Día Internacional da Lembranza do Holocausto
Holocausto |
---|
Elementos preliminares |
Política racial · Euxenesia
Leis de Núremberg · Eutanasia Forzada · Campos de concentración · (lista) |
Os xudeus durante a segunda guerra mundial |
Os xudeus na Alemaña nazi |
Pogromos: A noite dos cristais rotos · Pogrom de Bucarest · Pogrom de Dorohoi · Pogrom de Iaşi · Masacre de Jedwabne · Pogrom de Kaunas · Pogrom de Lviv |
Guetos: de Budapest · de Cracovia · de Kaunas · de Łódź · de Lviv · Campo de Theresienstadt · gueto de Varsovia · gueto de Vilnius |
Einsatzgruppen: Babi Yar · Rumbula · Ponary · Holocausto en Odesa |
Solución final: Conferencia de Wannsee · Operación Reinhard |
Campos de extermínio nazis: Auschwitz · Birkenau · Belzec · Chelmno · Majdanek · Treblinka · Sobibor |
Resistencia: Xudeus partisanos · Levantes nos guetos xudeus (Varsovia) |
Fin da Segunda Guerra Mundial: Marchas da morte · Berihah · Sh'erit ha-Pletah |
Outras vítimas |
Generalplan Ost · Polacos · Republicanos e socialistas · Porraimos · Homosexuais |
Responsables |
Alemaña Nazi: Hitler · Eichmann · Heydrich · Himmler · SS · Gestapo · SA Colaboracionismo Secuelas· Xuízos de Núremberg · Desnazificación |
Listas |
Sobreviventes · Vítimas · Rascatadores |
O Día de Conmemoración Anual en Memoria das Vítimas do Holocausto (oficialmente, no Parlamento Galego [1]), Día Internacional da Lembranza do Holocausto [2][3] ou Día Internacional da Memoria das Vítimas do Holocausto [4][5] é un día internacional de lembranza das vítimas do Holocausto, o xenocidio cometido polos nazis e os seus seguidores que se cobrou a vida de millóns de xudeus, xitanos, Polacos, homosexuais, persoas con discapacidade, comunistas e outros durante a segunda guerra mundial.
Designación da ONU
[editar | editar a fonte]Foi designado o 27 de xaneiro, mediante a resolución 60/7 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas do 1 de novembro de 2005, durante o 42º pleno desta organización.[6]
A resolución chegou despois da sesión extraordinaria celebrada o 24 de xaneiro de 2005, na que a Asemblea Xeral conmemorou o 60 aniversario da liberación dos campos de concentración e o fin do Holocausto. O 27 de xaneiro é a data de 1945 que marca a liberación do maior campo de exterminio nazi, Auschwitz-Birkenau, polas tropas soviéticas.[7]
Resolucións previas e outros días de lembranza
[editar | editar a fonte]Antes da resolución 60/7, houbo varios días nacionais de conmemoración, como o Día da Memoria das Vítimas do Nacionalsocialismo en Alemaña, creado a través dun decreto do presidente Roman Herzog o 3 de xaneiro de 1996 e o do Holocausto do Reino Unido, celebrado desde 2001 no 27 de xaneiro. O Día da Memoria do Holocausto tamén é unha data celebrada a nivel nacional en Italia.[8]
En Galiza
[editar | editar a fonte]Desde a resolución da ONU en 2005, o Parlamento Galego conmemora a través dunha declaración institucional o Día Internacional da Lembranza do Holocausto, no que condena o Holocausto e a súa orixe no intento de eliminación da disidencia política e ideolóxica que derivou nun xenocidio que contou coa colaboración da ditadura franquista e que perseguiu miles de homes e mulleres que fuxiron do Estado español despois da derrota da República en 1939 e tras a instauración dun réxime fascista. Desde entón, o Parlamento condeou por unanimidade (estando representados nas distintas lexislaturas os partidos do Partido Popular de Galicia, Bloque Nacionalista Galego, Partido dos Socialistas de Galicia e En Marea-Galicia en Común), a deportación de máis de 10.000 republicanos españois coa colaboración do ditador Francisco Franco co nazismo alemán e o fascismo italiano. Segundo algunhas fontes historiográficas, preto de 200 deles eran orixinarios de Galiza e morreron alí ou foron liberados pero nunca puideron regresar porque a ditadura franquista, que lles retirara previamente a nacionalidade, lles negou o dereito a regresaren ao seu país de orixe.[9]
O día tamén é conmemorado por outras institución como concellos, en particular os de Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia,[10] cidades membro da Rede de Xuderías de España [11] e institucións educativas como colexios e institutos.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galicia, Parlamento de. "Declaración institucional sobre o Día de Conmemoración Anual en Memoria das Vítimas do Holocausto". Parlamento de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2021. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Asociación Galega de Amizade con Israel: Lembrar a Shoá". AGAI. 2011-01-21. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Noite Fantástica, de Stefan Zweig: sempre fica a esperanza da redención persoal – Capítulo 0". Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "27 de xaneiro ; Día Internacional da Memoria das vítimas do Holocausto “Soño cun dragón verde de lingua negra que me quere papar".". fb; OQO. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Dia Internacional em Memória das Vítimas do Holocausto 2020 | Eurocid". Consultado o 2021-01-27.
- ↑ "Resolution adopted by the General Assembly on the Holocaust Remembrance (A/RES/60/7, 1 November 2005)". Consultado o 07/01/2014.
- ↑ "28th Special Session of the General Assembly". 24 de xaneiro de 2005. Consultado o 27 de xaneiro de 2012.
- ↑ "International Holocaust Remembrance Day". Arquivado dende o orixinal o 25/11/2014. Consultado o 07/01/2014.
- ↑ "Pleno do Parlamento - 26 de xaneiro de 2022 - Mediateca do Parlamento de Galicia". Consultado o 2022-03-13.[Ligazón morta]
- ↑ "Día Internacional en Memoria ás Vítimas do Holocausto". Concello de Ribadavia. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Xudeus e conversos en Galicia – Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia" (en castelán). Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto (27 xaneiro 2020) ; IES Isidro Parga Pondal". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2022-03-13.