Victoria Woodhull

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Victoria Woodhull
Victoria Woodhull.jpg
Nome completoVictoria Claflin
Nacemento23 de setembro de 1838
 Homer, Ohio
Falecemento9 de xuño de 1927 e 10 de xuño de 1927
 Bredon
SoterradaTewkesbury
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióncorretor de bolsa, sufraxista, editora literaria, política, xornalista, suffragette e feminista
Cónxuxesen etiquetar, James Blood e John Martin
Fillossen etiquetar e sen etiquetar
IrmánsTennessee Celeste Claflin
PremiosNational Women’s Hall of Fame
Victoria Woodhull signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Victoria Claflin Woodhull, máis tarde coñecida como Victoria Woodhull Martin, nada o 23 de setembro de 1838 e finada o 9 de xuño de 1927, foi unha líder do movemento polo sufraxio feminino nos Estados Unidos.

En 1872, Woodhull converteuse na primeira muller en presentar a súa candidatura para a presidencia dos Estados Unidos. Ademais do seu labor como activista a prol dos dereitos das mulleres e das reformas laborais, Woodhull apoiaba o amor libre, que para ela significaba ter liberdade para casar, divorciarse e ter fillos sen a interferencia do goberno.

Woodhull pasou dúas veces da pobreza á riqueza: a primeira vez, cultivou un gran éxito grazas ó seu traballo coa magnetoterapia, e a segunda vez, na década de 1870, logo de unirse ó movemento espiritualista, fixo unha fortuna como corredora de bolsa en Nova York.[1][2] Aínda que a autoría de varios dos seus artigos está en disputa (algúns dos seus escritos e discursos foron colaboracións entre ela, os seus axudantes e o seu segundo esposo, o coronel James Blood), o seu rol como representante dos movementos sociais polo voto feminino e demais causas a prol dos sectores desfavorecidos foi moi poderoso.[3] Xunto coa súa irmá, foi a primeira muller que operou unha financeira en Wall Street, e ambas foron das primeiras mulleres que fundaron un xornal, Woodhull & Claflin's Weekly, que comezou a publicarse en 1870.[4]

A principios da década de 1870, na súa etapa política máis activa, Woodhull adquiriu notoriedade como a primeira muller que presentou a súa candidatura para a presidencia dos Estados Unidos, como representante do partido Equal Rights, que avogaba polo sufraxio feminino e a igualdade de dereitos. Días antes das eleccións, foi acusada de obscenidade por publicar un artigo sobre o suposto romance adúltero entre o prominente ministro Henry Ward Beecher e Elizabeth Tilton e arrestada, o que sumou unha gran cobertura nos medios á súa candidatura. Non recibiu votos electorais e non se sabe con seguridade se obtivo algún voto popular.

As reformas e os ideais de Woodhull para a clase traballadora, en contraposición ó que ela vía como a elite corrupta e capitalista, eran moi controvertidos e extremistas na súa época. Varias xeracións despois, moitas destas reformas foron implementadas e algunhas das súas ideas e suxestións aínda están en debate.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Johnson, 1956, p. 46
  2. Johnson, 1956, p. 46-47
  3. Johnson, 1956, p. 86, p. 87
  4. The Revolution, un periódico semanal fundado por Susan B. Anthony y Elizabeth Cady Stanton, había comenzado a publicarse dos años antes, en 1868.