Lanzamento de xavelina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lanzamento de xavelina
centrado
Mellores marcas homes
Mundial  CZE Jan Železný 98,48 m (1996)
Olímpico  NOR Andreas Thorkildsen 90,57 m (2004)
Mellores marcas mulleres
Mundial  CZE Barbora Špotáková 72,28 m (2008)
Olímpico  CUB Osleidys Menéndez 71,53 m (2004)

O lanzamento de xavelina é unha proba de atletismo que, como o seu nome indica, consiste en lanzar unha xavelina. A xavelina está construída cun material regulamentario de metal ou de fibra de vidro, co obxectivo de que chegue o máis lonxe posíbel. O lanzamento de xavelina forma parte do programa de atletismo dos Xogos Olímpicos da era moderna desde 1908.

Orixe deste deporte[editar | editar a fonte]

Tendo en conta que o lanzamento de artefactos de diferentes formas e tamaños para cazar animais a distancia para conseguir sustento remóntase a moitos miles de anos atrás, e que o home desde antigo sempre tivo unha tendencia a medirse cos demais homes para demostrar que era o mellor, pódese supoñer que a exhibición deste tipo de habilidades, lanzar máis lonxe ou con máis puntería, podería ter unha orixe moito máis distante do que mostra a historia escrita.

En concreto, o lanzamento de xavelina como deporte de competición regrado xa se realizaba na antiga Grecia, incluída dentro da proba de péntatlon, nos Xogos Olímpicos da Antigüidade.[1]

O péntatlon era a competición por excelencia dos Xogos Olímpicos.
Incorporouse no ano 708 a. C. e consistía nas cinco probas seguientes:

O campión olímpico Erik Lemming, na proba de xavelina-estilo libre dos Xogos Olímpicos de 1908.

A técnica para lanzar a xavelina suponse que era diferente á actual, posto que se permitía utilizar tiras de coiro para utilizalas como propulsor, chamadas amentum en latín, e que, acabadas en dous orificios polos que se introducían dous dedos para enrolalas na xavelina, prolongaban a lonxitude do brazo do atleta e, ao mesmo tempo imprimían á xavelina un xiro que a estabilizaba no aire.[2]

Regulamento[editar | editar a fonte]

Para lanzar a xavelina, débese agarrar polo cordame.

A xavelina constrúese de acordo cun detallado conxunto de especificacións publicadas pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF). A súa lonxitude total, para lanzadoes masculinos, debe ser de polo menos 260 cm, e o seu su peso de polo menos 800 g. Para mulleres é algo máis curta e lixeira: dun mínimo de 220 cm de longo e de 600 g de peso.[1]

A xavelina lánzase desde un corredor dunha lonxitude de 30 m, acabado nun arco de 38 m de radio. O sector de caída está marcado con dous liñas brancas de 45 cm de anchura, de tal modo que se os bordos internos das liñas se prolongasen deberían pasar polas catro interseccións dos bordos interiores do arco e as liñas paralelas que delimitan o corredor de impulso e que se cruzan no punto central do círculo do cal o arco forma parte. O sector terá así 59º aproximadamente.

Para realizar cada intento, o atleta dispón dun minuto. Normalmente, nas probas clasificatorias, cada atleta realiza tres intentos, e os oito atletas con mellor marca válida, ou todos se son oito ou menos, realizan na fase final outros tres intentos en orde inversa á súa mellor marca na clasificación.

A xavelina débes agarrar pola cordame (ou, polo menos, a man do atleta debe tocala), e lanzarse por riba do ombro ou do brazo de lanzar; non se permite lanzala en rotación nin pode o atleta dar as costas ao sector de caída antes de soltar a xavelina; os estilos non clásicos non están autorizados. Se a xavelina rompe no intento ou no aire non se contará como lanzamento nulo; tampouco sa a rotura fai perder o equilibrio ao atleta e provoca que toque fóra do arco; neste caso permitiráselle volver a comezar. Na caída, a punta metálica debe tocar o solo antes que cualquier outra parte da xavelina.

O atleta debe termar da xavelina pola empuñadura situada no seu centro de gravidade e lanzala por riba do ombro e cerca da orella.

