Infección de transmisión sexual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Infección de transmisión sexual
Clasificación e recursos externos
Enfermos de sífilis atendidos por médicos (ilustración de 1496).
ICD-10 A64
ICD-9 099.9
DiseasesDB 27130
MeSH D012749
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Póster de propaganda estadounidense (c. 1942-1945), dirixido a soldados e mariñeiros da Segunda Guerra Mundial onde se apelaba ó seu patriotismo para que se protexeran das enfermidades venéreas (nome médico usado nesa época).

As infeccións de transmisión sexual (ITS), enfermidades de transmisión sexual (ETS) ou máis coñecidas por enfermidades venéreas, son o conxunto de entidades clínicas infectocontaxiosas agrupadas que se transmiten dun a outro individuo soamente por medio de contacto íntimo que se produce, case de maneira exclusiva, durante as relacións sexuais, incluíndo o sexo vaxinal, o sexo anal e mais o sexo oral. Os axentes produtores das infeccións de transmisión sexual inclúen bacterias, virus, fungos e protozoos. Con todo, poden transmitirse tamén polo uso de xiringas contaminadas ou ben por contacto co sangue, e algunhas delas poden transmitirse durante o embarazo ou o parto, desde a nai ao fillo.[1]

Doenzas principais[editar | editar a fonte]

Entre as infeccións de transmisión sexual atópanse:

