobler, John (1992). NME Rock 'N' Roll Years (1st ed.). London: Reed International Books Ltd. p. 182. CN 5585. 
  10. Tobler (1992). NME Rock 'N' Roll Years (1st ed.). p. 223. 
  11. James Lachno, "Sandie Shaw has retired from music", The Telegraph, 10 de abril del 2013 (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]