En Galicia[editar | editar a fonte]

 

Lidia Parada no Campionato de España de 2015.
Gustavo Dacal en 2010.

Atletas galegos destacados nesta disciplina son:

  • Abelardo Moure, coñecido como Ladro, nado na Pobra do Caramiñal en 1979, que foi lanzador de xavelina e, na actualidade, é adestrador de atletas, no pobrense campo da Alta, en Cabío. Entre as atletas que foron, ou son, adestradas por el, destacan campioas do talle de Ana Peleteiro (hoxe dedicada ao triplo salto) e Lidia Parada. A primeira erixiuse en campioa mundial júnior de triplo salto.[3][4]
  • A súa pupila a lanzadora Lidia Parada, pobrense coma o seu adestrador, nada o 11 de xuño de 1993, é a actual campioa de España nesta especialidade.[5] Foi campioa galega de lanzamento de xavelina en varias ocasións,[6] e proclamouse tamén campioa de España de categorías de idade en seis veces distintas. Até o de agora, Parada non perdeu nin un só campionato estatal de lanzamento de xavelina.[7]
  • Gustavo Dacal, que mantén a mellor marca galega con 78,88 m e dez veces campión de España.

Récords[editar | editar a fonte]

(Actualizado o 10 de xullo de 2018)

Marca (m) Atleta País Lugar Data
Mundial (WR) Homes 98,48 Jan Železný República Checa República Checa Jena 25-05-1996
Mulleres 72,28 Barbora Špotáková República Checa República Checa Stuttgart 13-09-2008
Olímpico (OR) Homes 90,57 Andreas Thorkildsen Noruega Noruega Pequín 23-08-2008
Mulleres 71,53 Osleidys Menéndez Cuba Atenas 27-08-2004
Europeo (ER) Homes 98,48 Jan Železný República Checa República Checa Jena 25-05-1996
Mulleres 72,28 Barbora Špotáková República Checa República Checa Stuttgart 13-09-2008
Americano (AM) Homes 91,29 Breaux Greer Estados Unidos de América Estados Unidos Indianapolis 21-06-2007
Mulleres 71,70 Osleidys Menéndez Cuba Helsinqui 14-08-2005
Africano (AF) Homes 92,72 Julius Yego Quenia Kenya Pequín 26-08-2015
Mulleres 69,35 Sunette Viljoen Sudáfrica Suráfrica Nova York 09-06-2012
Asiático (AS) Homes 91,36 Cheng Chao-Tsun Modelo:TPE Taipei 26-08-2017
Mulleres 67,69 Lü Huihui China Halle 26-05-2018
Oceánico (OC) Homes 89,02 Jarrod Bannister Australia Australia Brisbane 29-02-2008
Mulleres 68,92 Kathryn Mitchell Australia Australia Gold Coast 11-04-2018

Atletas con mellores marcas mundiais[editar | editar a fonte]

Homes (Actualizado o 10 de xullo de 2018).[8]
Posto Resultado Atleta País Lugar Data
1 98 m 48 cm Jan Železný República Checa República Checa Jena 25-05-1996
2 94 m 44 cm Johannes Vetter Alemaña Alemaña Lucerna 11-07-2017
3 93 m 90 cm Thomas Rohler Alemaña Alemaña Doha 05-05-2017
4 93 m 09 cm Aki Parviainen Finlandia Finlandia Kuortane 26-06-1999
5 92 m 72 cm Julius Yego Quenia Kenya Pequín 26-08-2015
6 92 m 61 cm Serguéi Makárov  Rusia Sheffield 30-06-2002
7 92 m 60 cm Raymond Hecht Alemaña Alemaña Oslo 21-06-1995
8 92 m 06 cm Andreas Hofmann Alemaña Alemaña Offenburg 02-06-2018
9 91 m 69 m Konstadinós Gatsioúdis Grecia Grecia Kuortane 24-06-2000
10 91 m 59 cm Andreas Thorkildsen Noruega Noruega Oslo 02-06-2006
Modelo antigo
Posto Resultado Atleta País Lugar Data
1 104 m 80 cm Uwe Hohn Alemaña Democrática Alemaña Oriental Brandeburgo 20-06-1984

