Terry Wogan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terry Wogan
Terry Wogan MBE Investiture cropped.jpg
Terry Wogan no Palacio de Buckingham tras recibir a Orde do Imperio Británico en 2005
Nacemento 3 de agosto de 1938
Lugar Limerick, Irlanda Irlanda
Falecemento 31 de xaneiro de 2016
Lugar Taplow, Reino Unido Reino Unido
Causa Cancro
Nacionalidade Irlandés e británico
Alma máter Crescent College
Ocupación Presentador de televisión e locutor de radio
Coñecido/a por Festival de Eurovisión (1971-2008)
Premios Knight Commander of the Order of the British Empire
editar datos en Wikidata ]

Sir Michael Terence Wogan, nado en Limerick (Irlanda) o 3 de agosto de 1938 e finado en Taplow, (Reino Unido) o 31 de xaneiro de 2016, foi un dos máis afamados presentadores e locutores de radio e televisión do Reino Unido, converténdose nun dos símbolos da BBC.[1]

Antes de retirarse do seu programa matinal na BBC Radio 2, Wake Up to Wogan no 2009, tiña oito millóns de público regular, converténdoo no locutor de radio máis escoitado en Europa.[2] Comezou a súa carreira na telvisión pública irlandesa RTÉ na década dos 60.

Desde a década de 1960 foi unha das personalidades máis importantes da televisión no Reino Unido e era habitualmente referido como un tesouro nacional.[2] Ademais do seu programa diario, era coñecido no Reino Unido polo seu traballo na televisión, presentado entre outros programas o talk-show Wogan na BBC One e o programa de recadación de fondos para os nenos Children in Need. Foi ademais o comentarista para a BBC do Festival de Eurovisión entre 1971 e 2008, chegando incluso a presentar o certame no Festival de Eurovisión 1998 celebrado en Birmingham.[3]

Adquiriu a dobre nacionalidade irlandesa e británica en 2005.[4] Foi galardoado como Cabaleiro da Orde do Imperio Británico ese mesmo ano, podendo levar desde entón o título de Sir diante do seu nome.[5]

Finou a causa dun cancro o 31 de xaneiro de 2016 na súa casa en Buckinghamshire.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lainformacion, ed. (31 de xaneiro de 2016). "Falleció el presentador irlandés de televisión Terry Wogan a los 77 años.". Consultado o 31 de xaneiro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Wogan’s run – the King of banter finally goes blankety blank" Por Kim Bielenberg, Sábado 12 de setembro de 2009, Irish Independent
  3. BBC (ed.). "BBC – Eurovision Song Contest, 1998, Grand Final: 1998". Consultado o 31 de xaneiro 2016. 
  4. "The Irish stars UK TV wouldn't be the same without". Radio Times. 17 de marzo de 2015. Consultado o 31 de xaneiro 2016. 
  5. BBC News, ed. (17 de xuño de 2005). "Radio's Wogan becomes Sir Terry". Consultado o 14 de marzo de 2015. 
  6. ITV News (ed.). "Tributes to broadcaster who made his home in Buckinghamshire". Consultado o 31 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]