Spain and the World

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Spain and the World, foi o nome dunha publicación anarquista, de tirada quincenal, iniciada como resposta á Guerra Civil española e á loita da CNT-FAI, que ofrecía unha análise dos acontecementos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A publicación, Spain in the World comezara, en 1936, das mans do Dr. Galasso e Vernon Richards[1] para competir con News Chronicle e New Statesman que eran defensores da política soviética en España.[2] A publicación quincenal, Spain and the World, fora iniciada polo Dr. Galasso e Vernon Richards en 1936, co obxectivo de competir con News Chronicle e con New Statesman que apoiaban a política da Fronte Popular e a política soviética en España.

Daquela, en Gran Bretaña, o xornal Freedom, de Freedom Press, comezara a esmorecer e Thomas Keell tentara pecha-la cabeceira como mostra da mala situación do movemento anarquista británico. Segundo Donald Rooum, un debuxante inglés de ideoloxía anarquista, "despois do seu primeiro número, Spain and the World, converteuse nunha publicación de Freedom Press, con Tom Keell e Lilian Wolfe". O periódico continuou renovando os éxitos do xornal Freedom co apoio de activistas importantes como Marie-Louise Berneri[3] e Frank Leech.

Aínda así houbo unha breve disputa entre as dúas cabeceiras "ceibes" que se publicaban a principios da década de 1930. Cara a 1939, Spain and the World cambiaría o nome da cabeceira a Revolt! e, finalmente en 1945, converteríase en War Commentary,[2] antes de regresar á publicación do semanario Freedom, en 1951.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Graham (2009), p. 192
  2. 2,0 2,1 2,2 Ward, Colin (4-2-2002). "Vernon Richards". theguardian.com (en inglés). Consultado o 29-3-2020. 
  3. Graham (2009), p. 17

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]