Ao final dos anos 1950 Miguel de la Quadra-Salcedo logrou unha marca de 112,30 m. Para iso utilizou o chamado "estilo español" ou "estilo Erausquin", técnica creada por Félix Erausquin. Pero a IAAF prohibiu a técnica por ser perigosa para os Xogos Olímpicos de Roma de 1960 e anulou todos os rexistros previos.[9]

Mulleres (Actualizado o 10 de xullo de 2018).[10]
Poto Marca Atleta País Lugar Data
1 72 m 28 cm Barbora Špotáková República Checa República Checa Stuttgart 13-09-2008
2 71 m 99 cm Maria Abakumova Rusia Rusia Daegu 02-09-2011
3 71 m 70 cm Osleidys Menéndez Cuba Helsinqui 14-08-2005
4 70 m 20 cm Christina Obergföll Alemaña Alemaña Múnic 23-06-2007
5 69 m 48 cm Trine Hattestad Noruega Noruega Oslo 28-07-2000
6 69 m 35 cm Sunette Viljoen Sudáfrica Suráfrica Nova York 09-06-2012
7 68 m 92 cm Kathryn Mitchell Australia Australia Gold Coast 11-04-2018
8 68 m 43 cm Sara Kolak Croacia Croacia Lausana 06-07-2017
9 68 m 34 cm Steffi Nerius Alemaña Alemaña Elstal 31-08-2008
10 67 m 69 cm Katharina Molitor Alemaña Alemaña Pequín 30-08-2015
10 67 m 69 cm Lü Huihui China Halle 26-05-2018

Medallas olímpicas[editar | editar a fonte]

Homes
Edición Ouro Prata Bronce
Londres 1908 Suecia Suecia Eric Lemming (54,83 m) Noruega Noruega Arne Halse Suecia Suecia Otto Nilsson
Estocolmo 1912 Suecia Suecia Eric Lemming (60,64 m) Rusia Rusia Juho Saaristo Hungría Hungría Mór Kóczán
Antuerpen 1920 Finlandia Finlandia Jonni Myyrä (65,78 m) Finlandia Finlandia Urho Peltonen Finlandia Finlandia Pekka Johansson
París 1924 Finlandia Finlandia Jonni Myyrä (62,96 m) Suecia Suecia Gunnar Lindström Estados Unidos de América Estados Unidos Eugene Oberst
Ámsterdam 1928 Suecia Suecia Erik Lundqvist (66,60 m) Hungría Hungría Béla Szepes Noruega Noruega Olav Sunde
Los Ángeles 1932 Finlandia Finlandia Matti Järvinen (72,71 m) Finlandia Finlandia Matti Sippala Finlandia Finlandia Eino Penttilä
Berlín 1936  Alemaña Gerhard Stock (71,84 m) Finlandia Finlandia Yrjö Nikkanen Finlandia Finlandia Kalervo Toivonen
Londres 1948 Finlandia Finlandia Tapio Rautavaara (69,77 m) Estados Unidos de América Estados Unidos Steve Seymour Hungría Hungría József Várszegi
Helsinqui 1952 Estados Unidos de América Estados Unidos Cyrus Young (73,78 m) Estados Unidos de América Estados Unidos Bill Miller Finlandia Finlandia Toivo Hyytiäinen
Melbourne 1956 Noruega Noruega Egil Danielsen (85,71 m) Polonia Polonia Janusz Sidło Unión Soviética Unión Soviética Viktor Tsybulenko
Roma 1960 Unión Soviética Unión Soviética Viktor Tsybulenko (84,64 m) Alemaña Alemaña Walter Krüger Hungría Hungría Gergely Kulcsár
Toquio 1964 Finlandia Finlandia Pauli Nevala (82,66 m) Hungría Hungría Gergely Kulcsár Unión Soviética Unión Soviética Jānis Lūsis
México 1968 Unión Soviética Unión Soviética Jānis Lūsis (90,10 m) Finlandia Finlandia Jorma Kinnunen Hungría Hungría Gergely Kulcsár
Múnic 1972 Alemaña Alemaña Klaus Wolfermann (90,48 m) Unión Soviética Unión Soviética Jānis Lūsis Estados Unidos de América Estados Unidos Bill Schmidt
Montreal 1976 Hungría Hungría Miklos Németh (94,58 m) Finlandia Finlandia Hannu Siitonen Romanía Romanía Gheorghe Megelea
Moscova 1980 Unión Soviética Unión Soviética Dainis Kūla (91,20 m) Unión Soviética Unión Soviética Aleksandr Makarov Alemaña Democrática Alemaña Oriental Wolfgang Hanisch
Los Ángeles 1984 Finlandia Finlandia Arto Härkönen (86,76 m) Reino Unido Reino Unido Dave Ottley Suecia Suecia Kenth Eldebrink
Seúl 1988 [11] Finlandia Finlandia Tapio Korjus (84,28 m)  Checoslovaquia Jan Železný Finlandia Finlandia Seppo Räty
Barcelona 1992  Checoslovaquia Jan Železný (89,66 m) Finlandia Finlandia Seppo Räty Reino Unido Reino Unido Steve Backley
Atlanta 1996  República Checa Jan Železný (88,16 m) Reino Unido Reino Unido Steve Backley Finlandia Finlandia Seppo Räty
Sidney 2000  República Checa Jan Železný (90,17 m) Reino Unido Reino Unido Steve Backley Rusia Rusia Sergey Makarov
Atenas 2004 Noruega Noruega Andreas Thorkildsen (86,50 m) Lituania Lituania Vadims Vasiļevskis Rusia Rusia Sergey Makarov
Beijing 2008 Noruega Noruega Andreas Thorkildsen (90,57 m) Lituania Lituania Ainārs Kovals Finlandia Finlandia Tero Pitkämäki
Londres 2012 Keshorn Walcott (84,58 m) Finlandia Finlandia Antti Ruuskanen  República Checa Vítězslav Veselý
Río de Janeiro 2016 Alemaña Alemaña Thomas Röhler (90,30 m) Quenia Kenya Julius Yego Keshorn Walcott