  • A clamidia é unha doenza de transmisión sexual causada pola bacteria Chlamydia trachomatis. Nas mulleres os síntomas poden ir dende supuracións anormais da vaxina, dor durante a micción e sangrado entre períodos, aínda que a maioría das mulleres non experimentan ningún síntoma.[2] Nos homes pode presentarse dor durante a micción e supuracións anomais do pene.[3] Se se deixa sen tratar, a clamidia pode infectar o tracto urinario tanto en homes como en mulleres e levar unha doenza pélvica inflamatoria. Esta pode ocasionar graves problemas durante o embarazo e mesmo provocar infertilidade. Tamén pode causar un embarazo ectópico potencialmente mortal. Porén, a clamidia pódese curar con antibióticos.
  • As dúas formas máis comúns de herpes teñen orixe nunha infección por mor do virus do herpes simple. O virus da variedade 1 contáxiase oralmente e provoca herpes labial, mentres que o da variedade 2 contráese por medio de contacto sexual e afecta os xenitais. Porén, ámbalas dúas cepas do virus poden afectar a calquera dos dous sitios.[4] Algunhas persoas son asintomáticas ou presentan síntomas moi febles. Aqueles que experimentan síntomas normalmente percíbenos entre 2 e 20 días despois da exposición ao virus e dura entre dúas e catro semanas. Os síntomas poden incluír vexigas, dor de cabeza, dor de costas, sensación de proído ou formigueo nos xenitais ou na zona anal, dor durante a micción, síntomas gripais, inflamación das glándulas ou febre. O herpes contáxiase por medio do contacto cutáneo coa persoa infectada. O virus afecta as áreas onde entra no corpo. Isto pode acontecer con bicos, sexo vaxinal, sexo oral e anal. O virus é máis infeccioso durante o tempo no que os síntomas son visíbeis, aínda que as persoas asintomáticas poden espallar o virus co contacto coa pel.[5] A primeira vez que unha persoa é contaxiada é a peor, xa que o corpo non ten anticorpos para facerlle fronte ao virus. Despois da primeira vez, os síntomas poden ser máis leves ou mesmo inexistentes. Non hai cura para a doenza mais existen medicamentos antivirais para tratar os síntomas e reducen os riscos de transmisión (Valtrex). Aínda que a cepa 1 é tipicamente a versión "oral" do virus e a 2 a "xenital", unha persoa coa cepa 1 na boca pode transmitir o virus á súa parella nos xenitais. O virus, sen importar o tipo, pode asentarse nun nervio da parte superior da columna vertebral e producir o brote "oral" ou na parte inferior da columna producindo o brote "xenital".
  • O virus do papiloma humano (VPH) é a doenza de transmisión sexual máis común dos Estados Unidos de América.[6] Existen máis de corenta cepas do virus e as máis das veces non causan problemas de saúde. No 90% dos casos, o sistema inmunolóxico do corpo elimina a infección de xeito natural en arredor de dous anos.[7] Nos casos nos que o corpo non elimina a infección poden aparecer verrugas xenitais (vultos arredor dos xenitais que poden ser grandes ou pequenos, elevados, planos ou con forma de coliflor) ou mesmo cancro cervical e outros tipos de cancro relacionados co virus. Os síntomas non adoitan aparecer até que a doenza non se atopa en estadios máis avanzados. É importante para as mulleres facer citoloxías vaxinais para previr e tratar os casos de cancro. Tamén existen vacinas dispoñíbeis para mulleres como Cervarix e Gardasil, que as protexen contra os tipos de VPH que causa cancro cervical. O VPH pódese contaxiar por medio de contacto xenital así como durante o sexo oral. É importante lembrar que a parella infectada non ten porqué amosar síntomas.
  • A gonorrea está provocada por unha bacteria que vive na maioría das membranas da uretra, vaxina, recto, boca, gorxa e ollos. A infección pódese contaxiar polo contacto co pene, a vaxina, a boca ou o ano. Os síntomas adoitan aparecen despois de dous ou cinco tralo contacto coa persoa infectada, aínda que algúns homes non amosan síntomas até pasado un mes. Entre eles inclúense dor e sensación de queimarse durante a micción, un incremento da frecuencia e necesidade de mexar, secrecións do pene (de cor branca, verde ou amarela), uretra inflamada, testítulos inflamados e sensíbeis e dor de gorxa. Nas mulleres os síntomas inclúen secreccións da vaxina, proído e sensación de queimarse durante a micción, relacións sexuais dolorosas, dor severa baixo o abdome (se a infección chega ás trompa de falopio) ou febre (se a infección chega ás trompa de falopio). Porén, moitas mulleres non amosan síntomas.[8] Existen cepas de gonorrea resistentes ao tratamento con antibióticos, mais a maioría poden curarse.
Sífilis secundaria.
  • A sífilis é unha doenza de transmisión sexual causada por unha bacteria. De non tratala, pode traer maiores complicacións e mesmo provocar a morte.[9] As manifestacións clínicas da sífilis son a aparición de úlceras no tracto uro-xenital, na boca e no recto. Se non se tratan os síntomas empeoran. Nos últimos anos, a prevalencia da doenza diminuíu en Europa Occidental, mais aumentou na Europa do leste e nos Estados Unidos de América.[10] Unha alta incidencia da sífilis pode atoparse en países como Camerún, Cambodja e Papúa Nova Guinea.[11]
  • A tricomoníase é unha ETS común que está causada pola infección dun parasito protozoo chamado Trichomonas vaginalis.[12] Afecta tanto a homes como a mulleres, aínda que os síntomas son máis frecuentes nas mulleres.[13] A maioría dos pacientes son tratados cun antibiótico chamado metronidazole, que é moi efectivo.[14]
  • O VIH (Virus da inmunodeficiencia humana) ataca o sistema inmunolóxico do corpo, interfire na súa capacidade de protección contra as infeccións e permite que se produzan infeccións oportunistas que ameazan a vida e favorecen a formación de cancros. A infección por VIH orixina unha diminución ata niveis baixos das células T CD4+, vitais para o sistema inmunolóxico. A infección polo VIH contráese pola transferencia entre persoas de sangue, seme, fluído vaxinal, preexaculado, ou leite materno de persoas infectadas.[15] Cando o VIH se atopa no seu estadio máis avanzado, dicimos que un individuo ten SIDA (síndrome de inmunodeficiencia adquirida).[16] Existen varios estadios na progresión da infección de VIH: infección primaria, infección asintomática, infección sintomática e SIDA. No primeiro estadio de infección primaria o individuo terá síntomas semellantes aos da gripe (dor de cabeza, fatiga, febre e dor muscular) durante dúas semanas. No estadio asintomático, os síntomas desaparecen e o paciente pode permanecer asintomático durante varios anos. Cando o VIH avanza cara ao estadio sintomático, o sistema inmunolóxico está moi debilitado e hai un reconto moi baixo de células CD4+ (células T axudantes. Cando o VIH supón un risco de morte para a persoa chámase SIDA. As persoas con SIDA contraen facilmente infeccións oportunistas e morren como consecuencia delas.[2] Cando se descubríu a doenza na década de 1980, as persoas con SIDA non tiñan posibilidades de vivir máis que por uns poucos anos. Hoxe en día existen antiretrovirais que axudan a tratar a infección de VIH, mais non hai unha cura coñecida para o VIH ou a SIDA, mais os medicamentos axudan a reducir a cantidade do virus no corpo, polo que as persoas afectadas poden vivir máis anos e mellor. Porén, aínda que os niveis do virus no corpo sexan moi baixos existe un pequeno risco de contaxiar o virus a outras persoas.[17]

