Nikolai Chernyshevskii
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de xullo de 1828 (Xuliano) Saratov (Imperio Ruso) |
| Morte | 17 de outubro de 1889 (Xuliano) Saratov (Imperio Ruso) |
| Causa da morte | ictus |
| Lugar de sepultura | Voskresenskoye cemetery of Saratov (en) |
| Redactor xefe O Sino (pt) | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Ateísmo |
| Educación | Universidade Estatal de San Petersburgo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Literatura, xornalismo de opinión, crítica literaria, filosofía e Socialismo utópico |
| Ocupación | filósofo, crítico literario, economista, escritor, xornalista, novelista, xornalista de opinión |
| Profesores | Nikolaj Gerasimovič Ustrjalov (pt) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Q110146550 |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Чернышевский Николай Гаврилович) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Biográfico Ruso |
Nikolai Gavrilovich Chernyshevskii (en ruso: Николай Гаврилович Чернышевский), nado o 12 de xullo de 1828 en Saratov, Imperio Ruso e finado na mesma cidade o 17 de outubro de 1889 foi un revolucionario e filósofo socialista é visto por algúns como un socialista utópico ruso. Foi o líder do movemento revolucionario en Rusia, coñecido como naródnik, na década de 1860, e unha figura que influíu a líderes como Lenin,[1] Emma Goldman ou Svetozar Marković. O seu traballo máis coñecido é a novela ¿Qué facer?, publicada en 1863.
Biografía
[editar | editar a fonte]Fillo dun sacerdote, Chernyshevski naceu en Saratov en 1828, e permaneceu alí ata 1846. Gradouse no seminario local onde aprendeu varias linguas, ademais de estudar teoloxía. Foi alí onde espertou o seu amor pola literatura.[2] Continuou os seus estudos na Universidade de San Petersburgo, na que xa se mostrou como un ateísta,[3] inspirado por autores como Ludwig Feuerbach e Charles Fourier. Despois de graduarse, en 1850, volveu a Saratov, onde foi profesor de literatura. Dende 1853 a 1862, viviu en San Petersburgo, onde foi o editor xefe de Sovreménnik ("O contemporáneo"), na que publicou as súas principais críticas literarias e os seus ensaios sobre filosofía.
En 1862, prendérono e metérono na fortaleza de San Pedro e San Pablo, onde escribiu a súa famosa novela Qué facer? que inspirou a moitos revolucionarios rusos, como Lenin, que titulou da mesma forma un dos seus tratados políticos. Posteriormente, condenaron a Chernyshevski e tivo que exiliarse a Vilyúisk, en Siberia. Morreu á idade de 61 anos.