Mulleres[editar | editar a fonte]

Edición Ouro Prata Bronce
Los Ángeles 1932 Estados Unidos de América Estados Unidos Mildred Didrikson (43,69 m) Alemaña Alemaña Ellen Braumüller Alemaña Alemaña Tilly Fleischer
Berlín 1936  Alemaña Tilly Fleischer (45,18 m)  Alemaña Luise Krüger Polonia Polonia Maria Kwasniewska
Londres 1948 Austria Austria Herma Bauma (45,57 m) Finlandia Finlandia Kaisa Parviainen Dinamarca Dinamarca Lily Carlstedt
Helsinqui 1952  Checoslovaquia Dana Zátopková (50,47 m) Unión Soviética Unión Soviética Aleksandra Chudina Unión Soviética Unión Soviética Yelena Gorchakova
Melbourne 1956 Unión Soviética Unión Soviética Inese Jaunzeme (53,86 m) Chile Marlene Ahrens Unión Soviética Unión Soviética N. Konyayeva
Roma 1960 Unión Soviética Unión Soviética Elvira Ozolina (55,98 m)  Checoslovaquia Dana Zátopková Unión Soviética Unión Soviética Birutė Kalėdienė
Toquio 1964 Romanía Romanía Mihaela Peneș (60,54 m) Hungría Hungría Márta Rudas Unión Soviética Unión Soviética Yelena Gorchakova
México 1968 Hungría Hungría Angéla Németh (60,36) Romanía Romanía Mihaela Peneș Austria Austria Eva Janko
Múnic 1972 Alemaña Democrática Alemaña Oriental Ruth Fuchs (60,36 m) Alemaña Democrática Alemaña Oriental Jacqueline Todten Estados Unidos de América Estados Unidos Kate Schmidt
Montreal 1976 Alemaña Democrática Alemaña Oriental Ruth Fuchs (65,94 m) Alemaña Alemaña Occidental Marion Becker Estados Unidos de América Estados Unidos Kate Schmidt
Moscova 1980 Cuba María Caridad Colón (68,40 m) Unión Soviética Unión Soviética Saida Gunba Alemaña Democrática Alemaña Oriental Ute Hommola
Ángeles 1984 Reino Unido Reino Unido Tessa Sanderson (69,56 m) Finlandia Finlandia Tiina Lillak Reino Unido Reino Unido Fatima Whitbread
Seúl 1988 Alemaña Democrática Alemaña Oriental Petra Felke (74,68 m) Reino Unido Reino Unido Fatima Whitbread Alemaña Democrática Alemaña Oriental Beate Koch
Barcelona 1992 Alemaña Democrática Alemaña Oriental Silke Renk (68,34 m) Equipo Unificado Equipo Unificado Natalya Shikolenko Alemaña Democrática Alemaña Oriental Karen Forkel
Atlanta 1996 Finlandia Finlandia Heli Rantanen (67,94 m) Australia Australia Louise McPaul Noruega Noruega Trine Hattestad
Sidney 2000 Noruega Noruega Trine Hattestad (68,91 m) Grecia Grecia Mirela Maniani Cuba Osleidys Menéndez
Atenas 2004 Cuba Osleidys Menéndez (71,53 m) Alemaña Alemaña Steffi Nerius Grecia Grecia Mirela Maniani
Beijin 2008 República Checa República Checa Barbora Špotáková (71,42 m) Rusia Rusia Mariya Abakumova Alemaña Alemaña Christina Obergföll
Londres 2012 República Checa República Checa Barbora Špotáková (69,55 m) Alemaña Alemaña Christina Obergföll Alemaña Alemaña Linda Stahl
Río de Janeiro 2016 Croacia Croacia Sara Kolak (66,18 m) Sudáfrica Suráfrica Sunette Viljoen República Checa República Checa B. Špotáková