Outros[editar | editar a fonte]

Existen varias especies de bacterias, protozoos, fungos e virus que aínda permanecen pouco documentados e estudados en relación coa transmisión sexual. A pesar de que os arriba descritos inclúen os que xeralmente coñecemos como ETS, a transmisión sexual de microbios non está restrinxida á lista anterior. Dado que as vías de transmisión sexual non son consideradas comúns e os propios microbios non implican unha investigación máis profunda da enfermidade, os seguintes patóxenos non se consideran nas clínicas de saúde sexual. Porén, algúns deste microbios sábese que se poden transmitir por vía sexual.

Entre os microbios considerados transmitíbeis sexualmente (mais non considerados ETS) atópanse:

  • Virus Marburg - o virus aínda está presente no seme mesmo 7 semanas despois da recuperación clínica do paciente.[18]
  • HTLV (ámbolos tipos 1 e 2) - Pódese transmitir por vía sexual e polo leite materno. Causa risco de padecer leucemia.[19]

Transmisión[editar | editar a fonte]

Os riscos e probabilidades de transmisión de doenzas de transmisión sexual resúmense na seguinte táboa por acto:[20][21][22][23][24][25][26][27][28][29][30][31][32]

Riscos en actos sexuais sen protección cunha persoa infectada
Riscos coñecidos Posíbel
Facer unha felación ou sexo oral a un home
Facer cunnilingus ou sexo oral a unha muller
Recibir unha felación (home)
Recibir un cunnilingus (muller)
Sexo vaxinal
(riscos para o home)
Sexo vaxinal
(riscos para a muller)
Sexo anal
(riscos para o activo)
Sexo anal
(riscos para quen recibe)
Anilingus

Tipos[editar | editar a fonte]

Bacteria[editar | editar a fonte]

Fungo[editar | editar a fonte]

Virus[editar | editar a fonte]

Parasito[editar | editar a fonte]

