Real Federación Española de Atletismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logo da RFEA.

A Real Federación Española de Atletismo (RFEA) é o máximo dos organismos que xestionan o atletismo en España, ocupándose de todo o que estea relacionado coa selección nacional e encargándose de organizar as principais competicións atléticas celebradas en territorio español, como por exemplo os Campionatos de España.

José María Odriozola é presidente da RFEA dende o 14 de xaneiro de 1989 cando derrotou por 151 a 60 votos a Guillermo Ros, sucedendo no posto a Juan Manuel de Hoz que fora presidente dende o 31 de maio de 1977.[1] A partir de entón configurouse como o Presidente con máis tempo en exercicio do cargo, despois de ser reelixido para tal mester en seis ocasións, a última delas o 16 de decembro de 2012.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]