Masaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha masaxe é a aplicación de técnicas manuais sobre tecidos brandos do corpo, incluíndo músculos, tecidos conectivos, tendóns, ligamentos e articulacións para estimular a circulacilón, a mobilidade, a elasticidade ou alivio de determinadas dores corporais.

Esta terapia, coñecida tamén co nome de masoterapia, pode ser aplicada a partes do corpo ou continuamente a todo o corpo, para curar traumas físicos, aliviar estrés psicolóxico, controlar a dor, mellorar a circulación e aliviar a tensión.

Masaxe terapéutica[editar | editar a fonte]

Padiola para masaxes
Representación dunha masaxe nun baño turco

A pesar de haber moitos tipos particulares de masaxe, existen só algúns tipos básicos. Hai dous grupos grandes destacados: as masaxes con aceite e as masaxes "secas". Despois comezaron a bifurcarse en centenas de correntes e estilos diferentes, fundíndose e separándose noutros tantos estilos. Hoxe en día existen masaxes aplicadas para practicamente todos os fins, desde masaxes para bebés e anciáns até masaxes cosméticas, de rexuvenecemento localizado.

Actualmente, as masaxes están cada vez máis enraizadas nas culturas chegando até mesmo ás empresas. Cada vez mais, grandes organizacións incorporan nos seus paquetes de incentivos, masaxes inclusive no propio local de traballo.

A masaxe non é exclusividade de fisioterapeutas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]