Medallas nos Campionatos Mundiais de Atletismo[editar | editar a fonte]

Homes[editar | editar a fonte]

Edición Ouro Prata Bronce
Helsinqui 1983 Alemaña Democrática Alemaña Oriental Detlef Michel Estados Unidos de América Estados Unidos Tom Petranoff Unión Soviética Unión Soviética Dainis Kūla
Roma 1987 Finlandia Finlandia Seppo Räty Unión Soviética Unión Soviética Viktor Yevsyukov Checoslovaquia Checoslovaquia Jan Železný
Toquio 1991 Finlandia Finlandia Kimmo Kinnunen Finlandia Finlandia Seppo Räty Unión Soviética Unión Soviética Vladimir Sasimovich
Stuttgart 1993 República Checa República Checa Jan Železný Finlandia Finlandia Kimmo Kinnunen Reino Unido Reino Unido Mick Hill
Gotemburgo 1995 República Checa República Checa Jan Železný Reino Unido Reino Unido Steve Backley Alemaña Alemaña Boris Henry
Atenas 1997 Sudáfrica Suráfrica Marius Corbett Reino Unido Reino Unido Steve Backley Grecia Grecia Konstadinos Gatsioudis
Sevilla 1999 Finlandia Finlandia Aki Parviainen Grecia Grecia Konstadinos Gatsioudis República Checa República Checa Jan Železný
Edmonton 2001 República Checa República Checa Jan Železný Finlandia Finlandia Aki Parviainen Grecia Grecia Konstadinos Gatsioudis
París 2003 Rusia Rusia Sergey Makarov Estonia Estonia Andrus Värnik Alemaña Alemaña Boris Henry
Helsinqui 2005 Estonia Estonia Andrus Värnik Noruega Noruega Andreas Thorkildsen Rusia Rusia Sergey Makarov
Osaka 2007 Finlandia Finlandia Tero Pitkämäki Noruega Noruega Andreas Thorkildsen Estados Unidos de América Estados Unidos Breaux Greer
Berlín 2009 Noruega Noruega Andreas Thorkildsen Cuba Guillermo Martínez López Xapón Yukifumi Murakami
Daegu 2011 Alemaña Alemaña Matthias de Zordo Noruega Noruega Andreas Thorkildsen Cuba Guillermo Martínez López
Moscova 2013 República Checa República Checa Vítězslav Veselý Finlandia Finlandia Tero Pitkämäki Rusia Rusia Dmitriy Tarabin
Beijin 2015 Quenia Kenya Julius Yego Exipto Exipto Ihab El-Sayed Finlandia Finlandia Tero Pitkämäki
Londres 2017 Alemaña Alemaña Johannes Vetter República Checa República Checa Jakub Vadlejch República Checa República Checa Petr Frydrych