Protozoo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Woods, Samuel G. (2003). Todo lo que necesitas saber sobre las enfermedades de transmisión sexual. The Rosen Publishing Group, ISBN 0-8239-3580-9. (en castelán)
  2. 2,0 2,1 King, B. (2009). Human Sexuality Today (Sixth ed.). Upper Saddle River: Pearson Education, Inc.
  3. "Chlamydia Infections: MedlinePlus". Nlm.nih.gov. Consultado o 2013-06-30. 
  4. http://www.webmd.com/genital-herpes/guide/genital-herpes-basics
  5. "Herpes". Avert.org. Consultado o 2013-06-30. 
  6. "Human Papillomavirus (HPV) | Overview". FamilyDoctor.org. 2010-12-01. Consultado o 2013-06-30. 
  7. "STD Facts - Human papillomavirus (HPV)". Cdc.gov. Consultado o 2013-06-30. 
  8. "Gonorrhea - National Library of Medicine - PubMed Health". Ncbi.nlm.nih.gov. Consultado o 2013-06-30. 
  9. "STD Facts –Syphilis". Cdc.gov. Consultado o 2013-02-18. 
  10. Clement, Meredith E.; Okeke, N. Lance; Hicks, Charles B. (2014). "Treatment of Syphilis". JAMA 312 (18): 1905. doi:10.1001/jama.2014.13259. ISSN 0098-7484. 
  11. "Syphilis". Who.int. Consultado o 2013-02-18. 
  12. "STD Facts – Trichomoniasis". Cdc.gov. Consultado o 2013-02-18. 
  13. "Trichomoniasis: MedlinePlus". Nlm.nih.gov. Consultado o 2013-02-18. 
  14. "Trichomoniasis – NHS Choices". Nhs.uk. 27 February 2012. Consultado o 2013-02-18. 
  15. "Hiv/Aids". Mayo Clinic.com. 2012-08-11. Consultado o 2013-06-30. 
  16. "AIDS". Avert.org. Consultado o 2013-06-30. 
  17. "HIV/AIDS Treatment". Niaid.nih.gov. 2009-06-03. Consultado o 2013-06-30. 
  18. "Marburg virus disease: origins, reservoirs, transmission and guidelines,". (Great Britain] GOV.UK. 5 September 2014. Consultado o 2015-07-03. 
  19. Verdonck, K.; González, E.; Van Dooren, S.; Vandamme, A. M.; Vanham, G.; Gotuzzo, E. (April 2007). "Human T-lymphotropic virus 1: Recent knowledge about an ancient infection". The Lancet Infectious Diseases 7 (4): 266–281. doi:10.1016/S1473-3099(07)70081-6. PMID 17376384. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 20,6 20,7 20,8 20,9 Sarah Edwards, Chris Carn; Carne (1998). "Oral sex and the transmission of non-viral STIs" (PDF). Sex Transm Infect 74 (1): 95–100. doi:10.1136/sti.74.2.95. 
  21. 21,0 21,1 21,2 Maura Gillisons (2007). "HPV Infection Linked to Throat Cancers". Johns Hopkins Medicine. 
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 Hoare A (2010). models of HIV epidemics in Australia and Southeast Asia
  23. 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 Australasian contact tracing manual. Specific infections where contact tracing is generally recommended
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 Varghese B, Maher JE, Peterman TA, Branson BM,Steketee RW; Maher; Peterman; Branson; Steketee (2002). "Reducing the risk of sexual HIV transmission: quantifying the per-act risk for HIV on the basis of choice of partner, sex act, and condom use". Sex. Transm. Dis. 29 (1): 38–43. doi:10.1097/00007435-200201000-00007. PMID 11773877. 
  25. 25,0 25,1 Holmes, King; et al. (1970). "An estimate of the risk of men acquiring gonorrhea by sexual contact with infected females" 91 (2): 170–174. 
  26. 26,0 26,1 26,2 Mahiane, Séverin-Guy; et al. (January 2009). "Transmission probabilities of HIV and herpes simplex virus type 2, effect of male circumcision and interaction: a longitudinal study in a township of South Africa". AIDS 23 (3): 377–383. doi:10.1097/QAD.0b013e32831c5497. PMC 2831044. PMID 19198042. 
  27. 27,0 27,1 27,2 Burchell A; et al. (March 2006). "Modeling the Sexual Transmissibility of Human Papillomavirus Infection using Stochastic Computer Simulation and Empirical Data from a Cohort Study of Young Women in Montreal, Canada". American Journal of Epidemiology 169 (3): 534–543. doi:10.1093/aje/kwj077. PMID 16421235. 
  28. 28,0 28,1 Platt, Richard; et al. (1983). "Risk of Acquiring Gonorrhea and Prevalence of Abnormal Adnexal Findings Among Women Recently Exposed to Gonorrhea". JAMA 250 (23): 3205–3209. doi:10.1001/jama.250.23.3205. PMID 6417362. 
  29. Department of Public Health, City & County of San Francisco (2011).STD Risks Chart
  30. 30,0 30,1 30,2 Jin F; et al. (March 2010). "Per-contact probability of HIV transmission in homosexual men in Sydney in the era of HAART". AIDS 24 (6): 907–913. doi:10.1097/QAD.0b013e3283372d90. PMC 2852627. PMID 20139750. 
