Louise Michel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Louise Michel
Nome completoClémence Louise Michel
AlcumeEnjolras e La Vierge rouge
Nacemento29 de maio de 1830
Lugar de nacementoVroncourt-la-Côte
Falecemento9 de xaneiro de 1905
Lugar de falecementoMarsella
SoterradaSaint Pierre Cemetery e Cemitério de Levallois-Perret
NacionalidadeFrancia
Relixiónateísmo
Ocupaciónmestra, poeta, pedagoga, muller de letras, xornalista, communard, anarquista, política e escritora
Coñecida porsen etiquetar e The Red Virgin: Memoirs of Louise Michel
Na rede
Musicbrainz: 06a243bc-9502-470b-b1dc-535e05b5ab29 Find a Grave: 13586441 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Louise Michel.

Louise Michel, nada en Haute Marne o 29 de maio de 1830 e finada en Marsella o 9 de xaneiro de 1905, foi unha activa loitadora da Comuna de París, educadora popular, feminista e unha das figuras máis importantes do anarquismo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla natural dunha serventa, recibiu educación e converteuse en mestra. En 1869 era secretaria da Sociedade Democrática de Moralización que tiña por finalidade axudar aos traballadores. Durante a Comuna de París, en 1871, animou o Club da Revolución e as súas milicias, comandando un batallón feminino que se enfrontou aos reaccionarios nas barricadas de París. Condenárona a dez anos de desterro logo de declarar no xuízo que se lle seguiu:

Non me quero defender, non quero que me defendan; pertenzo de maneira total á revolución social e declaro aceptar a responsabilidade de todos os meus actos.[a](...) Xa que, segundo parece, todo corazón que loita pola liberdade só ten dereito a un pouco de chumbo, esixo a miña parte. Se me deixades vivir, non cesarei de clamar vinganza e de denunciar, en vinganza dos meus irmáns, aos asasinos desta Comisión.[b]

Deportada a Nova Caledonia, colaborou con quen loitaban pola independencia política desa colonia francesa. Dous anos logo do seu regreso a Francia en 1881, foi procesada por encabezar unha manifestación de desocupados que culminou cunha expropiación de comercios. Obtivo unha nova condena de seis anos de prisión. Finalmente, morreu en 1905 mentres daba unha conferencia para traballadores en Marsella. Escribiu Memorias da Comuna, en 1898 e, á súa morte, foi enterrada envolvida no estandarte da Comuna de París.

Entre as súas novelas e dramas sociais destacan:

  • La Misère.
  • Les Microbes humains.
  • Les Crimes de l'époque.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Texto orixinal: "Je ne veux pas me défendre, je ne veux pas être défendue; j'appartiens tout entière à la révolution sociale, et je déclare accepter la responsabilité de tous mes actes." En Michel, Louise (1886). Mémoires de Louise Michel écrits par elle-même (en francés). p. 470. 
  2. Texto orixinal: "Puisqu'il semble que tout cœur qui bat pour la liberté n'a droit qu'à un peu de plomb, j'en réclame une part, moi Si vous me laissez vivre, je ne cesserai de crier vengeance, et je dénoncerai à la vengeance de mes frères les assassins de la commission des grâces". En Michel, Louise (1886). Mémoires de Louise Michel écrits par elle-même (en francés). p. 473. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]