Os Casás, Cerdido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Os Casás
Limpadoira.JPG
Limpadoira na malla dos Casás.
Mapa Os Casás.PNG
ConcelloCerdido
Poboación137 hab. (2016)
Entidades de poboación18

San Xoán dos Casás é unha parroquia do concello de Cerdido, na comarca do Ortegal. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Poboación[editar | editar a fonte]

Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 137 habitantes (70 homes e 67 mulleres), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 158 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os Casás está situada no extremo sueste do concello sobre a marxe esquerda do río Mera e na dereita do seu afluente o Casares. Os seus lindes son: polo nordeste a parroquia do Ermo separada polo río Mera; polo leste limita con Insua e coas Enchousas, separadas respectivamente polos ríos Mera e o seu afluente o Carballás. Polo oeste limita coas parroquias de Santa Cruz de Moeche e Labacengos separadas polo regato da Madeira e polo río Casás e este mesmo río sepáraa da parroquia da Barqueira.

Dende o monte Teixeiro, que é altura máis destacada desta parroquia óllase todo o seu territorio nun perímetro marcado case totalmente por regos e regatos.

A estrada de Espiñaredo pasa polo extremo suroeste da parroquia preto do campo da feira.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A pequena igrexa está situada no lugar do Campo da Igrexa, ao lado está o campo da feira e no lugar de Riba hai un escolar de indianos.

Galería de imaxes da malla popular de 2009[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares dos Casás[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia dos Casás no concello de Cerdido

Agreste | O Bordo | Boucido | Calmourel | A Calvela | Campo da Igrexa | Os Campos | Os Carballás | A Casanova | O Covelo | A Fraga | As Mestas | O Outeiro | A Pedrachantada | O Rego da Madeira | A Riba de Abaixo | A Riba de Arriba | O Seixidal

Parroquias de Cerdido[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cerdido

A Barqueira (Santo Antonio) | Os Casás (San Xoán) | Cerdido (San Martiño)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]