  31. Bryan C (2011)INFECTIOUS DISEASE CHAPTER EIGHT SEXUALLY TRANSMITTED DISEASES
  32. Richard Pearson (2007). "Pinworm Infection". Merck Manual Home Health Handbook. 
  33. 33,0 33,1 33,2 Caini, Saverio; Gandini, Sara; Dudas, Maria; Bremer, Viviane; Severi, Ettore; Gherasim, Alin (2014). "Sexually transmitted infections and prostate cancer risk: A systematic review and meta-analysis". Cancer Epidemiology 38 (4): 329–338. doi:10.1016/j.canep.2014.06.002. ISSN 1877-7821. PMID 24986642. 
  34. 34,0 34,1 34,2 Ljubin-Sternak, Sunčanica; Meštrović, Tomislav (2014). "Chlamydia trachomatisand Genital Mycoplasmas: Pathogens with an Impact on Human Reproductive Health". Journal of Pathogens 2014: 1–15. doi:10.1155/2014/183167. ISSN 2090-3057. PMC 4295611. PMID 25614838. 
  35. 35,0 35,1 Schlicht, M. J.; Lovrich, S. D.; Sartin, J. S.; Karpinsky, P.; Callister, S. M.; Agger, W. A. (2004). "High Prevalence of Genital Mycoplasmas among Sexually Active Young Adults with Urethritis or Cervicitis Symptoms in La Crosse, Wisconsin". Journal of Clinical Microbiology 42 (10): 4636–4640. doi:10.1128/JCM.42.10.4636-4640.2004. ISSN 0095-1137. 
  36. 36,0 36,1 36,2 McIver, C. J.; Rismanto, N.; Smith, C.; Naing, Z. W.; Rayner, B.; Lusk, M. J.; Konecny, P.; White, P. A.; Rawlinson, W. D. (2009). "Multiplex PCR Testing Detection of Higher-than-Expected Rates of Cervical Mycoplasma, Ureaplasma, and Trichomonas and Viral Agent Infections in Sexually Active Australian Women". Journal of Clinical Microbiology 47 (5): 1358–1363. doi:10.1128/JCM.01873-08. ISSN 0095-1137. 
  37. 37,0 37,1 37,2 Clark, Natalie; Tal, Reshef; Sharma, Harsha; Segars, James (2014). "Microbiota and Pelvic Inflammatory Disease". Seminars in Reproductive Medicine 32 (01): 043–049. doi:10.1055/s-0033-1361822. ISSN 1526-8004. PMC 4148456. PMID 24390920. 
  38. 38,0 38,1 38,2 Larsen, Bryan; Hwang, Joseph (2010). "Mycoplasma, Ureaplasma, and Adverse Pregnancy Outcomes: A Fresh Look". Infectious Diseases in Obstetrics and Gynecology 2010: 1–7. doi:10.1155/2010/521921. ISSN 1064-7449. 
  39. "Giardia, Epidemiology & Risk Factors". Center For Disease Control. July 13, 2012. Consultado o 2015-07-03. 
  40. "Hepatitis A, Division of Viral Hepatitis". Center For Disease Control. May 31, 2015. Consultado o 2015-07-03. 
  41. "Shigella Infections among Gay & Bisexual Men". Center For Disease Control. April 23, 2015. Consultado o 2015-07-03. 
  42. Ljubin-Sternak, Suncanica; Mestrovic, Tomislav (2014). "Review: Clamydia trachonmatis and Genital Mycoplasmias: Pathogens with an Impact on Human Reproductive Health". Journal of Pathogens 2014 (183167): 1–15. doi:10.1155/2014/183167. PMC 4295611. PMID 25614838. 
  43. Zarei, Omid; Rezania, Simin; Mousavi, Atefeh (2013). "Mycoplasma genitalium and Cancer: A Brief Review". Asian Pacific Journal of Cancer Prevention 14 (6): 3425–3428. doi:10.7314/APJCP.2013.14.6.3425. ISSN 1513-7368. 
  44. Manchester, Marianne; McGowin, Chris L.; Anderson-Smits, Colin (2011). "Mycoplasma genitalium: An Emerging Cause of Sexually Transmitted Disease in Women". PLoS Pathogens 7 (5): e1001324. doi:10.1371/journal.ppat.1001324. ISSN 1553-7374. 
  45. Taylor-Robinson D, Clin Infect Dis. 1996 Oct;23(4):671-82; quiz 683-4. Infections due to species of Mycoplasma and Ureaplasma: an update.
  46. Workowski K, Berman S (2006). "Sexually transmitted diseases treatment guidelines, 2006." (PDF). MMWR Recomm Rep 55 (RR–11): 1–94. PMID 16888612. 
  47. Wu J, Chen C, Sheen I, Lee S, Tzeng H, Choo K (1995). "Evidence of transmission of hepatitis D virus to spouses from sequence analysis of the viral genome". Hepatology 22 (6): 1656–60. doi:10.1002/hep.1840220607. PMID 7489970. 
  48. Farci P (2003). "Delta hepatitis: an update". J Hepatol 39 (Suppl 1): S212–9. doi:10.1016/S0168-8278(03)00331-3. PMID 14708706. 
  49. Shukla N, Poles M (2004). "Hepatitis B virus infection: co-infection with hepatitis C virus, hepatitis D virus, and human immunodeficiency virus". Clin Liver Dis 8 (2): 445–60, viii. doi:10.1016/j.cld.2004.02.005. PMID 15481349. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Infección de transmisión sexual Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]