Mulleres[editar | editar a fonte]

Edición Ouro Prata Bronce
Helsinqui 1983 Finlandia Finlandia Tiina Lillak Reino Unido Reino Unido Fatima Whitbread Grecia Grecia Anna Verouli
Roma 1987 Reino Unido Reino Unido Fatima Whitbread Alemaña Democrática Alemaña Oriental Petra Felke Alemaña Democrática Alemaña Oriental Beate Peters
Toquio 1991 China Xu Demei Alemaña Alemaña Petra Felke Alemaña Alemaña Silke Renk
Stuttgart 1993 Noruega Noruega Trine Hattestad Alemaña Alemaña Karen Forkel Belarús Belarús Natalya Shikolenko
Gotemburgo 1995 Belarús Belarús Natalya Shikolenko Romanía Romanía Felicia Ţilea Finlandia Finlandia Mikaela Ingberg
Atenas 1997 Noruega Noruega Trine Hattestad Australia Australia Joanna Stone Alemaña Alemaña Tanja Damaske
Sevilla 1999 Grecia Grecia Miréla Manjani Rusia Rusia Tatyana Shikolenko Noruega Noruega Trine Hattestad
Edmonton 2001 Cuba Osleidys Menéndez Grecia Grecia Miréla Manjani Cuba Sonia Bisset
París 2003 Grecia Grecia Miréla Manjani Rusia Rusia Tatyana Shikolenko Alemaña Alemaña Steffi Nerius
Helsinqui 2005 Cuba Osleidys Menéndez Alemaña Alemaña Christina Obergföll Alemaña Alemaña Steffi Nerius
Osaka 2007 República Checa República Checa B. Špotáková Alemaña Alemaña Christina Obergföll Alemaña Alemaña Steffi Nerius
Berlín 2009 Alemaña Alemaña Steffi Nerius República Checa República Checa Barbora Špotáková Rusia Rusia Maria Abakumova
Daegu 2011 Rusia Rusia Maria Abakumova República Checa República Checa Barbora Špotáková Sudáfrica Suráfrica Sunette Viljoen
Moscova 2013 Alemaña Alemaña Christina Obergföll Australia Australia Kimberley Mickle Rusia Rusia Maria Abakumova
Beijin 2015 Alemaña Alemaña Katharina Molitor China Lü Huihui Sudáfrica Suráfrica Sunette Viljoen
Londres 2017 República Checa República Checa B. Špotáková China Li Lingwei China Lü Huihui

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Javelin throw (Lanzamnto de xavelina) na Enciclopedia Británica. consulata o 26 de agosto de 2018 (en inglés).
  2. "Lanzamiento de Jabalina". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2008. Consultado o 15 de abril de 2008. 
  3. "Ana Peleteiro, dobre mellor mellor marca xuvenil en triplo (12.80m e 13.04m)". Real Federación Española de Atletismo. 29 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  4. 14th IAAF World Junior Championships Triple Jump women. Results Arquivado 14 de agosto de 2018 en Wayback Machine..
  5. La Voz de Galicia (21 de junio de 2009). "La pobrense Lidia Parada Santos, campeona de España juvenil de lanzamiento de jabalina". Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  6. Lidia Parada se coronó campeona gallega absoluta de jabalina. La Voz de Galicia, 30-03-2011.
  7. Lidia Parada y Jessica Rial brillaron en el nacional sub-23. La Voz de Galicia, 2 de xullo de 2013.
  8. "All Time Top Lists - Senior Outdoor - Javelin Throw Men". IAAF. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  9. "Miguel de la Quadra en Roma". 27 de setembro de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  10. "All Time Top Lists - Senior Outdoor - Javelin Throw Women". IAAF. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  11. Aplicouse a modificación —anterior á celebración destes Xogos Olímpicos— da xavelina, acercando á punta o centro de gravidade desta. Este cambio introduciuse para facer que a xavelina caera antes, xa que se comezaban a realizar marcas que excedían a lonxitude dos campos de caída, co conseguiente perigo. Renovouse o récord olímpico, sendo batido por Jan Železný na calificación cunha marca de 85,90 m, distancia que non superaría na final.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]