Real Club Celta Baloncesto
Celta Zorka Recalvi | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Liga española feminina |
Fundación | 1996 (28 anos) |
Cores | Celeste, vermello e branco |
Presidente | Francisco Araújo |
Adestrador | Cristina Cantero |
Patrocinador | Zorka Recalvi |
Vestimenta | Adidas |
Uniforme | |
Localización | |
Cidade | Vigo |
Pavillón | Complexo Deportivo das Travesas |
Campionatos | |
Liga Feminina | 5 (1977, 1979, 1982, 1999, 2000) |
Copa da Raíña | 4 (1974, 1981, 1984, 2001) |
Copa Galicia | 12 (1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2003, 2005, 2007, 2008, 2009, 2011) |
CeltaBaloncesto.com |
O Real Club Celta Baloncesto, coñecido por motivos de patrocinio como Celta Zorka Recalvi é un club de baloncesto feminino con sede na cidade de Vigo. O club foi fundado no verán de 1996 logo da adquisición da praza do Juventud Astur (Aucalsa) de Oviedo. Xa no ano da súa fundación o equipo conseguiu o seu primeiro título nacional, a Copa Galicia. Na tempada 2024-25 competirá na Liga Endesa, a máxima competición do baloncesto feminino en España.
O Real Club Celta Baloncesto é o equipo de baloncesto máis laureado de Galiza, tanto en categoría masculina como na feminina, e é un dos equipos máis laureados do baloncesto feminino español aínda en funcionamento. O club gañou a Liga Feminina (LF) en cinco ocasións (conseguindo tamén seis subcampionatos), tamén gañou catro veces a Copa da Raíña (amais de conseguir cinco subcampionatos), por outra banda conseguiu 12 campionatos da Copa Galicia, sendo o equipo máis laureado da competición.
Logo de competir durante boa parte da súa historia na máxima categoría do baloncesto feminino español (a LF), na tempada 2011-12 descendeu á segunda categoría, regresando á mesma na tempada 2023-24.
Historia
[editar | editar a fonte]Antecedentes e refundación
[editar | editar a fonte]Se ben o baloncesto feminino vigués chegou é elite no ano 1965, foi en 1971 cando se fundou a primeira sección de baloncesto do Celta a partir do equipo do Estudiantes, no que xogaban alumnas da Escola de Comecio e da de Peritos Industriais. Unha persoa decisiva na fundación do equipo foi Luis Alberto Rey Lama, quen sería o seu adestrador durante varios anos. O primeiro título non tardaría en chegar, xa que en 1977 proclamouse campión de liga por primeira vez na súa historia. O equipo permanecería durante 17 tempadas na Primeira División e conseguiu 3 ligas e outras tantas copas.[1][2] O maior éxito do denominado Celta Citroën foi o dobrete de liga e copa conquistado na tempada 1981-82, un fito que ningún equipo galego conseguira ata a data, cun alto investimento de Citroën e a chegada ao banco de Nacho Polo.[3]
O último título conquistado pola sección de baloncesto feminino do Celta chegou en 1984, cando o equipo se proclamo campión da Copa da Raíña en Santiago de Compostela.
