Margaret Sanger
Margaret Higgins Sanger ou Margaret Louise Higgins, nada en Corning o 14 de setembro de 1879 e finada o 6 de setembro de 1966, foi unha enfermeira, sexóloga, escritora e activista do control de natalidade norteamericana. Sanger foi a responsábel da popularización do termo "birth control" (control de natalidade, en galego) nos Estados Unidos. Abriu o primeiro centro de planificación da natalidade no país, así como outros estabelecementos ligados á organización Planned Parenthood Federation of America.
En 1914, Sanger foi procesada polos Estados Unidos, so as leis do Acto Federal Comstock, de 1873. Estas leis prohibían a circulación, venda e produción de toda literatura de contido sexual, erótico ou informacións e activismo sobre o control da natalidade, tanto sobre contraceptivos como sobre o aborto. Temerosa do que podería acontecer, Sanger refuxiouse nos países británicos até que fose seguro retornar aos Estados Unidos.[1]
Pola súa conexión coa organización Planned Parenthood, Sanger foi, e aínda é, albo frecuente das posturas críticas co aborto. Porén, o Planned Parenthood Federation of America comezou a realizar abortos en 1970, catro anos despois da súa morte. A organización sen fins lucrativos, fundada en 1916[2], funciona até hoxe, e ofrece servizos como educación sexual e control de natalidade, non só nos Estados Unidos, mais de maneira global.[3]
En 1916, Sanger fundou a primeira clínica de control de natalidade nos Estados Unidos. Tamén nese ano foi prendida tras entregar un panfleto con informacións sobre contraceptivos para un policía de paisano. Sanger usou a oportunidade para se manifestar contraria aos actos de censura impostos polo Acto Comstock, e a súa detención causou rebumbio no país. Ao prenderen a Sanger, a policía clausurou a clínica, e levou diversos rexistros médicos confidenciais.
Entre as súas intencións coa clínica, estaba o desexo de previr as mulleres contra clínicas de aborto ilegais, con procedementos médicos perigosos e dubidosos. Estas clínicas eran comúns na época por estar prohibido o aborto nos Estados Unidos. Malia avogar pola causa dos dereitos das mulleres e crer que o aborto puidese estar xustificado, Sanger era contraria a este. Consideraba que o procedemento debería ser evitado, e no seu lugar a prevención e contraceptivos debían ter preeminencia. Na súa concepción, a única cura para o aborto era a prevención.
Foi presidenta da Planned Parenthood, de 1952 a 1959, que tiña sede na India, e faleceu en 1966. Foi considerada por moitas persoas como a fundadora do moderno movemento pro-aborto.
Traballo coa comunidade afroamericana no Harlem
[editar | editar a fonte]As críticas ao traballo de Sanger, en moitas ocasións, acusan o seu traballo de racismo. Isto débese porque en 1929 Sanger abriu unha clínica de control de natalidade no Harlem, de costas á comunidade afroamericana, aliada ás súas ideas euxenistas. A clínica, no entanto, foi aberta tras James H. Hubert, secretario do Urban League de Nova York, ver a necesidade dunha clínica na rexión, polo que lle solicitou a Sanger abrila. Hubert, na época, traballaba tentando levar dereitos básicos de saúde, vivenda e emprego á comunidade negra e latina do Harlem. A clínica foi aberta en 1930, con persoal médico e funcionario negro. Contou co auxilio do fondo de investimentos Rosenwald Fund, que investía en emprendementos de incentivo á educación e á saúde para a poboación negra norteamericana.
A clínica era xestionada por un consello formado por persoal médico e de enfermaría, así como asistentes sociais e xornalistas de raza negra. Foi divulgada en igrexas con fieis maioritariamente de raza negra, e recibiu a aprobación de responsábeis por xornais de activismo negro, como de Web Du Bois. O traballo de Sanger con comunidades necesitadas tamén foi louvado por Martin Luther King, Jr., no seu discurso de aceptación do premio Margaret Sanger Award, en 1966.
