Luigi Galleani
Luigi Galleani | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de agosto de 1861 |
Lugar de nacemento | Vercelli, Italia |
Falecemento | 4 de novembro de 1931 (70 anos) |
Lugar de falecemento | Caprigliola, Aulla, Italia |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Nacionalidade | Reino de Italia |
Alma máter | Universidade de Turín |
Ocupación | Político anarquista |
Cónxuxe | Maria Galleani |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luigi Galleani nado en Vercelli o 12 de agosto de 1861, e finado en Caprigliola, Aulla o 4 de novembro de 1931, foi un anarquista italiano activo nos Estados Unidos entre 1901 e 1919. Visto polos historiadores como un anarquista insurreccionalista, é coñecido pola súa defensa entusiasta da "propaganda polo feito", como o uso da violencia para eliminar "tiranos" e "opresores" e actuar como un catalizador para derrubar as institucións gobernamentais existentes.[1][2][3] Dende 1914 a 1932, os seguidores de Galleani nos Estados Unidos (coñecidos como i Galleanisti), levaron a cabo unha serie de atentados con bombas e intentos de asasinato contra persoas que viron como inimigos de clase.[1] Despois de que Galleani fose deportado de volta a Italia en xuño de 1919, os seus compañeiros reivindicaron o Atentado de Wall Street de 1920, que provocou a morte de 38 persoas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Avrich, P., Sacco and Vanzetti: The Anarchist Background, Princeton, N.J.: Princeton University Press, ISBN 0-691-02604-1 (1991), pp. 81, 97-99, 135-141, 147, 149-156, 158, 172, 195, 214
- ↑ Galleani, Luigi, Faccia a Faccia col Nemico, Boston, MA: Gruppo Autonomo, (1914)
- ↑ Wilkinson, Paul, Conflict Studies: Terrorism versus Liberal Democracy, the Problems of Response, London: Institute for the Study of Conflict, Current Affairs Research Services Centre, Issues 67-68 (1976), p. 3