En 1992 o Real Club Celta de Vigo converteuse en Sociedade Anónima Deportiva, un feito que mudou a situación do equipo, que se refundou en 1996 a partir do Club Deportivo Bosco, un equipo que se nutría do alumnado do colexio dos Salesianos de Vigo.[2]
Os mellores anos (1996-2005)
[editar | editar a fonte]En 1996, o ano do seu debut e aínda como Club Baloncesto Bosco, o equipo disputou as súas primeiras finais. Baixo o patrocinio do Banco Simeón comezou a tempada alzando a Copa Galicia ao Mejillón de Galicia vilagarcián por 60-42 en Rianxo,[4] o que suporía o primeiro de sete títulos consecutivos na competición.[5] Na Liga Feminina o equipo finalizou a liga regular na sexta posición, fóra das prazas de play-off, que daquela só disputaban os catro primeiros clasificados. O cadro vigués finalizou cun rexistro de 13 vitorias e 9 derrotas para un total de 35 puntos, un menos que o cuarto clasificado, o Sandra Gran Canaria. A pesar de non clasificarse para as series polo campionato, o cadro vigués si conseguiu a clasificación para disputar en Valladolid a Copas da Raíña, onde logo de derrotar o Universitari de Barcelona nos cuartos de final (82-75) e o Salamanca Halcón Viajes (51-70) nas semifinais, disputou a final fronte o Pool Getafe de Amaya Valdemoro, contra o que caeron por un contundente 45-73. Ao final da tempada o equipo de Getafe acabaría conseguindo o dobrete de liga e copac[6][7] Coa clasificación do Bosco para a final da Copa da Raíña conseguiu unha das prazas para disputar na tempada seguinte unha competición europea, esta tempada foi a primeira dende 1989 en que un equipo galego accedía a unha final da competición copeira, e a primeira vez dende 1984 que un equipo da cidade olívica disputaba unha final.[8]
A pesar de conseguir a clasificación europea na tempada precedente, o Bosco tivo que renunciar a disputar a Copa Ronchetti por motivos económicos.[8] A tempada comezou cun novo título da Copa Galicia logo de impoñerse en Vigo ao Ensino Yaya María (78-58).[4] Na liga, o equipo só perdeu catro partidos, o que o situou na segunda posición da liga regular e lle permitiu disputar a Copa da Raíña en Lugo, onde malia a ter superado ao Salamanca Halcón Viajes (69-52) nos cuartos de final, as xogadoras viguesas caeron nas semifinais fronte o seu verdugo na final de 1997, o Pool Getafe, que finalmente se adxudicaría un novo título. Nos play-offs o Bosco enfrontouse ao Universitari, terceiro clasificado da liga regular, ao que derrotou en tres partidos (2-1), accedendo así á súa primeira final ligueira. Na final, disputada ao mellor de tres encontros, o equipo vigués caeu no partido definitivo disputado en Getafe. O Bosco renunciaría novamente a disputar unha competición europea a pesar do subcampionato de liga e a desaparición ao final da tempada do Pool Getafe, que debería ter xogado a Euroliga.[8][9] Ese mesmo verán, o 16 de xuño de 1998, o Bosco chegou a un acordo co Celta para levar o nome do club celeste. Con todo o club, daquela presidido por José Manuel Gómez Carballo, non contou con apoio económico do equipo de fútbol.[2]