Críticas, euxenismo e elitismo
[editar | editar a fonte]Frecuentemente, Sanger foi albo de críticas polas súas visións euxenistas e elitistas. Mesmo así, sempre se mantivo como unha figura respectada entre as e os activistas de control de natalidade. As súas visións euxenistas non tiñan relación con raza, relixión ou orixe, mais con condicións sociais. Sanger cría que unha familia sen condicións económicas para a crianza non debería ser permitida de se reproducir. Ao seu ver, unha familia cunha correcta condición de vida salarial sería capaz de coidar mellor dun ou dous nenos ca de sete ou oito, e que se non se reproducisen, iso xeraría unha "raza mellor".
Obras
[editar | editar a fonte]Libros e panfletos
- What Every Mother Should Know – Orixinalmente publicado en 1911 ou 1912, baseado nunha serie de artigos que Sanger publicou en 1911 no New York Call. Pode ser lido en liña, na biblioteca virtual da Universidade de Míchigan Arquivado 02 de setembro de 2022 en Wayback Machine. (Edición de 1921, Michigan State University)
- Family Limitation – Orixinalmente publicado en 1914 como un panfleto de 16 páxinas. Pode ser lido en liña, na biblioteca virtual da Universidade de Míchigan Arquivado 02 de setembro de 2022 en Wayback Machine. (Edición de 1917, Michigan State University); ou en liña Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine.(Edición de 1920);
- What Every Girl Should Know – Orixinalmente publicado en 1916. Pode ser lido en liña, na biblioteca virtual da Universidade de Míchigan Arquivado 02 de setembro de 2022 en Wayback Machine. (Edición de 1920); En liña Arquivado 02 de setembro de 2022 en Wayback Machine. (1922 ed., Michigan State University)
- The Case for Birth Control: A Supplementary Brief and Statement of Facts – 1917. En liña (Internet Archive)
- Woman and the New Race, 1920. En liña (Harvard University); Online (Project Gutenberg); En liña (Internet Archive); Son on Archive.org
- Debate on Birth Control – 1921. En liña Arquivado 02 de setembro de 2022 en Wayback Machine. (1921, Michigan State University)
- The Pivot of Civilization, 1922, Brentanos. En liña (1922, Project Gutenberg); En liña (1922, Google Books)
- Motherhood in Bondage, 1928, Brentanos. En liña (Google Books).
- My Fight for Birth Control, 1931, Nova York: Farrar & Rinehart
- Fight for Birth Control, 1916, Nova York (The Library of Congress)
- Birth Control A Parent's Problem or Women's?" The Birth Control Review, Mar. 1919, 6–7.
Xornais
- The Woman Rebel – Sete edicións publicadas mensualmente en 1914. Sanger publicaba e editaba.
- Birth Control Review – Publicado mensualmente de 1917 até 1940. Sanger foi editora até 1929, cando dimitiu do cargo.
Coleccións e antoloxías
- Sanger, Margaret, The Selected Papers of Margaret Sanger, Volume 1: The Woman Rebel, 1900–1928, Esther Katz, Cathy Moran Hajo, Peter Engelman (eds), University of Illinois Press, 2003
- Sanger, Margaret, The Selected Papers of Margaret Sanger, Volume 2: Birth Control Comes of Age, 1928–1939, Esther Katz, Cathy Moran Hajo, Peter Engelman (eds), University of Illinois Press, 2007
- Sanger, Margaret, The Selected Papers of Margaret Sanger, Volume 3: The Politics of Planned Parenthood, 1939–1966, Esther Katz, Cathy Moran Hajo, Peter Engelman (eds), University of Illinois Press, 2010
- Works by Margaret Sanger at Project Gutenberg
- The Margaret Sanger Papers at Smith College Arquivado 27 de maio de 2011 en Wayback Machine.
- The Margaret Sanger Papers Project at New York University
Discursos
- Sanger, Margaret, "The Morality of Birth Control" 1921.
- Sanger, Margaret, "The Children's Era" 1925.
- Sanger, Margaret, "Woman And The Future" 1937.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Douglas, Emily (1970). Margaret Sanger: Pioneer of the Future. Canadá: Holt, Rinehart, and Winston. p. 57.
- ↑ "Who We Are - Planned Parenthood". Planned Parenthood. Consultado o 04/02/2017.
- ↑ "In face of Zika virus, women ponder abortion, childlessness". CBN News. 28/01/2016. Consultado o 04/02/2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cívico, Irene; Parra, Sergio (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo. Barcelona: Penguin Random House. pp. 88-91. ISBN 978-84-9043-882-4.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Margaret Sanger ![]() |