Na tempada 1999-00 o equipo clasificouse de novo para a Copa da Raíña disputada en Godella, onde gañou no seu debut ao Universitat de Barcelona (87-89), mais nas semifinais caeu fronte o Sandra Gran Canaria (72-64). Este conxunto de malos resultados fixo que en febreiro de 2000, logo da derrota na liga fronte o Universitat de Barcelona, a adestradora Ana Junyer foi destituída a causa da mala imaxe que o equipo ofreceu na Euroliga, onde o equipo tan só puido conseguir tres vitorias e finalizou na penúltima posición do grupo A.[10][11][12][8] O vigués Miguel Méndez, un adestrador que ata o momento era descoñecido no baloncesto feminino de elite, foi o encargado de ocupar o posto de Junyer. O Celta realizou un bo final de tempada que o levou a clasificarse entre os catro mellores equipos e disputar os play-offs polo título. Na primeira eliminatoria das series o equipo olívico se impuxo no derbi galego ás terceiras clasificadas do Ensino Yaya María lucense (2-0). Nas finais as xogadoras de Méndez se enfrontaron ás súas verdugas nas semifinais da Copa da Raíña, o Sandra Gran Canaria, ás que derrotaron por 1-2. O cadro canario comezou gañando o primeiro partido da serie en Vigo, mas as viguesas remontaron en Canarias os dous seguintes partidos, cunha gran actuación nos minutos finais do partido decisivo por parte de Mar Xantal (20 puntos) e Erika Dobrovikova (11), proclamándose deste xeito campioas por segunda tempada consecutiva.[8][13][14]
O 6 de xaneiro de 2001 o Celta conseguiu a súa cuarta Copa da Raíña (primeira dende a súa refundaión) disputada en Las Palmas de Gran Canaria. O equipo olívico chegou á final logo de derrotar o Navarra en cuartos (75-85) e ás anfitrioas do Caixa Rural de Canarias (57-54). Na final, disputada fonte ocSalamanca Halcón Viajes, as xogadoras adestradas por Miguel Méndez impuxéronse por tan só dous puntos (64-66) nun emocionante partido,[15][16][17] no que salientou a figura de Noemí Jordana, a xogadora de 19 anos do Celta que foi, xunto con Razija Brcaninovic, a máxima anotadora do equipo campión con 14 puntos.[18] Este título acabaría sendo o último do equipo vigués, que dous meses despois viuse conmocionado pola tráxica morte nun accidente de tráfico do seu presidente José Manuel Gómez Carballo, e do seu vicepresidente Camilo Pérez. O suceso afectó o estado anímico do equipo, que se ben se impuxo pola vía rápida nos play-offs de cuartos de final novamente ao equipo salmantino (2-0), acabou cedendo nas semifinais da liga ante o Universitat de Barcelona polo mesmo marcador.[17][8][16]
O Celta participou sen patrocinador na Liga Feminina durante a tempada 2011-12. No banco, o que fora director deportivo da entidade Carlos Colinas substituíu a Miguel M. Méndez. O elenco de xogadoras sufriu unha profunda renovación e o equipo finalizou na 11ª posición da táboa logo de finalizar a liga regular con oito vitorias e 18 derrotas, conseguindo a permanencia sen pasar apuros.[19][8] Con todo, no verán de 2012 o club renunciou a xogar a máxima categoría por motivos económicos, motivados principalmente pola falta de pagamento de 190 000 de axudas das distintas institucións, e a entidade sobreviviu grazas aos 13 equipos da súa canteira nos que no momento xogaban unhas 150 rapazas a partir dos seis anos, xa que a situación fixo que a directiva finalmente optara por non sacar á competición a ningún equipo sénior.[20][21] Deste xeito o club puña fin a 16 tempadas consecutivas na máxima categoría do baloncesto feminino español.[22]
Na Liga Feminina 2
[editar | editar a fonte]Con todo, en agosto a Fedración Española de Baloncesto (FEB) incluíu o equipo no calendario da segunda categoría, a Liga Feminina 2. A colaboración de dúas persoas seareiras do club foi fundamental, xa que achegaron unha suma próxima aos 6 000 euros coa que o club puido pagar o aval de inscrición na competición. O equipo vigués, que adoptou unha política na que deu prioridade á canteira, presentouse cun orzamento "moi axustado", segundo as palabras do seu presidente, Paco Araújo.[23] O elenco de xogadoras do Celta Bosco, dirixido por Carlos Colinas, estivo integrado por nove xogadoras formadas no club e unha media de idade de 19 anos. O pavillón no que disputou os seus partidos tamén mudou, trasladándose ao Polideportivo de Navia, onde debutou na LF2 o 20 de outubro fronte o Universidade de Valladolid.[24] Poucos días despois do debut do equipo vigués anunciouse o acordo de patrocinio coa empresa viguesa de lencería Selmark.[25] Ao final da tempada o equipo finalizou na quinta posición de entre os 11 equipos que integraron o grupo A.[26]
Regreso á elite
[editar | editar a fonte]A pesar do mal inicio na tempada do seu retorno á elite do baloncesto feminino español, cando o equipo vigués encadeou sete derrotas nas sete primeiras xornadas, o Celta conseguiu a permanencia na derradeira xornada logo de sumar a súa décima vitoria da tempada fronte o Bembibre e á derrota do Spar Gran Canaria en Xirona fronte o Spar Girona. O último partido da tempada, disputado no Polideportivo de Navia ante 1 460 persoas, foi posiblemente a máis cómoda da tempada, ante un rival xa descendido e que se presentou na cidade olívica con tan só nove xogadoras.[27]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Posto | Postempada | Copa da Raíña | Copa Galicia |
---|---|---|---|---|---|
1996-97 | Liga Feminina | 6/12 | Subcampión | Campión | |
1997-98 | Liga Feminina | 2/12 | Subcampión | Semifinalista | Campión |
1998-99 | Liga Feminina | 3/14 | Campión de liga | Cuartos de final | Campión |
1999-00 | Liga Feminina | 2/14 | Campión de liga | Semifinalista | Campión |
2000-01 | Liga Feminina | 3/14 | Playoffs polo título (semifinalista) | Campión | Campión |
2001-02 | Liga Feminina | 3/14 | Playoffs polo título (semifinalista) | Semifinalista | Campión |
2002-03 | Liga Feminina | 8/14 | Semifinalista | Campión | |
2003-04 | Liga Feminina | 4/14 | Cuartos de final | Campión | |
2004-05 | Liga Feminina | 5/14 | Cuartos de final | ||
2005-06 | Liga Feminina | 12/14 | Campión | ||
2006-07 | Liga Feminina | 12/14 | |||
2007-08 | Liga Feminina | 6/14 | Cuartos de final | Campión | |
2008-09 | Liga Feminina | 9/14 | Semifinalista | Campión | |
2009-10 | Liga Feminina | 6/14 | Campión | ||
2010-11 | Liga Feminina | 11/14 | |||
2011-12 | Liga Feminina | 11/14 | Descenso (Por renuncia á praza) | Campión | |
2012-13 | Liga Feminina 2 | 5/11 | |||
2013-14 | Liga Feminina 2 | 5/14 | |||
2014-15 | Liga Feminina 2 | 6/14 | |||
2015-16 | Liga Feminina 2 | 9/14 | |||
2016-17 | Liga Feminina 2 | 8/14 | |||
2017-18 | Liga Feminina 2 | 1/14 | |||
2018-19 | Liga Feminina 2 | 1/14 | |||
2019-20 | Liga Feminina 2 | 7/14 | Subcampión | ||
2020-21 | Liga Feminina 2 | 3/14 | |||
2021-22 | Liga Feminina Challenge | 8/16 | Semifinalista | ||
2022-23 | Liga Feminina Challenge | 4/16 | Ascenso | ||
2023–24 | Liga Feminina | 14/16 |
Patrocinadores
[editar | editar a fonte]- Banco Simeón (1996-2004).
- Inmobiliaria VigoUrban (2004-08).
- Construcións deportivas Indepo (2008-11).
- Selmark (2012-2015)
- Zorka (2015- ).
Presidentes
[editar | editar a fonte]A historia do Celta estivo marcada polo falecemento dos seus presidentes. O primeiro presidente do club, José Manuel Gómez Carballo, faleceu nun accidente de circulación en 2001 estando no cargo, e en febreiro de 2016 falecía, tamén no cargo, Paco Araújo.[8][28]
- José Manuel Gómez Carballo (1996-2001)
- Paco Araújo (2001-2015)
- Carlos Álvarez (2015-)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campionatos de Liga (5): 1977, 1979, 1982, 1999 e 2000.
- Subcampionatos de Liga (6): 1974, 1978, 1980, 1981, 1984 e 1998.
- Copas da Raíña (4): 1974, 1981, 1984 e 2001.
- Subcampión de Copa (5): 1978, 1979, 1980, 1983 e 1997.
- Copas de Galicia (12): 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2003, 2005, 2007, 2008, 2009 e 2011.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jiménez, Juan (8 de xaneiro de 2016). "La última alegría del siglo". Atlántico Diario (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Torres Carbajo, Fernando (17 de maio de 2024). "La familia celtista, cada uno por su lado". vigoe.es (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2024.
- ↑ Jiménez, Juan (10 de febreiro de 2014). "Treinta años de una leyenda". Atlántico Diario (en castelán). Consultado o 1 de xuño de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 "AS FINAIS CÉLTICAS DA COPA GALICIA". Fundación Vigo Deporte. Consultado o 4 de xuño de 2024.
- ↑ "Copa Galicia". Federación Galega de Baloncesto. Consultado o 4 de xuño de 2024.
- ↑ "Liga Femenina 1996/97" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 4 de xuño de 2024.
- ↑ "Copa de la Reina 1996 PoolGetafe vs Banco Simeón Celta. Final". YouTube. Consultado o 4 de xuño de 2024.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 "HISTORIA" (en castelán). CeltaBaloncesto.com. Consultado o 1 de xuño de 2024.
- ↑ "Liga Femenina 1997/98" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 5 de xuño de 2024.
- ↑ "SCOREBOARD. Preliminary round" (en inglés). FIBA Europa. Consultado o 1 de xuño de 2024.
- ↑ "El Celta Banco Simeón destituye a Ana Junyer" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 15 de febreiro de 2000. Consultado o 1 de xuño de 2024.
- ↑ "CELTA BALONCESTO VIGO" (en inglés). FIBA Europa. Consultado o 1 de xuño de 2024.
- ↑ "Liga Femenina 1999/00" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 2 de xuño de 2024.
- ↑ Herrera, Cándido (1 de maio de 2000). "Banco Simeón, campeón" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2024.
- ↑ "El Celta acaba campeón después de diecisiete años". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xaneiro de 2001. Consultado o 2 de xuño de 2024.
- ↑ 16,0 16,1 "Liga Femenina 2000/01" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 2 de xuño de 2024.
- ↑ 17,0 17,1 "Veinte años no son nada". Atlántico Diario (en castelán). 7 de xaneiro de 2021. Consultado o 2 de xuño de 2024.
- ↑ Benito Espinar, José María (9 de xaneiro de 2001). "Copa de la Reina: Celta Banco Simeón se hizo finalmente con la Copa" (en castelán). solobasket.com. Consultado o 2 de xuño de 2024.
- ↑ "Liga Femenina 2011/12" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 1 de xuño de 2024.
- ↑ Castro, X.R. (7 de xullo dee 2012). "Adiós al histórico Celta Bosco". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de maio de 2024.
- ↑ "El Bosco, en manos de la Federación". Faro de Vigo (en castelán). 25 de xullo dee 2012. Consultado o 29 de maio de 2024.
- ↑ "Real Club Celta" (en castelán). muevetebasket.es. Consultado o 1 de xuño de 2024.
- ↑ Cao, Gabriel (18 de agosto de 2012). "La FEB confirma la viabilidad del Bosco Celta en Segunda". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de maio de 2024.
- ↑ Castro, X.R. (19 de outubro de 2012). "La primera piedra del futuro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de maio de 2024.
- ↑ "El Bosco apuntala su plan de vida con un patrocinador". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de novembro de 2012. Consultado o 29 de maio de 2024.
- ↑ "Guía Liga Femenina 2. Temporada 13/14. La historia de la competición" (PDF) (en castelán). Fedración Española de Baloncesto. 2013. p. 39.
- ↑ Campa, Javier (21 de abril de 2024). "El Celta Zorka Recalvi seguirá en la élite del baloncesto español". Atlántico Diario (en castelán). Consultado o 29 d maio de 2024.
- ↑ "El Celta recupera su lugar en la élite del baloncesto femenino". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de abril de 2023. Consultado o 2 de xuño de 2024.